Canle Ribeira Sacra
Queremos ser unha ponte entre territorios. Conectar a Ribeira Sacra. Conectarte a ti con ela. A Canle Ribeira Sacra é un proxecto de Airoá Comunicación.
A Canle Ribeira Sacra é o primeiro medio de comunicación en liña que dá cobertura específica aos concellos, entidades, axentes e empresas desta zona. Busca reforzar as conexións comunicativas entre eles cun contido de calidade, colaborar na cohesión interna e proxectala cara fóra establecendo pontes con outros territorios. Fan falla canles, tanto físicas coma na rede que unan contornas locais a través de proxectos comunicativos dende, por e para a Ribeira Sacra. Asociación educativo - cultural.
Presentado en Chantada o proxecto do Museo Manuel Jorge.
O espazo, ubicado na Praza de España no Cantón da vila do Asma, exercerá como Centro de Cultura Contemporánea da Ribeira Sacra e estará listo en vinte meses.
AAsociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada
As xoias falan, e nós puidémolo comprobar o sábado no desfile de Susi Gesto en "O tempo que ficou no olvido" que se celebrou no Pazo de Sabadelle organizado por Xose Figueroa Lorenzana.
15/04/2024
Pregón da actriz María Vázquez na Festa da Carne ao Caldeiro de Castro, en Carballedo.
Aavv. O Bubaíño De Castro
Concello de Carballedo
Pregón de María Vázquez na XXI Feira da Carne ó Caldeiro en Castro de Carballedo
15/04/2024
FESTA DA CARNE AO CALDEIRO DE CASTRO DE CARBALLEDO.
Abril é tempo de compartir mesa na gran Festa da Carne ao caldeiro de Castro, en Carballedo.
O que se vive nos días da feira mensual arredor do prato máis coñecido do municipio, multiplícase na festa gastronómica dedicada a poñer en valor o agro e os produtos da terra, impulsada dende o colectivo veciñal Aavv. O Bubaíño De Castro coa colaboración de varias entidades como Concello de Carballedo e a Vicepresidencia. Deputación de Lugo, entre outras. Nesta ocasión, a cita contou co pregón da coñecida actriz María Vázquez, orixinaria do municipio.
🔻
Feira da Carne ó Caldeiro. Castro de Carballedo 2024 O 14 de abril, a xente da comarca e os visitantes chegados doutros puntos de Galiza, comaprtiron mesa na gran Festa de Castro, en Carballedo. O que se vive n...
29/03/2024
Germán López Quiroga, camiño dun século 'No tren da vida'.
Son poucas as persoas que non coñecen de algo a Germán López Quiroga na comarca de Lemos. Un home polifacético onde os haxa unido irremediablemente á historia do ferrocarril en Monforte, ferroviario de profesión e de corazón. Aos seus 97 anos non é difícil velo coa súa cámara de fotos en calquera evento cultural ou gastronómico da Ribeira Sacra, territorio do que é un dos principais embaixadores a través do seu activismo nas redes sociais.
A poesía e a música son outras das súas grandes paixóns, pero a ilusión e vitalidade no día a día son os principais alimentos para a súa envexable lonxevidade. No camiño dos 100 anos, escribe, divulga e non esquece. Germán é memoria viva e constructor de comunidade.
Comparte a nosa charla con el nesta peza audiovisual realizada por Airoá Comunicación co apoio da Vicepresidencia. Deputación de Lugo e que non sería posible sen o bo trato do Museo do Ferrocarril de Monforte Muferga - Museo do Ferrocarril de Galicia
Germán López Quiroga
🔻
Germán López Quiroga: No tren da vida O documental amosa un perfil humano moi ligado á importancia e historia do ferrocarril no sur de Lugo e á memoria. Ao mesmo tempo pretende servir como exempl...
28/11/2023
O vindeiro venres chega a Chantada a historia de Manuel Díaz, coñecido como "o médico dos pobres". Será a través da proxección do documental dirixido por Federico Rioboo e impulsado pola asociación A Memoria é Náufraga.
A Vicepresidencia. Deputación de Lugo organiza un ciclo de proxeccións desta peza audiovisual que leva o título 'O médico dos pobres', sobre o doutor e alcalde republicano do Incio (Sarria) coñecido tamén como 'O pequeniño do Incio', quen foi asasinado polos falanxistas no ano 1936. O fío condutor desta obra parte do libro "Siembra y memoria. Muerte y evocación de un médico republicano", escrito por José Luis Díaz, sobriño do protagonista.
Con esta actividade o organismo provincial e o seu departamento de Cultura prentenden contribuír á "documentación da represión e ao recoñecemento das vítimas do franquismo". Este ciclo que leva o filme por toda a xeografía luguesa conta co impulso da A Casa da Memoria, a colaboración dos concellos nos que se exhibe e de varias entidades asociativas locais. No caso de Chantada, Airoá Comunicación e o Concello de Chantada.
A entrada para ver a película, que se proxecta o 1 de decembro, é libre e de balde. Comeza ás 20.30h no auditorio municipal.
27/11/2023
Naceu e criouse en L'Eixample de Barcelona, catalán de pura cepa e outros dos nosos exemplares. Por amor, á familia, á fala e á terra que agora elixiu para vivir, Javier Monterde é outros dos protagonistas de .
Dende Concello A Pobra Do Brollón, outra das pezas deste fermoso proxecto levado a cabo hai dous aniños con Política Lingüística.
Sen pelos na lingua: Historias de Neofalantes | Javier Monterde Co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Chantada Comunicación SL e a Canle Ribeira Sacra elaboraron un proxecto audiovisual enfocado á difusión...
15/11/2023
'No somos nada' é o filme que pechará este venres este outono de cinema en Chantada.
A última proxección do ciclo Mestre Mateo Cinema Galego 2023 terá lugar no auditorio municipal de Chantada ás 20.00h. este 17 de decembro.
SINOPSE: Tras anos de silencio, a lexendaria banda vasca La Polla Records regresa aos escenarios por sorpresa. Evaristo Páramos, o seu carismático vocalista, anúnciao en roda de prensa. Os seus miles de seguidores corren a voz e prepáranse para o acontecemento. Evaristo fai memoria desde a súa pel de punk aldeán. O seu relato enrédase con cancións, fotografías, fragmentos de animación e vellos vídeos da banda. Mil e un concertos quedan no recordo.
O filme, dirixido por Javier Corcuera, pode verse con entrada libre e de balde ata completar aforo.
Esta acción cultural é posible grazas á Academia Galega do Audiovisual, a Vicepresidencia. Deputación de Lugo coa colaboración do Concello de Chantada e a asociación Airoá Comunicación
12/11/2023
O músico André Espiñeira, dende Chantada, falábanos así da súa relación coa lingua galega. Lembramos esta peza de , na que nos conta por que o galego tamén é unha lingua perfecta para a música.
Un proxecto da Canle Ribeira Sacra co apoio de Política Lingüística.
▶
Sen pelos na lingua: Historias de Neofalantes | André Espiñeira Co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Chantada Comunicación SL e a Canle Ribeira Sacra elaboraron un proxecto audiovisual enfocado á difusión...
08/11/2023
Preparados para un novo venres de cinema?
No auditorio de Chantada, con entrada libre e de balde ata completar aforo, continúan as proxeccións do Ciclo Mestre Mateo. Esta semana poderemos ver 'A Foreing Song'.
10/11/23
20.00h
Auditorio Municipal de Chantada.
Unha actividade cultural da Academia Galega do Audiovisual coa Vicepresidencia. Deputación de Lugo e co apoio do Concello de Chantada e Airoá Comunicación
SINOPSE:
' Traballou nunha compañía de seguros durante 40 anos. Todos os días se erguía ás 6 e deitábase ás 21.00h Nos seus días tranquilos non hai peripecias reseñables, nin grandes dramas. Ninguén diría que este home de vida ordinaria e aburrida é o autor dunha das obras poéticas máis singulares do século XX. Cando se lle pediu unha reseña biográfica para presentar a súa obra, o poeta modernista estadounidense Wallace Stevens negouse a escribila. Cría profundamente que a poesía non é persoal e que a voz que estaba detrás dos seus poemas era en realidade a voz dun Outro. Alguén, ao lonxe, observa as casas idénticas nos suburbios solitarios de Estados Unidos. Na cidade dos cartos, onte e hoxe, unha multitude camiña sen descanso. Voces sen rostro len fragmentos das cartas do poeta. Un paxaro de plumas douradas canta unha canción.
🔻
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contactar con la empresa
Página web
Dirección
Fondodevila 1 Sabadelle Chantada Lugo
Chantada
27517
Notificaciones
Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Canle Ribeira Sacra publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.