FICH
Edición 2023 do Festival Independente de Chantada. 8, 9 e 10 de setembro
O Fich é un festival aberto, no que distintos artistas da escena under xúntanse para unha xornada de música ao aire libre. Estamos centrados nun público local e completamos a programación de grupos con talleres para os máis pequenos e sesions dj.
04/09/2026
Aloe Perra é o proxecto persoal de Gabriel Martínez Corbo (Lugo, 1986), produtor e DJ lucense.
Formou parte de bandas como Pastillas Mamut, KadettGSI ou Virtua Tennis, ademais de pinchar, producir e traballar como técnico de son. Leva en activo desde 2006 e ten pasado polas cabinas de medio país.
Como DJ, foi residente de Saint Etienne e Zinema Club, os únicos bares da cidade con música indie ou alternativa durante moitos anos.
As súas sesións destacan por un profundo coñecemento dos estilos cos que traballa, nas que o bo ambiente, o baile e o ritmo son os grandes protagonistas.
Melómano absoluto, combina sesións vermú dedicadas á música tropical máis bailonga do outro lado do Atlántico con festas e sesións nocturnas cargadas de house e groove, ideais para g***r con pouca luz
Gabriel Corbo será o encargado da sesión vermú do domingo, na rúa Leonardo Rodriguez
03/09/2026
Info útil e horarios para que gardedes nos vosos favs ✨
02/09/2026
Matar Xente sale da escena de valja e pedanías. Facía ambient pero xa non.
Estará tocando na sesión vermú do sábado en AdaRosa
28/08/2026
Esta é unha parte do merchan que estamos manufacturando xunto as amigas e socias de Volta Estudio-taller de serigrafía e Culebra que seleccionan e preparan estes artefactos con extra de cariño!
Estarán dispoñibles o sábado durante o festival. Se un mal maior vos impide vir, podedes facer o voso encargo por aqui.
Deseñado por Santiago Paredes Artworks
E LIBRE DE IA!
27/08/2026
As súas sesións son unha viaxe sonora dende a música alternativa, a psicodelia mais envolvente, a enerxía crúa do garage e a intensidade do postpunk.
Unha mestura que se suaviza con doses xustas de pop e ritmos varios
Sil Vestre estará amenizando a sesión vermú do sábado en AdaRosa
26/08/2026
As súas sesións son unha viaxe sonora dende a música alternativa, a psicodelia mais envolvente, a enerxía crúa do garage e a intensidade do postpunk.
Unha mestura que se suaviza con doses xustas de pop e ritmos varios.
Sil Vestre estará amenizando a sesión vermú o sábado 5 en AdaRosa
23/08/2026
Insire Nome, proxecto de Pablo Trobo, é un artista especializado en techno industrial e escuro, pensado sempre para levar directamente á pista de baile.
Antes de asentar este proxecto, Pablo desenvolveu Fourth Foundation, con varios EPs publicados en selos de distintos puntos do planeta, unha etapa que lle permitiu forxar unha traxectoria e afinar a súa identidade sonora.
A pandemia marcou un punto de inflexión na súa carreira. O tempo pechado no estudo levouno a redescubrir o formato en directo, apostando desta volta polo hardware: caixas de ritmos e sintetizadores pasaron a ser os protagonistas absolutos das súas interpretacións, achegando ao seu directo unha enerxía crúa e inmediata.
Tras varios anos de traballo intenso no estudo, en 2025 nace Insire Nome, o proxecto no que Pablo canaliza toda esa evolución técnica e sonora. Baixo este novo nome desenvolve un son máis persoal e definido, sempre fiel ás raíces do techno industrial e escuro.
O seu directo levouno xa a escenarios como Kittin Parties e Senda, dous dos festivais onde amosou a súa proposta ante o público.
Insire Nome estará no escenario das Adegas Amedo o Sábado 5
26/09/2025
Temos a honra de participar no coloquio sobre o asociacionismo nos festivais da man dxs compañeirxs do
Gracias por convidarnos o seu XX Aniversario
Por moitos anos!
Será mañá sábado a partires das 17.30 no casino, pero botade un ollo porque hai actividades durante toda a xornada
04/09/2025
Aqui están os horarios!
Os djs e bandas máis under e divertidas, nas rúas e bares de Chantada e nas marabillosas Adegas Amedo 🍇
📍O venres 5 na Plaza da Paz, a partir das 21.00
📍 Sábado 6 sesión vermú en
🚌 Hai bus dende adaRosa a Amedo ás 17.00
📍E o domingo, o clásico vermú despedida no Centro
Entrada colaboración! Inclue o bus : )
15€ en Ubuntu, Droguería Quinzán e producion.fich[@]gmail.com
20€ en porta
O deseño é obra de
04/09/2025
Selector insaciable e promotor desde o underground, ONNLBN acostuma a transitar entre o electro o EBM e o techno máis industrial
estará pinchando o venres na Praza da Paz
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la empresa
Página web
Dirección
Chantada