Malvela
Malvela: cancións da terra, mulleres de voz. As Malvela representan a voz das mulleres galegas coas súas cancións da terra.
Cando hai máis de dez anos estas mulleres de Sanguiñeda (Mos) se xuntaron nun curso de canto impartido por Uxía, non podían nin imaxinar que chegarían a ser unha referencia da nosa música e que pasearían o seu ritmo e a súa alegría por teatros, festivais, verbenas e televisións. O seu cuarto álbum é Raianas, unha viaxe polas dúas beiras do Miño, na que aparecen temas tradicionais e actuais, nun afán de irmandade con Portugal que Malvela amosou xa desde o seu primeiro disco.
O outro día tivemos unha sorpresa preciosa! 🌸🤍
Paqui agasallounos cunhas flores que nunca viramos antes e que nos deixaron namoradas: o Velo da Noiva, tamén coñecido como euforbia branca.
Moitas grazas, Paqui, por este detalle tan bonito e cheo de cariño. 💐 Encántannos estes pequenos xestos que nos alegran o día!
E agora estamos desexando plantar as súas sementes para que, se todo vai ben, o ano que vén poidamos volver desfrutar destas marabillas.
E é que entre as Malvela tamén nos enchemos de agasallos: pementos, pexegos… 🫑🍑 Así da gusto!
Grazas por tanto cariño, Paqui! Moitos bicos! 💜
🎂🎶 Parabéns, Fita e Silvina! 🎉💜
Este luns estivemos de festa porque celebramos os aniversarios da nosa Fita e da nosa Silvina 🥳 E que alegría e que sorte ter a estas dúas marabillas con nós!
Un ano máis, celebrándoo todas xuntas, como xa é tradición: con moito cariño, moitas risas, moita música… e, por suposto, cunha comida que estaba para repetir! Porque en Malvela xa se sabe, se hai celebración, a comida é unha parte fundamental da festa!
E aínda que esta vez non puido estar con nós, tamén queremos mandarlle un bico enorme e felicitar a Sabela 💜 Estamos moi orgullosas e agradecidas de tela na nosa vida e en Malvela. Non poderiamos ter mellor compañeira!
E como di Carmiña : “Os que non viñeron, perderon a comida… e así máis para nós!” 😂
Moitos parabéns, Fita, Silvina e Sabela! 🎂🥂
Que afortunadas somos de compartir tantos momentos, tantos anos e tantas risas xuntas. E que ben o pasamos!
Somos unhas afortunadas! Hoxe toca dar as grazas a unha persoa moi especial que nos agasallou con marmelo (si, si! O que en galego chamamos marmelo é en castelán, membrillo 😌) e unhas ameixas deliciosas!!
Tan rico estaba o marmelo que Carmiña tivo que agochalo, porque como o deixase á vista… desaparecía! 😂
Grazas por tanto agarimo e por alimentarnos tan ben 💜
Primeira clase de aturuxo!
Despois de moitísimas peticións… Paca e Daniela por fin se poñen mans á obra para ensinarnos a aturuxar. 😂
Non vos preocupedes se ao principio sae algún galo, algunha galiña ou directamente algo que non sabemos moi ben que animal é. 🐓🐔 O importante é practicar, perder a vergoña e botarlle ganas!
Agora tócache a ti 👀👇
Menciónanos ou mándanos o teu vídeo practicando o aturuxo. Queremos ver de que sodes capaces! 🔥
E lembrade: aturuxar ben non é cuestión de nacer sabendo… é cuestión de berrar con xeito. 💜
🎂💫 A nosa pequena grande artista xa ten un ano máis!
A semana pasada celebramos o aniversario de Daniela, a pequena de Malvela e a nosa gran aturuxadora 🐓
Que sigas medrando, cantando, soñando e facéndonos vibrar co teu aturuxo durante moitos anos máis!
Parabéns, Daniela! Querémoste moitísimo! 💜
Grazas, Arbo… O de onte foi indescritible 💜
Sentímonos moi arroupadas e queridas. Así dá gusto subir ao escenario!
Deixámosvos un anaquiño de “Lela” para que revivades ese momentiño tan especial con nós…
Graciñas de corazón por tanto cariño!!
04/08/2026
Este domingo día 9 temos unha cita das que saben a tradición, a festa… e a boa lamprea 💜
Malvela chega á # # Festa da Lamprea Seca en Arbo para encher a Carballeira de Turbela de forza, emoción e moita música da nosa terra 🌿🎶
🕘 Ás 21:00
Entre o arrecendo da lamprea imos cantar, berrar, rir e sentir xuntos e xuntas…
Traede fame de festa, ganas de compartir e de deixarvos levar polo máis noso!
Vémonos en Arbo! Quen vén darlo todo con nós? Luuume 🔥
🧹 Como lle chamas ti a isto?
En galego, a forma tradicional é vasoira (a de toda a vida, a de varrer a casa 😌). De feito, é a palabra normativa e máis estendida.
Pero… dependendo da zona tamén podes escoitar:
✨ vasoura → forma máis propia dalgunhas áreas orientais
✨ escoba → moi usada hoxe, aínda que vén do castelán
✨ e mesmo hai quen distingue entre a vasoira “de antes” e a escoba “moderna” 🙌
E agora contádenos, como lle chamades vós no voso pobo?Tiñades escoitado a primeira canción que cantaban Paca e Paz? Lémoste nos comentarios! 👇💜
“O baile da escoba” con moitas risas (e algunha coreografía improvisada)
Nós non sabemos se o bailamos ben, pero pasámolo incrible, e iso xa conta, non? Feliz xoves xentiña!! 🧹🧹💃💜
Hai partidos que se viven con alegría… e outros que se sofren. Para Fita foi deses bonitos pero intensos, dos que non se pasan precisamente tranquilos 😅
Pero ao final, o que queda é o orgullo. O equipo, o xogo, a paixón. Merecémolo.
Como di Paca: o fútbol ten que unir, non separar!
E hoxe máis ca nunca:
SOMOS CAMPIÓNS DO MUNDO ⭐⭐⭐🇪🇸🇪🇸
e volveremos selo.
(As palabras de Daniela… mellor quedan fóra do vídeo, que estaba un pouco enfadada 😂)
E vós… como vivistes o partido? ⚽️⚽️⚽️⚽️
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.