Partido Popular Ribadeo

Partido Popular Ribadeo

Compartir

Partido politico

12/06/2024

Ribadeo respondeu sentidiño. Grazas a todas as persoas que vos achegastes aos colexios electorais a exercer o voso dereito a voto e tamén grazas ás persoas que estiveron nas mesas traballando para que estes comicios sucedesen sen incidencias.

Ribadeo volve a escoller este partido como opción maioritaria. Esta opción ten valores moi positivos e que este Concello leva por bandeira: a concordia, a resposta moderada e a boa xestión gañaron no noso concello. Ribadeo avanza!!

23/05/2024

O teu voto é a resposta a unha Europa mellor

15/05/2024

✅ Aprobamos por unanimidade a bandeira e o escudo de Ribadeo.

🫂 Vimos de facer unha reivindicación conxunta os tres grupos da corporación á Xunta de Galicia para que tomen as medidas que teñan que tomar e que Ribadeo teña un servizo estable de pediatría 🩺

✍️ Tamén lle esiximos á Deputación de Lugo unha reunión do Presidente co Alcalde para investir nas 🛣️ estradas da súa competencia e que atenda as entidades veciñais, culturais e deportivas de Ribadeo e colabore con elas. Tamén lle pedimos a construción dunha pasarela para peregrinos na estrada de Vilela.

✅ Propostas e reivindicacións útiles para Ribadeo. RIBADEO AVANZA.

11/05/2024

🎶 Próximas obras na Escola Municipal de Música e Danza!

O Concello asinou un convenio coa Xunta para arranxar este edificio público. É de xustiza que as persoas que estudan e fan vida nel estean nun lugar cómodo e ben coidado. O concello está camiñando para que iso sexa así.

Entre todos RIBADEO AVANZA.

02/05/2024

Illa Pancha en obras!! ⚠️ 🚧

✅ Comeza o cambio que todos esperábamos para a nosa Illa Pancha: un camiño digno e un espazo de aparcadoiro.

Con traballo, xestión e sentidiño conseguimos sacar adiante esta obra tan importante e que vai mellorar moito este espazo privilexiado que temos.

Entre todos Ribadeo avanza!!

24/04/2024

Ribadeo vive un antes e un despois na limpeza das rúas.

📽️ Nestas fotos hai algunhos exemplos das actuacións que está executando o Concello de Ribadeo para mellorar o estado no que atopamos as rúas. Non ten perda ver o antes e o despois… 🙄🙄

Seguimos traballando!!

19/02/2024

Grazas, Ribadeo, por referendar que o sentidiño, a xestión eficaz e a estabilidade pagan a pena.

Grazas por catro anos máis da GALICIA que FUNCIONA con Alfonso Rueda, quen cre decididamente en RIBADEO.

💙

06/02/2024

Se queres un presidente que axude a que Galicia e Ribadeo sigan avanzando e que sigan sendo un exemplo, conto co teu voto.

Pídoche o voto porque nel si podes confiar. Vota pola Galicia que funciona.

02/02/2024

Pedímoslles aos ribadenses o seu ben máis prezado: a súa confianza. Ofrecéndolles o máis valioso que temos: a nosa traxectoria e a nosa palabra.

Porque .

Para que siga funcionando: VOTA Alfonso Rueda.

Photos from Partido Popular Ribadeo's post 01/02/2024

Resumo do pleno de Ribadeo desta semana.

Seguimos traballando e concretando iniciativas para que Ribadeo non pare!

06/11/2023
Photos from Partido Popular Ribadeo's post 09/10/2023

Algúns anuncios que fixo o noso presidente no 𝗗𝗲𝗯𝗮𝘁𝗲 𝗱𝗲 𝗘𝘀𝘁𝗮𝗱𝗼 𝗱𝗮 𝗔𝘂𝘁𝗼𝗻𝗼𝗺𝗶𝗮 que tivo lugar hoxe no Parlamento de Galicia.

𝗢 𝗣𝗮𝗿𝘁𝗶𝗱𝗼 𝗣𝗼𝗽𝘂𝗹𝗮𝗿 𝗱𝗲 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮 𝘁𝗲𝗻 𝘂𝗻 𝗲𝘀𝘁𝗶𝗹𝗼 𝗽𝗿𝗼𝗽𝗶𝗼 que fai avanzar a nosa Comunidade Autónoma: máis servizos, menos impostos e un crecemento consolidado cunhas contas saneadas a pesar das débedas que o goberno central ten con Galicia.

¿Quieres que tu organización sea el Servicio Gubernamental mas cotizado en Ribadeo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Teléfono

Página web

Dirección

Ribadeo
27700