Mar Rixo
Distribución de repostería para hostaleiros e particulares. Traballamos por encarga.
11/09/2026
Comenta cun 🍓 se eres tan fan coma nos deste vasiño de cheesecake!
28/08/2026
Tamén vale para esa persoa que di “eu só un anaquiño”…
e acaba mirando se queda outro vasiño. 😌
20/08/2026
Facendo pinterest realidade 💐🤍
21/07/2026
Para eses eventos pequeniños nos que queres quedar ben, pero sen converter a túa cociña nun campo de batalla. Preparamos cousiñas ricas, fáciles de compartir e listas para poñer na mesa.
Ti só tes que abrir, servir e facer como que non che levou traballo ningún. 😉
📩 Cóntanos cantos sodes e argallamos algo.
17/07/2026
Se este verán aínda non tes amigos con barco, seguro que con este picnic os consegues. Poucas cousas poden mellorar un día de sol e salitre, pero pensamos que isto si que o consegue.
Pintaza! 😍
23/06/2026
Unha das noites máis máxicas de Galicia.
Chea de lume, mar, historias, tradición… e algunha meiga facendo das súas. ✨
A noite de San Xoán ten algo que custa explicar, por iso é mellor vivilo. As cacharelas, o salitre na pel, a xente xuntándose, as herbas ao orballo e esa sensación de que o verán empeza cun pouco de maxia.
Din que hai que deixar na auga herba de San Xoán, romeu, fiúncho, malva, fento, herba luísa e codeso. Aínda que en cada casa sempre houbo as súas versións.
Porque hai tradicións que non van de facelo perfecto. Van de lembrarnos de onde vimos.
Feliz noite de San Xoán 🌿🔥🌊
19/06/2026
Ves o mar e case notas o salitre.
Ves unha tarta e case arrecende a crema.
Hai cousas que non precisan cor para facerche lembrar.
10/06/2026
Recomendarías Mar Rixo a algún coñecido?
Se a resposta é si, cóntame por que 💗💗💗💗
27/05/2026
Vén tomar un café con nós ☕️ E mentres falamos, imos dándolle forma á túa tarta: sabores, estilo, cantas persoas… o que che apeteza.
No noso espazo todo vai con calma e con bo gusto. 🍰🤍
📩 Escríbeme e buscamos un anaquiño
Non é por presumir… pero o noso tiramisú está moi, pero que moi bo 🤎😌
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la empresa
Página web
Dirección
Rúa Baiona, 4
Cangas
36940
Horario de Apertura
| Lunes | 10:00 - 14:00 |
| Martes | 10:00 - 14:00 |
| Miércoles | 10:00 - 14:00 |
| Jueves | 10:00 - 14:00 |
| Viernes | 10:00 - 14:00 |
| Sábado | 10:00 - 14:00 |