Baldani Concept Store
Concept Store Tienda Multimarca: Outdoor, Streetwear, Workwear, Jeanswear & Footwear. Independent c Independent contemporary shop. Since 2001 baldani.es
Que pasa tríquilis! 🍂
Xa temos por aquí o primeiro drop de outono de Deus Ex Machina.
Camisetas, sudadeiras, chaquetas e novas cores para ir entrando pouco a pouco na nova tempada, pero mantendo ese rollo tan recoñecible da marca.
Hai cousiñas máis discretas e outras que veñen para ser as protagonistas 👀
Xa dispoñible en Baldani e na nosa web.
Que pasa tríquilis! 👔
Tes un evento e non che apetece ir de traxe? Tranquilo! Hai opcións máis alá diso😌
Un pantalón cun bo corte, unha chaqueta que sente ben, un denim ben combinado ou incluso unha gravata cun punto máis informal poden cumplir perfectamente.
A clave está en xuntar ben as pezas e atopar ese punto entre ir arranxado e seguir sendo ti.
No vídeo deixámosvos varias ideas para conseguilo, a ver se che gustan 😉
Que pasa tríquilis! 🎹
Temos nova colaboración en Baldani e esta fainos especial ilusión!!
Desde agora podedes atopar aquí as camisetas de PianoTelling, con tallas tanto para peques como para maiores 👕✨
Así que xa sabedes, se queredes facervos cunha delas e apoiar este proxecto tan guapo, pasade por Baldani.
Elsa, encantados de ter un anaquiño de PianoTelling por aquí! 🫶
Que pasa tríquilis! 😉
Chegan novidades de Wrangler para chica a Baldani, e esta vez veñen con catro fits ben diferentes.
Tiro alto, perna recta, cortes máis anchos, acampanados… porque atopar un vaqueiro que sente ben tamén vai de dar co corte axeitado!
Xa dispoñibles en Baldani e na nosa web!
Que pasa tríquilis! 🎉
Seguimos sumando cousas ao 25.º aniversario de Baldani… e isto cada vez ten mellor pinta.
Teremos agasallos para conseguir xogando, cazadoras Wrangler, cousiñas especiais do aniversario, música, diversión e algunha sorpresa máis que aínda queda por contar 👀
E si, tamén fixemos a nosa propia bolsa dos 25 anos, coa que vos preguntamos... "porque por que lle chaman amor se lle queren dicir tríquili?" 😌
📅 O 10 de outubro vémonos en Baldani!
Que pasa tríquilis! 👟
Coa volta ao cole queremos botarvos unha man! as Vans Knu Skool están ao 50% en Baldani.
Temos varias cores e combinacións dispoñibles, pero xa sabedes como vai isto... Tallas e unidades limitadas.
Se lles tiñades botado o ollo, agora é o momento 😌
Pasade pola tenda ou botádelle un ollo á nosa web.
Que pasa tríquilis! 🍂
Xa empezan a chegar cousiñas de outono a Baldani e este novo drop de 24COLOURS vén ben guapo.
Sudadeiras, punto, vaqueiros e novas cores para ir cambiando pouco a pouco o armario de tempada.
Xa dispoñible en Baldani e na nosa web ✌️
Que pasa tríquilis! 🎸
Seguimos contando cousiñas do 25.º aniversario de Baldani… e esta é ben forte!!
O 10 de outubro, teremos en directo a Apolo 18, banda coruñesa de rock alternativo que vén con ganas de montar unha boa!
Música, festa e 25 anos que hai que celebrar como toca 🔥
Gardade a data, tríquilis. O 10 do 10 vémonos na Pousada da Galiza Imaxinaria!
Que pasa tríquilis! 🎒
Chegaron novas mochilas Herschel a Baldani e veñen ben preparadas para a volta á rutina.
Modelos con máis capacidade, compartimentos para telo todo un pouco máis organizado, espazo para o portátil, petos para a botella… e tamén opcións para os máis pequenos, con mochila e fiambreira a xogo ✏️
Para volver ao cole, á oficina ou para levar media vida ás costas pero polo menos ben colocada.
Xa dispoñibles en Baldani e na nosa web.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la empresa
Página web
Dirección
PABLO IGLESIAS 10
Boiro
Horario de Apertura
| Lunes | 10:00 - 13:30 |
| 16:30 - 20:30 | |
| Martes | 10:00 - 13:30 |
| 16:30 - 20:30 | |
| Miércoles | 10:00 - 13:30 |
| 16:30 - 20:30 | |
| Jueves | 10:00 - 13:30 |
| 16:30 - 20:30 | |
| Viernes | 10:00 - 13:30 |
| 16:30 - 20:30 | |
| Sábado | 10:00 - 13:30 |
| 16:30 - 20:30 |
Notificaciones
Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Baldani Concept Store publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.