Castelo Conta
Outra volta á festa 🌿 O Castelo Conta é unha festa. É a festa pensada polo actor e humorista Xosé A. Aberta a quen queira achegarse!
Touriñán, na súa casa, e cos seus veciños e veciñas de Castelo. Hai xa varios anos que se converteu no festival de comedia, cultura rural e tradición oral referente en Galicia. As seis aldeas da parroquia énchense durante toda a semana as actividades para maiores e pequenos, prográmanse artes escénicas e os mellores monólogos do país, difúndense os valores da cultura popular e promóvese a sustentabilidade e o respecto polo medio natural.
18/09/2026
🎬 Hai apenas unhas semanas, as voces de seis territorios rurais reuníanse por primeira vez nunha única película. 'Mulleres que Contan' estreábase no despois de máis dun ano de encontros, conversas e historias compartidas arredor dos coidados, a memoria e as experiencias das súas protagonistas.
Esta tarde, o documental continúa o seu percorrido e volve á pantalla por primeira vez desde aquela estrea. Faino en Ponte Ulla (Vedra), no marco da primeira parada de A Lacena Pequena, cunha xornada dedicada ás mulleres e aos coidados 🌾
16/09/2026
Hai cousas sen as que non se pode entender o Castelo Conta, e o humor é unha delas!
Esta festa naceu arredor dos monólogos, das historias e das ganas de xuntarnos para botar uns contos. E se hoxe seguimos facendo a Noite do Castelo Conta, once edicións despois, é tamén porque ao longo deste camiño houbo moitas cómicas, cómicos e artistas que decidiron vir a Castelo, compartir escenario e facer humor connosco.
Algunhas caras levan aquí desde o principio e outras foron chegando polo camiño, pero todas forman parte, dalgunha maneira, desta historia que seguimos escribindo cada ano 🗣️
E nela, tamén hai outras persoas e equipos que fan posible que a Noite sexa como é. Hai varias edicións que colaboramos coa FAXPG, e coas intérpretes de lingua de signos, para facer que a programación sexa cada vez máis accesible e que o humor poida chegar a todo o público. E tamén coa GaliFunk Brass, que un ano máis puxo a música para acompañar o espectáculo 🎺
Así que este é un deses agradecementos que non poden faltar: grazas por vir, por confiar e por axudarnos a que a comedia siga sendo unha das razóns polas que nos xuntamos en Castelo 🫂
📸 AIGI BOGA
🌿
14/09/2026
🎶 Durante a semana do , a música foi aparecendo polos nosos recunchos preferidos da parroquia.
Na Taberna, os Vermús enchéronse de propostas ben diferentes: Factoría de Subsistencia, Tapa D’Orella, Balteira, Unto Vello, Ulex e Tanto Nos Ten puxeron música a diferentes mediodías, mentres que Quinkillada e Skadelos prolongaron a festa a tarde do sábado.
🌌 A Eira de López, a Eira do Ferrador e a Polideportiva tamén se foron enchendo de ritmo ao longo da semana. Ailá puxo a xente a bailar para quentar o torreiro antes da foliada; Kid Mount e 9Louro trouxeron ata Castelo os novos sons urbanos da escena galega; Antía Muíño e Xoel López pasaron pola Polideportiva coa súa enerxía; De Ninghures volveu oito anos despois para montar unha das súas feiras; e Gin Toni's pechou o sábado con cancións que xa forman parte da memoria da xente.
Propostas moi diferentes que conviviron durante unha semana cos petiscos da Taberna, as conversas na praza, as foliadas e o resto da programación. É que en Castelo a música non queda nun único escenario: vai aparecendo aquí e alá, mestúrase coa vida da parroquia e acaba formando parte do que sucede neses días.
Aí está unha das cousas que máis nos gusta: que haxa música para bailar e para escoitar, para descubrir artistas novos e para volver atoparnos con outros, para quedar na praza un anaco máis ou para acabar a noite sen mirar demasiado o reloxo.
Aquí quedan algunhas das imaxes dos artistas que puxeron música a esta 🌿
📸 AIGI BOGA
11/09/2026
🪕 Este sábado hai foliada en Vila de Cruces!
O 12 de setembro, a Eferro Foliada volve encher Merza de música, artesanía, xantares e ganas de bailar.
Eferro forma parte da historia do Castelo Conta: leva anos facendo os zocos que acompañan os nosos Vermús na Taberna e tamén ten pasado por diferentes edicións dos Contos de Castelo. Desta volta, queremos compartir a súa proposta e animarvos a achegarvos á súa festa.
Unha xornada con música desde a sesión vermú ata a noite, con nomes como Mondra, Baiuca ou Os Melidaos, e tamén feira de artesanía e papatoria 🐙
🌿 É un gusto compartir camiño con proxectos que, coma o Castelo Conta, entenden a cultura desde o territorio, a música e o encontro.
10/09/2026
🗣️ Hai pouco máis de dúas semanas comezábamos o . E se hai algo que atravesou esta décimo primeira edición de principio a fin foron as historias das persoas.
Durante cinco días, os Contos de Castelo percorreron diferentes lugares da parroquia e da contorna para escoitar, lembrar, aprender e compartir. Desde Castelo de Abaixo ata Vilaverde, a Eira do Ferrador, Xalo e, por primeira vez, Cabrois, cada encontro puxo o foco nunha parte diferente da memoria e da cultura do lugar 🌿
Comezamos lembrando a Finita Gay, pioneira dos escenarios das orquestras, da man de Xurxo Souto, Tone Martinez e Inma Otero, nunha tarde na que as anécdotas, os cantos e os recordos da veciñanza fixeron que a súa historia volvese soar en Castelo.
En Vilaverde, Josinho da Teixeira e Manolo Maseda puxeron a regueifa no centro e animaron tamén á veciñanza a subir ao palco e probar coa improvisación. Na Eira do Ferrador, Tone Martinez guiou unha conversa sobre baile, artesanía e saberes populares, con Artur Puga, Elena Ferro e Simón, de Clínica Médico Dental Pardiñas.
O xoves foi a quenda de falar dos coidados con Mulleres que Contan, das experiencias das súas protagonistas e de todo aquilo que tantas veces queda sen dicir. E en Cabrois, por primeira vez, os Contos achegáronse ao monte para recuperar mitos, lendas e historias ligadas á natureza.
Cinco días e moitas maneiras diferentes de falar de Castelo. De lembrar o que fomos, de contar o que somos e tamén de pensar no que queremos ser.
💬 Os Contos de Castelo son, sobre todo, un espazo para que a xente tome a palabra e faga que as historias sigan circulando.
📸 AIGI BOGA
10/09/2026
😁 Cal é o sorriso do ?
Na gala dos Castelo Conta houbo monólogos, música, gargalladas e moitas ganas de pasalo ben. E entre todo iso, quedaron tamén uns cantos sorrisos para o recordo.
Temos sete fotos e queremos saber cal é, para vós, o sorriso que máis representa esta noite 👀
Deslizade polo carrusel, escollede o voso favorito e deixádenos nos comentarios o número da foto! 🌿
📸 AIGI BOGA
🎬 E se O traxe novo do emperador fose unha película de sombras?
Na última mañá de Xente Miúda, a cativada puxo en práctica todo o aprendido no obradoiro de cinema de sombras con .
Cartulinas, mans, luces e sombras foron abondo para reconstruír a historia do emperador e dos falsos tecedores que conseguen enganalo cunha tea que, en realidade, ninguén pode ver ✨
E así, entre probas, figuras e moita imaxinación, foron dando forma á súa propia versión deste clásico.
🎥 Aquí tedes o resultado da pequena película que fixeron durante o 🌿
09/09/2026
🎬 E se 'O traxe novo do emperador' fose unha película de sombras?
Na última mañá de Xente Miúda, a cativada converteuse en cineasta da man de Iria Fafián. Despois de experimentar coa luz, as sombras e as posibilidades de crear figuras, chegou o momento de poñer todo o aprendido ao servizo dunha historia.
Escolleron un clásico e fixeron a súa propia versión de 'O traxe novo do emperador', entre cartulinas, mans, luces, sombras e moita imaxinación. ✨
O resultado é unha pequena película feita por elas e eles durante o 🌿
O traxe novo do emperador - Castelo Conta Os nenos e nenas do Castelo Conta 2026 convertéronse en cineastas durante a última mañá de Xente Miúda, nun obradoiro de cinema de sombras.
09/09/2026
🍺 No tamén houbo tempo para coñecer novas maneiras de compartir unha cervexa.
O sábado, durante o vermú, Estrella Galicia acompañounos na praza e levou ata A Lacena Pequena o Huebox, o seu tirador de cervexa pensado para desfrutar na casa da experiencia de servir unha caña como se estiveses no teu propio bar.
Se algo temos claro por aquí é que para montar unha festa non fai falta moito. Ás veces chega con xuntarse, poñer algo na mesa e atopar unha escusa para quedar un anaco máis 🕢
E nós, de escusas para xuntarnos, sabemos un pouco 🤗
📸 AIGI BOGA
04/09/2026
🍽️ Durante a semana do , os fogóns da Taberna enchéronse de talento e gastronomía.
Durante cinco días, dezaseis cociñeiros e cociñeiras pasaron polos Vermús na Taberna para compartir con nós unha pequena parte do que fan durante todo o ano nos seus restaurantes. Houbo quen repetiu, quen xa suma tres anos vindo a Castelo e tamén quen se achegou por primeira vez para descubrir a festa e poñer a súa cociña ao servizo da praza.
Houbo pratos de todo tipo: receitas que combinaban sabores inesperados, propostas pensadas especialmente para a ocasión e outras que, a forza de repetirse, xa forman parte dese menú obrigatorio dos Vermús na Taberna. Diferentes maneiras de entender a cociña, sempre coa vontade de compartir, de probar cousas novas e de poñer en valor o produto 🌰
E detrás de cada prato están eles: Jorge Trigo, Nacho Moreira, Manuel Rodríguez, Begoña Vázquez, Lolo Mosteiro, Paula Martínez, Damián París, Álex Méndez, Bea Sotelo, K**e Piñeiro, Lucía Freitas, Chisco Jiménez, David Vilariño, Patricia Navarrete, Moncho Méndez e Pablo Morales, cociñeiros e cociñeiras que durante estes días deixaron a súa pegada na Taberna e que o resto do ano continúan facendo das súas cociñas lugares aos que merece a pena achegarse.
Agora que a festa rematou, tócanos devolverlles a visita. Se os seus petiscos nos acompañaron durante a semana, A Espiga, La Esquina de Valentina 🥖, Restaurante Co**ha, Playa de A Cova Restaurante & Ocio | Ribeira Sacra, Regueiro da Cova, A Artesa da Moza Crecha, Decanta-t Restaurante, Arrocería Os Cachivaches, illas Gabeiras Restaurante, A Horta do Obradoiro, A Tafona by Lucia Freitas, Culuca Cocina Bar, Taberna Do Campo, Millo Orzán | Restaurante e Habaziro seguen aí o resto do ano para descubrir todo o que teñen que contar a través da cociña 🌿
📸 AIGI BOGA
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Teléfono
Página web
Dirección
Castelo/Folgueira
Culleredo
15139