Culturmar

Culturmar

Compartir

Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial Culturmar aglutina a entidades e colectivos que defenden e reivindican a cultura marítima e fluvial.

Entre as nosas actividades encóntranse as seguintes:

Recuperación de embarcacións e tipoloxías tradicionais
Realización de investigacións no eido patrimonial costeiro e marítimo. Dinamización das embarcacións mediante a realización de regatas e exhibicións conxuntas. Difusión do patrimonio marítimo e fluvial galego. Fomento do asociacionismo cultural nas vilas e lugares costeiros.

29/09/2026

⛵Esta fin de semana temos unha cita coa navegación tradicional no Grove.

🦞Dentro da programación da 63 Festa do Marisco, haberá dúas regatas

📆Sábado 3 de outubro, ás 16 horas, Dornas a Vela
📆Domingo 4 de outubro, ás 12 horas, Desafío a Remos

📍As dúas probas sairán desde o pavillón de deportes náuticos do Grove

24/09/2026

⚠️Esta fin de semana temos unha cita no Grove

⛵Regata de Porto Meloxo
📆Sábado 26 de setembro
🕓16 horas

24/09/2026

🔨CURSO CARPINTARÍA DE RIBEIRA

Actividade organizada pola Asociación Os Patexeiros A C M de Sada.
📆 Sábados 7, 14, 21 e 28 de novembro e 12 de decembro de 2026
🕤De 9:30 a 14:30 horas

ℹ️Máis información:
📲696 88 56 66
📧[email protected]
🌐www.patexeiros.org

17/09/2026

♻️ECO REGATA SADAMAR 2026

📆Este domingo, 20 de setembro a Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros A C M e Sadamar organizan unha xornada de recollida de residuos para contribuír á limpeza das augas e do litoral de Sada.

📍Punto de encontro: entrada do porto deportivo Sadamar, xunto ás oficinas
🕙10:00 a 11:00: Visita guiada ás embarcacións tradicionais
🕚11:00 horas: Saída das embarcacións para recoller o lixo

📧Inscrición: [email protected]

🏆Haberá premios ao equipo que máis recolla, ao obxecto máis peculiar, ao residuo máis contaminante e á mellor fotografía.

10/09/2026

📍O vindeiro sábado 12 de setembro presentarase en Ferrol o novo número da revista Nova Ardentía.

🕗Será ás 12:30 horas no local da Asociación de Veciños Ferrol Vello (rúa do Curro, 1)

🗣Participarán:
- Emilio X Ínsua (coordinador da revista)
- Manuel Lara (membro do consello de redacción)
- Xaquín Lores (membro do consello de redacción)

Photos from Culturmar's post 09/09/2026

🆕 Rota Palagruzona 2026 – Festival do Mar en Komiža e Palagruža

▶ Este festival de cinco días reúne embarcacións tradicionais, regatas, obradouros de construción naval e remo, patrimonio marítimo, gastronomía local e actividades para nenos e nenas.

⛵️ O seu evento central é a regata Komiža-Palagruža, a regata de vela documentada máis antiga do mundo, con rexistros que se remontan a 1593.

📆 Do 9 ao 13 de setembro.

09/09/2026

⛵️ Este sábado 12 de setembro, celebrarase no Grove unha nova edición da Regata Camping Miami.

👋 Agardámosvos!

07/09/2026

📍O vindeiro mércores 9 de setembro presentarase na Coruña o novo número da revista Nova Ardentía.

🕗Será ás 20 horas en Portas Ártabras, (Sinagoga, 22 baixo, A Coruña)

🗣Participarán:
- Emilio X Ínsua (coordinador da revista)
- Manuel Lara (membro do consello de redacción)
- Xaquín Lores (membro do consello de redacción)

Photos from Culturmar's post 06/09/2026

⛵️FEIRA FRANCA 2026
A de onte en Pontevedra foi unha xornada chea de grandes momentos.

Un día para compartir coñecementos e enorgullecernos do noso.

Photos from Culturmar's post 04/09/2026

🆕A asociación cultural e de tradicións mariñeiras Gamela de Cabo da Cruz, xunto coa organización do Festival Revenidas está a argallar unha Xuntanza Mariñeira en Vilaxoán dentro do marco do festival que terá lugar os días 11, 12 e 13 de setembro.

⛵🎤Este evento mestura a boa música dun dos mellores festivais de Galicia e a paixón pola navegación tradicional.

PROGRAMA:

📆Venres 11 de setembro
18:00 h - Recepción das tripulacións · Porto de Vilaxoán

📆Sábado 12 de setembro
▶️12:00 h · Izado de velas
▶️12:30 h - 14:00 h · Navegación acompañando ao Chasula nos Concertos a bordo
▶️16:00 h - 19:00 h · Navegación acompañando ao Chasula nos Concertos a bordo

📆Domingo 13 de setembro
▶️12:00 h - 13:00 h · Obradoiro de vela e nós para crianzas a partir de 6 anos (máximo 40 prazas) · Parque de Doña Co**ha

A organización facilita:

💤Aloxamento para tripulacións na lonxa de Vilaxoán

🤑Descontos nos prezos de abonos (50€/abono) e nas entradas por día (30€/entrada) para tripulacións inscritas

🐟Convite á sardiñada do domingo á 13:00 gratis para tripulacións

✍Data límite para inscricións: Mércores 9 de setembro

ℹ Información e reservas a través deste enderezo electrónico: [email protected]

¿Quieres que tu organización sea el Organización Sin Fines De Lucro mas cotizado en Cambados?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Dirección


Pol. Ind. Sete Pías, Rúa Maruja Mallo, 13/1º Andar
Cambados
36635

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 17:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Culturmar publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Subscribir

Le avisaremos cuando ocurra algo en Cambados.