OEmais

OEmais

Compartir

Servizos de Audioloxia Integrais para Nenos e Adultos
Estamos en:
Cee 981 747 921
Lalin 986 181 267
Ordes 981 973 137

Con presencia en Cee, Lalín e Ordes, nos centros auditivos OE+ queremos ser o seu referente na consulta, detección e todo tipo de solucións de problemas auditivos.

08/10/2026

Ola, ! Aínda non nos coñeces? Disfruta do noso "business tour" ou ven vernos directamente en Av. Alcalde Pérez Arda, 14, A Coruña. En OE+ somos especialistas en saúde auditiva, dende audífonos ata revisión e diagnóstico do teu oído. ¡Esperámoste!👂🩵

07/10/2026

En OE+ Centros Auditivos seguimos medrando ao teu carón. 👂

Abrimos as portas do noso novo centro na Coruña para achegarte o coidado da túa saúde auditiva con toda a tecnoloxía e a atención próxima que nos define.

Xa nos tes en Cee, Ordes, Lalín e agora tamén na Coruña. 📍Av. Alcalde Pérez Arda, 14.

Dá o paso para volver escoitar como mereces: pide a túa cita previa e ven coñecernos!

Photos from OEmais's post 01/10/2026

🤔 ¿Aínda non coñeces ao noso equipo de Ordes?

Detrás de cada diagnóstico hai grandes profesionais, pero tamén persoas que aman os pequenos sons da vida:

👩‍⚕️ Marlene: O seu son favorito son os "bos días" dos seus fillos cada mañá.

👩‍⚕️ Alba: O seu son favorito é o das ondas do mar.

👩‍⚕️ Lucía: O seu son favorito é o dos paxariños cantando.

As tres son auténticas especialistas en coidar da túa audición, pero teñen unha superpotencia: son expertas en audioloxía infantil e nas probas de potenciais evocados. 👶✨

Saben que a audición dos máis pequenos require ciencia, precisión e, sobre todo, moito agarimo.

💙 Ven a coñecelas a OE+ Ordes e pon a saúde do teu fillo nas mellores mans!

30/09/2026

👂 Especialistas en audioloxía infantil en Ordes. ¿Tes dúbidas sobre a audición do teu bebé? 👶 Contacta connosco e detecta calquera problema a tempo.

28/09/2026

As veces, o traballo regálanos momentos que nos acompañan para sempre. ❤️🎧

Ver a expresión dun neno cando comeza a escoitar coa claridade que merece, a sorpresa nos seus ollos e o sorriso instantáneo da súa familia é unha sensación indescritible. Sabendo que algo tan individual e preciso como un axuste correcto ou o audífono axeitado pode cambiar por completo o seu día a día, lembramos por que nos apaixona tanto o que facemos.

Neste vídeo compartimos unha das moitas historias que nos marcaron por completo en OE+ Centros Auditivos.

24/09/2026

💥Seguimos coa nosa promo do 65% DE DESCONTO en audífonos de alta gama.
Recorda: Unidades limitadas. Celebra con nós o noso 20 aniversario!🎂

23/09/2026

¿Sabías que o 90% das familias non sabe isto? 👂👀

Se tes fillos ou fillas de entre 0 e 26 anos con perda auditiva, isto interesache (e moito).

Existen axudas do SERGAS de ata 1.200€ para a compra de cada audífono. Un apoio fundamental para o seu desenvolvemento, pero sabemos o que estás pensando: a burocracia, os papeis, o adianto dos cartos e os prazos son unha dor de cabeza... 🤯📑

Non te preocupes por nada. En Oe+ non só coidamos da súa saúde auditiva, senón que xestionamos absolutamente toda a subvención por ti:

✔️ Ti esquéceste do papeleo.
✔️ Nós asegurámonos de que non perdas nin un euro da axuda.
⏰ Non deixes pasar o prazo.

📩 Escribe a palabra AXUDA nos comentarios ou por mensaxe directa e explicámosche como tramitala sen complicacións. 👇✨

22/09/2026

Moitas veces, o comportamento dun neno que parece despistado ou non facer caso na casa
ou na escola responde, en realidade, a unha diminución da súa agudeza auditiva.

Aínda que a meirande parte dos casos de perda auditiva infantil se diagnostica nos primeiros meses de vida grazas ao cribado auditivo Como profesionais, estes son os 3 sinais de alerta clínicos:

🔹 1. Ausencia de reflexos sonoros ou orientación (Bebés e primeira infancia)
O lactante non reacciona nin se inmuta ante sons intensos e imprevistos (un obxecto que cae, un golpe seco). A partir dos 6 meses, o fito madurativo idóneo é que xire a cabeza buscando a orixe de estímulos fóra do seu campo visual (como a voz dos pais). Se amosa indiferenza, é un motivo prioritario de revisión.

🔹 2. Dificultades no desenvolvemento e pronuncia da linguaxe
Existe unha correlación directa entre audición e linguaxe: para aprender a falar correctamente, primeiro hai que oír con nitidez. Se un neno de máis de dous anos non desenvolve as súas primeiras palabras, deforma excesivamente os fonemas ou precisa de apoio visual continuo para comprender frases sinxelas, cómpre revisar o seu sistema auditivo.

🔹 3. Necesidade de sobreestimulación e demanda de repetición (Idade escolar)
En etapas máis avanzadas, os indicadores son moi condutuais: necesidade constante de elevar o volume da televisión ou dispositivos por riba do habitual na familia, o uso frecuente de fórmulas de repetición (o clásico "Que?") ou un descenso inxustificado no rendemento escolar.

En moitos casos, detrás disto atópase unha fatiga auditiva provocada por unha perda auditiva ou ben por un descenso da audición provocado por unha otite serosa (acumulación de moco no oído medio).

Ante a menor dúbida, o protocolo idóneo é realizar unha avaliación audiolóxica completa e indolora en gabinete. 💾 Garda esta publicación para telas sempre á man e compártea con quen se cres que pode serlle útil.

Photos from OEmais's post 17/09/2026

Os potenciais evocados, ademais de ser unha ferramenta excelente para os máis pequenos, serven tamén para persoas con dificultades para comunicarse, pacientes con deterioración cognitiva, ou para realizar valoracións audiolóxicas de forma totalmente obxectiva en adultos que non poden ou non queren colaborar nas probas tradicionais. É a tecnoloxía máis fiable para medir a audición real sen depender de respostas verbais.

16/09/2026

¿Ten dúbidas sobre se o seu fillo escoita correctamente? A miúdo crese que a reacción aos sons fortes é suficiente para descartar un problema auditivo, pero isto pode ser un erro.

Dado que os nenos non sempre poden comunicar as súas dificultades, o diagnóstico temperán é fundamental. Na clínica OE+ Ordes contamos cunha solución especializada para saír de dúbidas dende os primeiros meses de vida: os Potenciais Evocados.

Esta metodoloxía ofrece plenas garantías para as familias:

Segura e indolora: Non require ningunha colaboración activa por parte do neno.

Confortable: A proba realízase de forma cómoda mentres o neno dorme.

Resultados obxectivos: Mide con total precisión a resposta do sistema auditivo.

Detectar calquera anomalía a tempo é a mellor ferramenta para protexer o desenvolvemento da linguaxe, o desenvolvemento cognitivo e social así coma e o rendemento escolar do menor.👶 A saúde auditiva do seu fillo é o primeiro. O noso equipo de especialistas en Ordes está ao seu dispor. Escríbanos unha mensaxe directa ou déixanos un comentario para solicitar máis información.

¿Quieres que tu consultorio aparezca en primer lugar en la categoría Clínica en Cee?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Teléfono

Dirección


Carretera ESCABANAS Nº 1
Cee
15270

Horario de apertura

Lunes 09:30 - 14:00
15:30 - 19:00
Martes 09:30 - 14:00
15:30 - 19:00
Miércoles 09:30 - 14:00
15:30 - 19:00
Jueves 09:30 - 14:00
15:30 - 19:00
Viernes 09:30 - 14:00
15:30 - 19:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando OEmais publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Suscribirse

Le avisaremos cuando ocurra algo en Cee.