Comercio do Morrazo

Comercio do Morrazo

Compartir

Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Comercio do Morrazo, Servicio para empresas, Avenida de Vigo, 91, Baixo, Cangas.

Portal cuyo obxectivo é potenciar o comercio e a hostalería local da comarca do Morrazo (Bueu, Moaña e Cangas do Morrazo) creada pola Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO).

25/09/2026

🔊Para rematar a campaña 🎥UN SETEMBRO DE CINE🎞️ publicamos os/as premiados/as do sorteo final 🤩, entre todos os códigos alfanuméricos rexistrados na nosa web 👉www.comerciodomorrazo.com👈, que conseguiron unha tarxeta regalo cargada con 50€ 😎 para gastar en calquera das empresas adheridas de Bueu, Cangas e Moaña.

Noraboa a tod@s! 😍

Mercar no comercio local ten premio 😉

Campaña cofinanciada pola Xunta de Galicia

Photos from Comercio do Morrazo's post 23/09/2026

Cada compra que fas nun comercio local é un investimento directo no crecemento da nosa comunidade 🛍️

O compromiso co comercio local significa máis que só adquirir produtos ou servizos.
🌱Cada vez que elixes o comercio local, estás a apostar polo futuro de tod@s.

22/09/2026

🎃 A Xincana do Alén 2026 xa está en marcha!

Estes días estamos ultimando coa xente do Concello de Cangas de Morrazo os preparativos desta nova edición, que do 26 ao 31 de outubro volverá encher os comercios e as rúas de Cangas de enigmas, pistas e misterio polo Samaín. 👻

Na foto, con Araceli Gestido, Xiana Abal, Lucía Docampo e Carmen Fandiño, falando dos seguintes pasos da actividade.

🏪 E atención aos comercios de Cangas: mañá, 22 de setembro, é o último día para anotarse e formar parte da Xincana do Alén.

👉 Información e inscrición:
https://pidopapas.com/samain/

22/09/2026

🛍️ No pequeno comercio de proximidade non só che venden unha prenda de roupa, adoitan saber o teu estilo e celebran que teñas gustos con personalidade. Coñécente e asesórante

💬 Xuntos fortalecedes a identidade da vosa contorna

21/09/2026

🤔 Se buscas un agasallo pero estás indecis@, Nós temos a solución!

Coa nosa TARXETA REGALO de Comercio do Morrazo, podes agasallar unha experiencia de compra nos nosos establecementos asociados.

É tan fácil como pedila en calquera establecemento de Comercio do Morrazo, cargar a tarxeta co saldo que desexes e...quedar como unha persoa orixinal con este regalazo 😎

Recorda que tamén a podes adquirir no noso marketplace en www.comerciodomorrazo.com

✨Regala comercio local e apoia aos nosos negocios ✨
Cofinancia Xunta de Galicia

Photos from Comercio do Morrazo's post 18/09/2026

Apoia a loita contra o Cambio Climático MERCANDO EN LOCAL 🌱

Hai moitas formas de contribuir á redución da 🤗 pegada de carbono como usar a bicicleta 🚲 para os traslados, a reciclaxe de residuos♻️, a redución do uso de plásticos...

A simple práctica de 🛍 Mercar no Comercio Local ten múltiples vantaxes: fomenta o desenvolvemento económico local, crea emprego, fortalece a comunidade💪, e ten un impacto positivo ➕ significativo na LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO.

O Consumo local reduce a necesidade de transporte a longa distancia 🚛💨, o que disminúe as emisións de gases 😶‍🌫️ de efecto invernadoiro.

As comunidades que dependen do comercio local tenden a ser máis resilientes, xa que teñen maior control sobre a súa economía 🪙 e recursos.

16/09/2026

💳Coa tarxeta de fidelización do Comercio do Morrazo (CdM) terás reunidas as
vantaxes do comercio de proximidade adherido de Bueu, Cangas e Moaña.

Poderás acceder a importantes descontos só por consumir 🛍 no comercio local.
Disfrutarás de promocións en produtos específicos, establecementos, ofertas especiais...

Porque comprar na túa veciñanza, xa é a nosa mellor recompensa 💙

Únete xa ao Clube de Clientes de Comercio do Morrazo👇
https://www.comerciodomorrazo.com/clube-clientes

Cofinanciado pola Xunta de Galicia

15/09/2026

🔊Aquí vos deixamos gañadores/as cun 👉VALE de 50€* para gastar nas Perruquerías e Centros de Estética👈 adheridos a Comercio do Morrazo, tras participar na campaña 🎥 UN SETEMBRO DE CINE 🎞️

Noraboa a tod@s! 👏😍

Mercar en local ten premio! 🥰

Campaña cofinanciada pola Xunta de Galicia
Comercio galego

15/09/2026

🥬 Máis fresco, máis próximo, máis teu. Porque cando mercas no teu barrio, notas a diferenza en cada bocado

14/09/2026

As mascotas son un máis da familia, polo que a entrada destas nos establecementos é unha gran vantaxe para moitos 🐶

Busca este distintivo entre as empresas de Comercio do Morrazo ou consulta na nosa web todos os comercios que se uniron ao movemento PET-FRIENDLY.

👉 www.comerciodomorrazo.com/establecementos

¿Quieres que tu empresa sea el Empresa mas cotizado en Cangas?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Teléfono

Dirección


Avenida De Vigo, 91, Baixo
Cangas
36940

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 16:00
Martes 08:00 - 16:00
Miércoles 08:00 - 16:00
Jueves 08:00 - 16:00
Viernes 08:00 - 15:00