IES Perdouro
Centro de ensino público: ESO, Bach, CF, Cuale Portugués
EdixGal
Centro de ensino secundario público, onde se imparten ESO, Bacharelato, Formación Profesional de grao básico, medio e superior. CFGB: Fabricación e montaxe, Servizos administrativos
CFGM: Instalacións de Telecomunicacións, Mecanizado, Peiteado e Cosmética Capilar, Xestión Administrativa
CFGS: Administración e Finanzas
CFGS Dual: Mecatrónica industrial
TEL.: 982.87.01.02
06/10/2026
🎙️ Comezamos a etapa 16! 📻
Volvemos para estar ao aire con máis ganas ca nunca.
Nesta etapa seguiremos conversando con neofalantes de galego, descubrindo as súas historias e experiencias coa nosa lingua; achegándonos á diversidade e á multiculturalidade; e abrindo tamén espazo para falar de ciencia, saúde e todos eses temas que nos axudan a comprender mellor o mundo que nos rodea. 🌍🗣️🔬💚
Porque falar de lingua tamén é falar de persoas.
Porque a diversidade enriquece.
Porque a ciencia e a saúde tamén forman parte das nosas conversas.
Arranca a etapa 16.
E queremos vivila, unha vez máis, con vós ao outro lado do micrófono.
📻 Seguimos falando. Seguimos aprendendo. Seguimos facendo radio en galego.
IES Perdouro Miruca Parga Valiña Lucía Rivas Burela Fotografía
04/10/2026
Hora de Ler: Lembra traer o teu libro. Esta semana lemos todos 15 min na 2a hora.
bescolaresgal
03/10/2026
Anótate e inicia unha nova viaxe lectora este curso!
Tes á túa disposición as follas de inscrición nos taboleiros das aulas e na biblioteca.
Se es nai ou pai dalgunha alumna ou alumno do centro chama ao IES Perdouro para inscribirte.
bescolaresgal
01/10/2026
Recomendamos vivamente ler a entrevista que lle fixeron a Gabriela Pedre, ex-alumna do centro e irmá de Alicia, no xornal El Progreso co gallo da vindeira gala "A arte do Tourette" que terá lugar este sabado 3 de outubro na Casa da Cultura de Burela.
Tourette Galicia ACOVASTTA-SINDROME DE TOURETTE VALENCIA
Gabriela Pedre, autora de 'Alicia no laberinto': "A canción pretende acompañar á xente nun proceso complicado" Natural de Cangas de Foz, escribiu con seu pai unha canción para a súa irmá pequena, Alicia, que ten síndrome de Tourette. Este sábado proxectarase o videocl...
29/09/2026
OBRADOIROS ARTÍSTICOS NOS RECREOS
Un curso máis, a aula de Plástica abre as súas portas tamén durante o recreo.
Se tes inquietudes artísticas e che gusta traballar en proxectos artísticos variados xunto con compañeiros/as doutros cursos, inscríbete para non quedar sen praza!
Comezaremos cun proxecto relacionado co Nadal. Para máis información, vémonos na aula de Plástica no recreo do martes da semana que vén, martes 6 de outubro.
28/09/2026
O mércores 30 de setembro comezan as aulas de portugués do CUALE (Curso para a Formación Complementaria da Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras).
Serán os mércores e os xoves pola tarde.
Inicia a túa preparación para conseguir o certificado B1 ou B2.
27/09/2026
Hora de Ler: Lembra traer o teu libro. Esta semana lemos todos 15 min na 1a hora.
bescolaresgal
25/09/2026
Hoxe visitou o IES Perdouro
Contounos os seus próximos proxectos e deunos algúns consellos. Houbo momentos moi divertidos.
Poderedes escoitar a súa entrevista no primeiro programa de Proxecto Neo desta temporada, a décimo sexta.
Proxecto Neo n° 497.16. Proximamente!
bescolaresgal
23/09/2026
⚠️ ATENCIÓN, LECTORAS E LECTORES DA ESO! ⚠️
A vindeira semana comeza a HORA DE LER! 📚
Á primeira hora, paramos durante 15 minutos para facer algo moi doado: ler e g***r.
Trae un libro da casa ou pásate pola biblioteca e escolle o que máis che guste: 🔍Misterio, 🎃 Medo, 🏕️ Aventuras, 🤗Amizade, 🗯️ Banda deseñada, 📗Libros de consulta …e moito máis!
Hai un libro esperando por ti. Atopa o teu, abre as páxinas e déixate levar.
15 minutos. Un libro. Unha aventura.
E ti, xa sabes que vas ler?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la escuela/facultad
Teléfono
Página web
Dirección
Rúa Do Instituto, S/n
Burela
27880
Horario de Apertura
| Lunes | 08:30 - 18:30 |
| Martes | 08:30 - 18:30 |
| Miércoles | 08:30 - 18:30 |
| Jueves | 08:30 - 18:30 |
| Viernes | 08:30 - 14:00 |
Notificaciones
Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando IES Perdouro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.