Lab Barbanza

Lab Barbanza

Compartir

Lab Barbanza | Boiro: Un centro municipal de formación, innovación, emprendemento e emprego. Polígono Industrial de Espiñeira, parcela 20, Boiro.

01/10/2026

💻 Hoxe coñecemos a Juan Fuente, programador e coworker do Lab Barbanza.
O seu proxecto está centrado no desenvolvemento de software para concellos, empresas e autónomos, automatizando procesos e integrando solucións con IA para aforrar tempo e simplificar tarefas.
Actualmente atópase en fase de pre-incubación, cunha idea moi clara: crear tecnoloxía útil, próxima e pensada para as persoas. 🚀
Tecnoloxía, territorio e persoas.

29/09/2026

🏡 Hoxe coñecemos a Vanesa Fernández Hermo, impulsora de e coworker do Lab Barbanza.
Un proxecto de xestión inmobiliaria cun enfoque máis humano, no que acompaña ás persoas durante todo o proceso de venda da súa vivenda.
Ademais, cada venda contribúe a “Unha Habitación para Crecer”, unha iniciativa destinada a mellorar habitacións de nenos e nenas en situación de vulnerabilidade. 💙
Un proxecto necesario, humano e innovador. 🌱

25/09/2026

♻️ Aprender facendo tamén é descubrir novas formas de crear, innovar e aproveitar mellor os recursos.

Hoxe, o alumnado do CEIP Santa María do Castro participou nunha xornada do Pasaporte de Emprendemento Circular, cunha visita a Lab Barbanza e un obradoiro de innovación circular impartido por Alicia, de Alivavá. 🌱💡

Durante a actividade puideron coñecer novas posibilidades de formación e emprego, descubrir recursos do seu entorno e reflexionar sobre como transformar ideas en proxectos máis sostibles.

O Pasaporte de Emprendemento Circular é unha iniciativa impulsada polo Concello de Boiro e a Rede de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña, coordinada por Espazo A Maceta.

Porque emprender tamén é pensar diferente e atopar novas maneiras de facer as cousas. 💚♻️

Photos from Lab Barbanza's post 21/09/2026

🌱 O Barbanza ten futuro.
O pasado 18 de setembro, Lab Barbanza acolleu a Xornada de Aproveitamento de Terras, un encontro para poñer sobre a mesa ideas, experiencias e novas oportunidades arredor do territorio e do futuro do noso rural.
A apertura contou coa participación do alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e do concelleiro de Comercio, Formación e Emprego, Roberto Lojo.
Ao longo da xornada houbo espazo para compartir coñecemento, coñecer diferentes iniciativas e, tamén, para conversar e crear novas conexións entre as persoas participantes.
💡 Ideas, territorio e colaboración para seguir xerando oportunidades no Barbanza.
Grazas a todas as persoas que formastes parte da xornada! 🙌

Photos from Lab Barbanza's post 18/09/2026

🌱 Hoxe comeza a Xornada de Aproveitamento de Terras!

Lab Barbanza acolle unha nova actividade do Coworking Fest 2026, unha xornada pensada para compartir ideas, coñecer novas oportunidades e reflexionar sobre o futuro do noso rural.

📍 Lab Barbanza · Boiro
🕘 09:30–15:15 h

Un espazo para conectar, aprender e poñer en común propostas arredor do territorio. 💡

16/09/2026

Pechamos a programación de setembro en Lab Barbanza con dúas últimas citas cheas de aprendizaxe e emprendemento 🚀
O martes 22 de setembro recibiremos ao alumnado de Primaria do CEIP Sta María do Castro para desenvolver actividades de emprendemento.
E o venres 25 de setembro volveremos compartir xornada cun grupo do CEIP Sta María do Castro, nesta ocasión cunha visita a Lab Barbanza dentro do programa O Pasaporte da economía circular ♻️
Deste xeito rematamos unha programación na que seguimos abrindo portas a novas ideas, experiencias e oportunidades para a mocidade.
Estas son as últimas actividades desta edición, pero seguiremos traballando para traer novas propostas moi pronto. 💡

14/09/2026

O venres 18 seguimos sumando propostas en Lab Barbanza 🚀
Dentro da programación do Coworking Fest 2026, celebraremos a xornada “Aproveitamento de terras: alternativas sostibles no rural”, unha cita para coñecer novas posibilidades arredor do territorio, a sustentabilidade e o emprendemento.
Ademais, durante a mañá recibiremos dous grupos educativos:
👥 Alumnado do IES Espiñeira, cunha visita a Lab Barbanza e unha sesión de emprendemento.
♻️ Alumnado do CEIP Praia Xardín, participante no programa O Pasaporte da economía circular.
Seguimos creando espazos para aprender, compartir ideas e descubrir novas oportunidades. 💡
E aínda quedan máis actividades por contarvos ata o 25 de setembro. 👀

11/09/2026

Do 14 ao 25 de setembro, Lab Barbanza énchese de ideas, aprendizaxe e emprendemento 💡

Esta semana arrancamos con diferentes actividades para achegar o espírito emprendedor a distintas idades e seguir creando espazos nos que aprender, compartir e poñer ideas en marcha.

🎙️ Dentro do Coworking Fest 2026, o mércores 16 teremos o obradoiro en liña “Podcasting profesional para emprendedores”.

Ademais, o luns 14 e o martes 15 recibiremos alumnado do CEIP Praia Xardín e do IES Espiñeira para traballar o emprendemento dunha forma práctica e dinámica.

E isto só é unha parte da programación 👀
Nos próximos días ensinarémosvos máis actividades que teremos ata o 25 de setembro. 🚀

03/09/2026

Dar unha nova vida ás terras en desuso tamén pode abrir a porta a novas oportunidades. 🌱

No marco do Rede Coworking Fest 2026, Lab Barbanza acolle unha xornada presencial centrada en coñecer alternativas sostibles para aproveitar espazos e terras e transformalos en proxectos con futuro.

👤 Con David García
📅 18 de setembro | 09:30–15:15 h
📍 Lab Barbanza · Boiro

🔗 Información e inscrición:
https://reservas-aproveitamento-de-terras.vercel.app/evento/inscricion

01/09/2026

Tes algo que contar? 🎙️ Agora só falta saber como facelo chegar.

No marco do Rede Coworking Fest 2026, en Lab Barbanza organizamos un obradoiro online para descubrir as bases do podcasting e videopodcasting e aprender a utilizalos como ferramentas para dar visibilidade á túa marca.

🎧 Con Seu Bermúdez e Sonia García
📅 16 de setembro | 10:00–12:00 h
💻 Formación online

🔗 Información e inscrición:
https://redecoworking.pel.gal/evento/obradoiro-sobre-podcasting/

¿Quieres que tu empresa sea el Empresa mas cotizado en Boiro?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Teléfono

Página web

Dirección

Polígono Industrial De Espiñeira, Parcela 20
Boiro
15930

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 22:00
Martes 08:00 - 22:00
Miércoles 08:00 - 22:00
Jueves 08:00 - 22:00
Viernes 08:00 - 22:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Lab Barbanza publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Subscribir

Le avisaremos cuando ocurra algo en Boiro.