Concello de Cee
Páxina de facebook oficial do Concello de Cee Tradicionalmente, Cee fué una villa vinculada a la industria conservera, ballenera y pesquera.
Cee es un municipio de A Coruña, ubicado en la conocida Costa da Morte, puerta al mar del Camino de Santiago en su paso hacia Finisterre y Muxía. Pero, hoy en día, es el centro comarcal de negocios y servicios, punto de encuentro de los habitantes de la Costa da Morte y referente para turistas y visitantes que encuentran en Cee el lugar ideal para establecer su base y visitar la zona. Cee es, sin duda, la combinación perfecta entre el carácter urbano de sus servicios y el carácter rural y sosegado de sus espacios naturales.
***
Cee é un concello de A Coruña, ubicado na conocida Costa da Morte, porta ao mar do Camiño de Santiago no seu paso a Fisterra e Muxía. Tradicionalmente, Cee foi unha vila vinculada á industria conserveira, baleeira e pesqueira. Pero, hoxe en día, é o centro comarcal de negocios e servizos, punto de encontro dos habitantes da Costa da Morte e referente para turistas e visitantes que atopan no noso pobo o lugar ideal para establecer a súa base e visitar a zona. Cee é, sen dúbida, a combinación perfecta entre o carácter urbano dos seus servicios e o carácter rural e sosegado dos seus espazos naturais.
02/10/2026
📅 AXENDA CULTURAL E DEPORTIVA | 3 e 4 de outubro
Esta fin de semana temos novas citas coa cultura, o baile e o deporte en Cee. 👇
🎙️ SÁBADO | 20:30 h
Conferencia do ceense Diego Andrade, dentro do XIII O Mes da Fundación.
📍 Auditorio Baldomero Cores
💃 SÁBADOS DE BAILE | 19:00–22:00 h
Con Martín Reimundez.
📍 Salón de Actos do Concello de Cee
⚽ FÚTBOL | SÁBADO E DOMINGO
Cinco encontros da U.C. Cee no Campo Municipal San Paio de Refoxos.
Consulta no cartel todos os horarios. 👇
Achégate e goza da fin de semana en Cee!
02/10/2026
📚 HOXE | PRESENTACIÓN DE “LAS TEJEDORAS DEL MAR”
Esta tarde temos unha nova cita coa cultura en Cee coa presentación do libro “Las tejedoras del mar”, de Maica Gorgal.
A autora estará acompañada por Margot Lamela, Isabel Ares e Víctor M. Castiñeira.
📅 Venres, 2 de outubro
🕗 19:45 h
📍 Biblioteca Francisco Mayán – Casa da Cultura de Cee
📖 Agardámosvos esta tarde!
02/10/2026
📢 EMPREGO | SEAGA abre novos prazos para as súas listas de persoal temporal
A Sociedade Pública de Servizos Agrarios Galegos (SEAGA) informa da apertura de dous procesos relacionados coas súas listas de persoal:
🔹 Actualización de méritos e novas incorporacións ás listas de persoal temporal
📅 Prazo: do 1 ao 30 de outubro de 2026.
Inclúe diferentes categorías profesionais de arquitectura, enxeñerías, bioloxía, ciencias ambientais, dereito, capataces, maquinistas-condutores/as, peóns/peoas, persoal de laboratorio, xefes/as de brigada, entre outras.
🔹 Nova lista de Enxeñería Informática
📅 Prazo: 15 días hábiles desde o 1 de outubro de 2026.
Dirixida a persoas coa titulación e demais requisitos establecidos nas bases específicas.
ℹ️ Información, bases e documentación:
🌐 epseaga.com
☎️ 981 546 127
✉️ [email protected]
👉 Recoméndase consultar as bases completas e a documentación requirida antes de presentar a solicitude.
O Concello de Cee dá difusión a esta información de interese en materia de emprego.
01/10/2026
📚 PRESENTACIÓN DO LIBRO | LAS TEJEDORAS DEL MAR
Este venres, a Biblioteca Francisco Mayán acolle a presentación de "Las tejedoras del mar", da escritora Maica Gorgal.
A autora estará acompañada por Margot Lamela, alcaldesa de Cee; Isabel Ares, fundadora da franquía Ler Librerías; e Víctor M. Castiñeira, historiador e técnico de Xestión Cultural.
📅 Venres 2 de outubro
🕗 19:45 h
📍 Biblioteca Francisco Mayán – Casa da Cultura de Cee
📖 Agardámosvos!
30/09/2026
📅 AXENDA CULTURAL E DEPORTIVA | 2, 3 e 4 de outubro
Cultura, deporte e baile para g***r dunha nova fin de semana en Cee! ❤️
📚 Venres 2
Presentación de Las tejedoras del mar, de Maica Gorgal, na Biblioteca Francisco Mayán.
⚽ Sábado 3
Nova xornada de fútbol no Estadio Municipal San Paio de Refoxos, con partidos desde as 10:00 horas.
💃 E volven os Sábados de Baile!
Despois do parón do verán, comezamos unha nova tempada no Salón de Actos do Concello de Cee. Nesta primeira cita contaremos con Martín Reimundez, de 19:00 a 22:00 horas.
🧠 Ás 20:30 horas, o ceense Diego Andrade, investigador do CITIC e profesor da UDC, ofrecerá a conferencia «Que tempo vai facer mañá? Supercomputación para predicir o que aínda non pasou», no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura. Unha actividade organizada pola Fundación Fernando Blanco dentro da XIII edición de O Mes da Fundación 2026. Entrada gratuíta.
⚽ Domingo 4
O fútbol continúa ás 11:00 horas co encontro entre o U.C. Cee Cadete e o Muxía CF.
👉 Consulta no cartel todos os horarios e localizacións.
❤️ Cultura, deporte e encontro para vivir a fin de semana en Cee.
30/09/2026
📺 AVISO TDT | RESINTONIZACIÓN DE CANLES
A partir de hoxe, 30 de setembro, realízanse cambios nas frecuencias de emisión da TDT nos centros emisores que dan cobertura a distintas zonas do Concello de Cee.
👉 Se estes días deixas de ver algunha canle de televisión, resintoniza o teu televisor.
📍 As zonas identificadas inicialmente por TDT Galicia son:
Lires, A Canosa, Ruibo, Tedín, A Carbaliza, A Granxa e Sembra.
⚠️ Esta relación corresponde ás zonas identificadas por TDT Galicia, polo que pode haber outras zonas afectadas.
☎️ Para dúbidas ou máis información sobre a resintonización, podedes contactar directamente con TDT Galicia:
881 866 388
🌐 tdtgalicia.gal
Pregamos difusión.📺
30/09/2026
💃🕺 VOLVEN OS SÁBADOS DE BAILE A CEE!
Despois do descanso do verán, este mes de outubro retomamos os Sábados de Baile no Concello de Cee. 🎶❤️
Unha cita para bailar, desfrutar da música e, sobre todo, compartir unha boa tarde en compañía.
📅 Programación de outubro:
• 3 de outubro — Martín Reimúndez
• 10 de outubro — Dúo Blanca Doble
• 17 de outubro — Marietta
• 24 de outubro — Mar Dávila
• 31 de outubro — Ana Cristina
🕖 De 19:00 a 22:00 h
📍 Salón de Actos do Concello de Cee
🎟️ Entrada libre
❤️ Xa o sabes... os sábados, bailamos en Cee!
28/09/2026
🟠🌧️ AVISO POR FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informa de varios avisos meteorolóxicos para mañá, martes 29 de setembro, que afectarán á nosa zona.
🟠 NIVEL LARANXA POR FENÓMENOS COSTEIROS
No litoral da Coruña oeste, desde media mañá ata media tarde.
🌊 Na contorna de Fisterra espérase vento do sur de 62 a 74 km/h (forza 8) e mar combinada do sur ou suroeste de 4 a 5 metros.
🟡 NIVEL AMARELO POR CHOIVA E VENTO
🌧️ Previsión de acumulacións de ata 40 l/m² en 12 horas.
💨 Refachos de vento de ata 80 km/h.
⚠️ Recoméndase extremar as precaucións e seguir as indicacións dos servizos de emerxencias.
☎️ Ante calquera emerxencia, chama ao 112.
26/09/2026
DECLARACIÓN DE TRES DÍAS DE LOITO OFICIAL
POLO FALECEMENTO DE D. RAMÓN RAMIRO VIGO SAMBADE
O Concello de Cee, mediante Resolución da Alcaldía, declara tres días de loito oficial, do 27 ao 29 de setembro, polo falecemento de D. Ramón Ramiro Vigo Sambade, quen desenvolveu unha dilatada traxectoria de servizo público no Concello de Cee e exerceu como alcalde desta Corporación.
Como mostra de respecto e pesar, durante estes días as bandeiras dos edificios municipais ondearán a media hasta.
O Concello de Cee, en nome da Corporación municipal e de todo o persoal do concello de Cee, expresa as súas máis sentidas condolencias á familia de D. Ramón Ramiro Vigo Sambade e ás persoas achegadas.
🔗 Declaración de Loito Oficial:
https://cee.gal/es/avisos/o-concello-de-cee-declara-tres-dias-de-loito-oficial-polo-falecemento-de-d-ramon-ramiro-vigo-sambade/12337/
26/09/2026
📅 LEMBRA! ESTA FIN DE SEMANA TEMOS UNHA AXENDA MOI COMPLETA EN CEE ❤️
Deporte, cultura e maxia para desfrutar do sábado e do domingo en Cee.
⚽🏀 Fútbol, fútbol sala e baloncesto no Estadio Municipal de San Paio de Refoxos e no Pavillón Polideportivo de Cee.
🎨 Este sábado, O Mes da Fundación comeza coa conferencia de Marta Riera, organizada pola Fundación Fernando Blanco de Lema.
🎩✨ E o domingo, Mago Antón chega á Praza da Muller con “Cagliostro.
Unha historia de maxia no camiño”, con catro pases ao longo do día.
👆 Consulta no cartel todos os horarios e non perdas nada!
❤️ Cultura, maxia e deporte para desfrutar desta fin de semana en Cee.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Página web
Dirección
Domingo Antonio De Andrade, S/n
Cee
15270
Horario de apertura
| Lunes | 09:00 - 13:30 |
| Martes | 09:00 - 13:30 |
| Miércoles | 09:00 - 13:30 |
| Jueves | 09:00 - 13:30 |
| Viernes | 09:00 - 13:30 |
Notificaciones
Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Cee publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.