Museo Provincial do Mar

Museo Provincial do Mar

Compartir

Museo Provincial do Mar: http://museodomar.blogspot.com.es/ Este Museo debe o seu nacemento no ano 1969 a D. Francisco M.

Rivera Casás, gran coleccionista de obxectos mariños, que exerceu a súa profesión de mestre desde 1934 ata 1982 en San Cibrao combinándoa con ensinanzas marítimo-pesqueiras. Dende 1994 da Asociación de Veciños “Cruz da Venta” de San Cibrao ocupouse da xestión do Museo ata que, no ano 2004, a Deputación Provincial de Lugo se fixo cargo a través do Museo Provincial de Lugo dirixido pola xerente, Encarna Lago González dende 1999 deste xeito pasa a ser a responsable do museo do mar dende o 2004 ata a actualidade. No ano 2006 pasa a formar parte da Rede Museistica Provincial. No 2010 levase a cabo un novo proxecto museoloxico e museográfico convertindose no museo mais accesible de Galicia. O Museo conta con catro salas:

A primeira sala mostra documentación gráfica, maioritariamente fotografías, de San Cibrao así como da flota galega dos primeiros anos do século XX e unha máquina de vapor. A segunda sala está dedicada á caza das baleas en San Cibrao (da que xa existen documentos no século XVI) nela amósanse restos óseos de baleas capturadas en San Cibrao, algúns do S.XVIII, e con medidas que poden acadar os catro metros de lonxitude. Expóñense tamén útiles usados no despezamento destes cetáceos. A sala complétase con paneis informativos sobre os diferentes tipos de baleeiras, unha clasificación xenérica dos tipos de cetáceos e o aproveitamento da balea. A terceira mostra unha colección malacolóxica onde se poden observar numerosas pezas agrupadas nos cinco principais grupos de moluscos. A cuarta está composta por abundante instrumental de navegación como compases, sextantes, rodas de temón, farois, áncoras, cartas náuticas, etc.

Photos from Rede Museística Provincial de Lugo's post 21/09/2026
16/09/2026

Boa tarde, Pequeamigxs:

Comeza un novo curso e, no Museo Provincial do Mar, zarpamos rumbo a
novas aprendizaxes e aventuras compartidas, nunha travesía na que iremos
facendo paradas nos portos das reivindicacións, con obradoiros de
diversas temáticas.
Elevamos áncoras e… comezamos!

Lembrade que o vindeiro sábado temos obradoiro. Ainda quedan prazas!

“Custodia de memorias”
Neste obradoiro imos descubrir o valor dos recordos e das persoas que
queremos. Crearemos a nosa propia cápsula do tempo, chea de debuxos,
mensaxes e pequenas historias que nos axudan a contar quen somos. Unha
actividade participativa para achegarnos ao Alzheimer desde o cariño, a
empatía e a creatividade, con motivo do Día Mundial do Alzheimer.
Lugar: Museo Provincial do Mar
Data: 19 de setembro
Hora: de 11:30 a 13:00 h.
Idades: de 6 a 12 anos
Prazas: 10

Coma sempre, podedes anotarvos contestando a este correo, chamándonos
por teléfono ou pasándovos polo Museo.

Photos from Museo Provincial do Mar's post 03/09/2026

🎨⚓ AS NOSAS INVISIBILIZADAS | Obradoiro infantil

Sabías que moitas mulleres artistas quedaron fóra dos libros de historia? E que algunhas tiveron que desafiar as normas do seu tempo para facerse visibles?

Este 5 de setembro comezamos unha nova travesía no Museo Provincial do Mar, onde poderemos visitar a exposición “500 mulleres”, de Co**ha Mayordomo, e coñecer a súa sección no museo. A partir desta mostra, achegarémonos ás Sinsombrero e a outras creadoras ás que a historia non sempre lles deu o lugar que merecían.

🔎 Descubriremos as súas historias e obras.
🎨 Investigaremos, xogaremos e crearemos.
📖 E construiremos o noso propio álbum para que os seus nomes non volvan quedar esquecidos.

Unha actividade para aprender que a historia tamén se pode revisar, completar e contar con novas voces.

📍 Museo Provincial do Mar
📅 5 de setembro
🕦 De 11:30 a 13:00 h
👧🧒 De 6 a 12 anos
🎟️ Só 10 prazas

⚓ Elevamos áncoras! Reserva a túa praza e acompáñanos nesta primeira parada polos portos das reivindicacións.

**haMayordomo

Photos from Museo Provincial do Mar's post 27/08/2026

🌊🔨 Seguimos de montaxe. Hoxe, no Museo Provincial do Mar!

Despois do Museo Provincial de Lugo, o Museo Fortaleza de San Paio de Narla e o Museo Pazo de Tor, chegamos ao Museo Provincial do Mar para continuar coa intensa montaxe de «500 mulleres na historia da arte», da artista Co**ha Mayordomo. 💜

Hoxe o traballo céntrase aquí: colocar, axustar, revisar e coidar cada detalle para que esta nova sede vaia tomando forma.

Catro museos, cinco sedes e 500 mulleres que nos permiten celebrar os 20 anos da Rede Museística Provincial de Lugo facendo visible a presenza e a contribución das mulleres na historia da arte.

Coa montaxe no Museo Provincial do Mar avanzamos un paso máis cara á recta final: as salas de exposicións da Deputación de Lugo.

🌊 Hoxe, o Mar é o protagonista. Seguimos!

**haMayordomo

Photos from Museo Provincial do Mar's post 20/08/2026
17/08/2026
¿Quieres que tu organización aparezca en primer lugar en la categoría Servicio Gubernamental en Cervo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Teléfono

Dirección


San Ciprian, Avenida Da Mariña S/n
Cervo
27890

Horario de apertura

Martes 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Miércoles 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Jueves 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Viernes 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Sábado 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Domingo 11:00 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Museo Provincial do Mar publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Suscribirse

Le avisaremos cuando ocurra algo en Cervo.