Concello de Culleredo

Concello de Culleredo

Compartir

Información de servizo e institucional relativa ao Concello de Culleredo. Información de servizo e institucional do Concello de Culleredo

Photos from Concello de Culleredo's post 10/10/2026

🎭✨ A moda, o humor e a reflexión déronse cita onte en O Burgo!

O Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples de O Burgo acolleu onte a obra Alta Costura, da compañía Elefante Elegante.

👗 Un espectáculo que, a través do humor, a ironía e a poesía, convidou ao público a reflexionar sobre todo o que hai detrás da roupa que consumimos.

👏 Grazas a Elefante Elegante por achegarnos esta proposta escénica e a todas as persoas que nos acompañaron nesta cita coa cultura e co teatro.

10/10/2026

📚 Culleredo comeza un novo curso dos seus clubs de lectura!

📖 A primeira sesión, que tivo lugar no Edificio de Servizos Múltiples de O Burgo, estivo dedicada á figura de Miguel González Garcés, coincidindo co 50 aniversario da apertura da biblioteca municipal que leva o seu nome.

Unha homenaxe a este escritor tan vinculado a Culleredo, que atopou en O Portádego inspiración para parte da súa obra.

👏 A concelleira de Cultura, Penélope López, acompañou as persoas participantes e animounas a seguir compartindo a súa paixón pola lectura e a cultura.

❤️ Os clubs de lectura son espazos para compartir historias, intercambiar opinións e descubrir novas perspectivas a través dos libros.

📍 Biblioteca Miguel González Garcés (O Burgo) e Biblioteca Xosé Cardeso Liñares (Vilaboa).

Photos from Concello de Culleredo's post 09/10/2026

🧠💚 Culleredo camiña polo Día Mundial da Saúde Mental

🚶‍♂️O paseo marítimo do Burgo acolleu hoxe unha andaina solidaria organizada por APEM e Concello para reivindicar menos estigmas, máis recursos asistenciais e unha maior empatía

👉 O alcalde, José Ramón Rioboo, sumouse á iniciativa concibida para visibilizar a importancia do benestar psicolóxico

🙏 Grazas a APEM e a todas as persoas que sumaron os seus pasos para seguir rompendo prexuízos 💪

Leo Basanta, el piloto más pequeño de la parrilla que ya levanta pasiones 08/10/2026

🏎️ Leo Basanta, o piloto de Culleredo que con moita paixón e talento xa está a dar moito que falar no mundo do motor

Unha auténtica promesa do automobilismo como o demostra en cada carreira 🏁

Moito ánimo e todo o noso apoio para Leo nesta traxectoria que non fixo máis que empezar! 💪✨

Leo Basanta, el piloto más pequeño de la parrilla que ya levanta pasiones Con 7 años recién cumplidos, el de Culleredo se proclamó subcampeón gallego en la categoría de minimotos

08/10/2026

🛍️ Este domingo hai !

🍅 Alimentos, roupa, accesorios... O noso mercado ten todo o que precisas.

🕙 Achégate a partir das 10:00 horas!

07/10/2026

🎟️ Os convites para o espectáculo Alta Costura de Elefante Elegante, que se representará este venres no Burgo, xa están esgotados.

Grazas polo voso interese!

07/10/2026

🧠 Coidar a túa mente é coidar a túa vida 💚

Con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, o Concello de Culleredo colabora con APEM na organización dunha andaina solidaria e reivindicativa polo paseo marítimo do Burgo 🚶‍♀️🚶‍♂️.

📅 Venres 9 de outubro
📍 Desde o Xardín Botánico do Burgo
⏰ Inicio ás 11:00 coa lectura do manifesto e finalización prevista ás 13:00

🙏 Baixo o lema deste ano, "Fai match na saúde mental", queremos romper estigmas, escoitar e apoiar.

A actividade é totalmente aberta
Infórmate, participa e difunde! 📣

Photos from Concello de Culleredo's post 06/10/2026

🩺 O Centro Ocupacional A Escada acolleu este martes unha charla sobre a menopausa.

👩‍⚕️ Profesionais do Centro de Saúde do Portádego debullaron as claves sobre esta etapa vital.

👏 Desde o Concello agradecemos ao persoal sanitario a súa implicación nesta iniciativa.

Photos from Xuventude Culleredo's post 06/10/2026

Parabéns a todos e a todas! 👏

Aeronave Adolescente, el proyecto del cullerdense Daniel Valcárcel, estará en el Primavera Sound 2027 06/10/2026

🎸 De Culleredo ao Primavera Sound! Aeronave Adolescente, do músico cullerdense Daniel Valcárcel, saltará ao escenario neste gran festival.

🗣️ "Sigo sentíndome preto de Culleredo, é a base que me deu para expresarme"

🗞️ Entrevista en La Opinion A Coruña - laopinioncoruna.es.

Aeronave Adolescente, el proyecto del cullerdense Daniel Valcárcel, estará en el Primavera Sound 2027 Tras publicar su último disco, 'Sueño con salones llenos', el músico de Culleredo traslada a los escenarios su reflexión sobre las inquietudes generacionales, esta vez con una banda completa

¿Quieres que tu organización aparezca en primer lugar en la categoría Servicio Gubernamental en Culleredo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Teléfono

Dirección


Rúa Do Concello, 12
Culleredo
15189

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Culleredo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Suscribirse

Le avisaremos cuando ocurra algo en Culleredo.