Concello do Grove
Facebook Oficial do Concello do Grove
28/09/2026
Obradoiro de "Monicreques de Calcetín"
📌 Venres 9 de outubro, 17.30 h.
📌 Dirixido a público infantil a partir de 4 anos.
👉👉👉 É necesaria inscrición previa na Biblioteca Municipal do Grove, no tfno. 986732341, no email [email protected] ou nas Redes Sociais
28/09/2026
Curso de Introdución á Lingua e á Cultura Galegas.
👉👉👉 Inscricións:
Do 1 ao 15 de outubro na Biblioteca Municipal do Grove
26/09/2026
Gran Gala de Maxia do Grove con:
📌 Mago Josemari. Premio Nacional de Maxia
📌 Mago Nacho Samena. Premio Nacional de Maxia e finalista de Got Talent
📌 Maga Daniela Díaz. Botón de Ouro en Got Talent
📌 Mago Cliff Richards. Maxia en Inglés
📌 Mago Paco
👉Retirada de convites a cambio de alimentos para Cáritas o domingo 27 de setembro
- Casa da Cultura "Manuel Lueiro Rey" de 10.30 a 11.30 h
- Auditorio do Grove, de 17.00 a 18.00 h
Unha ocasión única para g***r coa mellor maxia nacional.
Para público de 1 a 99 anos.
Non faltes!!!
23/09/2026
Cliff the Magician chega ao Auditorio do Grove co seu espectáculo «The Magical Mystery Tour«, show de maxia bilingüe con moita «magic» e humor para toda a familia.
«Join us» nunha viaxe onde todo é posible: risos asegurados e momentos máxicos garantidos. Este espectáculo é apto para persoas de 2 a 99+ anos que desexen desfrutar da boa maxia e rir sen parar.
📌📌📌Retirada de convites a cambio de alimentos para Caritas:
👉Na Biblioteca Municipal do Grove: ata o venres en horario de 10.00 a 13.00 h e de 16.00 a 20.00 h
👉No Auditorio do Grove: o sábado 26 de setembro unha hora antes do comezo do espectáculo
22/09/2026
CURSO DE INTRODUCIÓN Á LINGUA E Á CULTURA GALEGAS
📆O Grove, 22/09/2026.- A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua, coa colaboración do Concello do Grove, vai realizar no mes de novembro un curso dirixido a persoas adultas interesadas na aprendizaxe da lingua e a cultura galegas nun nivel inicial.
Trátase dun curso presencial, de 20 horas, cos que se pretende promover o emprego do galego e o coñecemento da cultura galega en distintos ámbitos da poboación e en todos os contextos da sociedade, dirixíndose particularmente aos novos galegos e galegas provenientes do exterior.
Este curso ten un dobre obxectivo: fomentar a integración e a inclusión sociocultural efectiva das persoas participantes, dado que aprender o idioma do país de acollida é esencial para integrarse con éxito, así como aproveitar o enorme potencial que supón a chegada de persoas de fóra de Galicia como un xeito de incrementar o número de falantes da nosa lingua.
📌📌📌Perfil das persoas participantes:
O curso está dirixido a persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan no ano 2026, que desexen adquirir ou mellorar as súas competencias en lingua galega e os seus coñecementos sobre a cultura de acollida. Non se requiren coñecementos previos de galego, xa que as clases estarán adaptadas a diferentes niveis.
O número máximo de persoas participantes será 20.
📌📌📌Lugar, datas e horarios de realización
O curso impartirase na modalidade presencial do 2 ao 16 de novembro, de 17.00 a 19.00 h, na Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rey.
O alumnado contará con material didáctico.
📌📌📌Inscricións
Para poder participar, será necesaria inscrición presencial na Biblioteca Municipal do Grove entre o 1 e o 15 de outubro, cubrindo unha ficha con todos os datos.
👉As prazas cubriranse por orde de solicitude.
21/09/2026
III Festival de Maxia Solidario
As persoas que desexen asistir a calquera das funcións, deberán retirar os seus convites na Biblioteca Municipal do Grove, a partir do luns 21 de setembro, e deixar, a cambio, alimentos para Cáritas
21/09/2026
O CONCELLO DO GROVE INICIARÁ NO MES DE OUTUBRO UNHA NOVA ETAPA DE ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN LECTORA NA REDE DE BIBLIOTECAS
📆O Grove, 21/09/2026.- O Concello do Grove iniciará no mes de outubro diversas actividades para o fomento da lectura na Rede de Bibliotecas do Grove.
📌 Visitas escolares na Biblioteca Municipal do Grove
Actividades de formación de usuarios/as destinadas ao alumnado de Educación Infantil e Primaria dos centros educativos da vila. Desenvolveranse en dúas modalidades:
• Visita do alumnado ás bibliotecas para achegar a rapazada ao mundo máxico da biblioteca dunha forma lúdica e divertida, coñecendo de primeira man as instalacións, os fondos e o funcionamento dunha biblioteca. Estas actividades veñen acompañadas dalgunha actividade ou taller relacionado coa animación lectora onde escoitarán contos en diferentes formatos e realizarán actividades relacionadas con ese conto.
• Visita da biblioteca aos centros educativos. Actividade de formación de usuarios e animación lectora onde pretendemos achegar a biblioteca e a lectura aos mais pequenos que se realizarán nos propios centros educativos, nas súas bibliotecas.
Estas visitas veñen acompañadas dalgunha actividade ou taller relacionado coa animación lectora onde se len contos en diferentes formatos e se realizan actividades relacionadas co conto lido.
📌Club de lectura “Café con libros” para persoas adultas.
Esta actividade dará comezo o 9 de outubro e reunirá todos os xoves na Biblioteca Municipal a un grupo de lector@s co fin de debater e comentar o mesmo libro, en sesións de unha duración aproximada de hora e media nun ambiente distendido, de respecto, pero sobre todo lúdico, creando un clima de esparexemento que convida a divertirse.
Ademais de potenciar a lectura e o coñecemento da literatura, esta actividade pretende facilitar a socialización das participantes, o crecemento persoal e mellorar a súa calidade de vida dándolles a coñecer a Biblioteca como un equipamento que lles ofrece uns recursos e servizos axeitados ás súas necesidades e intereses e vinculalas a novas contornas, facilitándolles diferentes vivencias e experiencias tales como encontros con autoras e autores, actividades literarias contextualizadas nas propias contornas e o coñecemento da cultura a través de actividades lúdicas.
📌 Clubs de lectura “Peque lectores” e “Os Guays”
Actividades de animación lectora que teñen como obxectivo potenciar a imaxinación e a creatividade, ademais de mellorar o léxico e as formas de expresión. Reúnense cada quince dias para comentar o libro elixido de lectura. Os nenos e nenas son capaces de compartir con outros compañeiros as impresións e emocións xeradas pola lectura dos libros e realizar diferentes actividades.
O club de lectura infantil “Peque Lectores” está dirixido á rapazada de 8 a 10 anos e o club de lectura xuvenil “os Guays” que está dirixido á rapazada de 11 a 14 anos e terán lugar os venres, cada 15 días.
📌 Día da Biblioteca
Ademais de todas estas actividades de animación, a Rede de Bibliotecas do Grove ten preparadas actividades durante todo o mes de outubro para celebrar o Día da Biblioteca (24 de outubro).
👉👉👉 Venres 9 de outubro, ás 17.30 h na Biblioteca Municipal do Grove, a través do programa “Ler conta moito”.
Obradoiro creativo ”Monicreques de calcetín” a cargo de Galitoon e dirixido a público infantil de 4 a 8 anos
👉👉👉 Venres 16 de outubro, ás 17.30 h na Biblioteca Municipal do Grove
Contacontos “Aprendendo a querer” a cargo de Trinketrinke Teatro. Contacontos teatralizado a cargo dos ratos de Lonxedetodo e dirixido a público infantil a partir de 4 anos.
👉👉👉 Venres 23 de outubro, 17.30 h na Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rey”, a través do “Programa + Música” da Deputación de Pontevedra
“Berce do Son” a cargo da violoncellista Susana Blanco en colaboración con Katerina Linke. Trátase dunha proposta musical inmersiva para pequenos de 1 a 4 anos acompañados por un adulto, cunha mestura de instrumentos acústicos enfocada aos mais pequenos. Nesta viaxe inmersiva se misturan obras clásicas con arranxos propios e de doada dixestión para os nenos xunto a creacións propias con sonoridades suaves e divertidas que convidan a bailar, cantar e xogar.
O relato mestura música e peluches e nel ocorren cousas máxicas. animais terrestres e mariños teñen un desexo que parece estar fóra do seu alcance, pero aprenderemos que todos xuntos podemos axudarlles a cumprilos.
👉👉👉 Venres 30 de outubro, 17.30 h na Biblioteca Municipal do Grove
“Quen dixo medo” a cargo de Barafunda. Espectáculo de movemento e clown ambientado nas historias da noite de Samaín con xogos musicais, globos e efectos durante o cal dúas personaxes farán unha terrorífica sesión de sorrisos e a rapazada bailará como e xogará a ser auténticos monstros. Dirixido a público infantil a partir de 5 anos.
📌📌📌As actividades son gratuítas e, para poder participar nelas, é necesaria inscrición previa na propia biblioteca, no tfno. 986732341, no e-mail [email protected] ou nas Redes Sociais
21/09/2026
17/09/2026
O CONCELLO DO GROVE ACHEGA O MUNDO DA DOBRAXE EN GALEGO AOS CENTROS DE ENSINO DA VILA A TRAVÉS DA SEGUNDA EDICIÓN DO PROGRAMA “LINGUA E CINEMA”
📆O Grove, 17/09/2026.- O Concello do Grove, co financiamento do Servizo de Normalización Lingüística E Servizos Lingüísticos da Deputación de Pontevedra, organizou a segunda edición do programa “Lingua e Cinema” para achegar o mundo da dobraxe en galego a todos os centros de ensino da vila.
O proxecto “Lingua e cinema” está dirixido a fomentar o emprego do idioma galego a través de actividades de dinamización e normalización que fomentarán o seu emprego activo e a socialización nesta lingua e que a asocian con valores positivos (modernidade, lecer, diversión).
Ao igual que na primeira edición, o programa contará cun total de 14 sesións do obradoiro teatralizado “Descubrindo a dobraxe” impartidas por Manuel Pombal Pérez, con versións diferentes e adaptadas a cada etapa educativa e a cada grupo.
Cada sesión permitirá ás persoas asistentes coñecer o proceso de dobraxe, experimentando de forma práctica o funcionamento desta disciplina, clave no mundo do cine e da televisión.
A dobraxe constitúe unha ferramenta máxica capaz de captar a atención do público asistente sobre aspectos básicos da lingua e da comunicación oral (como cadencia, ritmo, intención... ). Potencia, ademais, aspectos tan importantes como a concentración e o traballo en equipo; ao tempo que motiva ás rapazas e rapaces -“foren galeg@s ou non”- para se divertiren na nosa lingua.
Manuel Pombal Pérez, profesional con máis de tres décadas de experiencia no ámbito cultural, é coñecido polo seu traballo na dobraxe de personaxes icónicos como Bugs Bunny, Doraemon e Isidoro, ademais da súa colaboración coa TVG no programa 'Larpeiros'.
Estes obradoiros están orientados ao alumnado de educación primaria a partir de 8 anos, secundaria e bacharelato. A iniciativa está dirixida a ámbitos prioritarios ou estratéxicos para a normalización lingüística xa que abrangue, ao mesmo tempo, o ámbito da educación, a mocidade, a infancia e o lecer.
Para favorecer a asistencia do alumnado e facilitar o desenvolvemento do programa, os obradoiros terán lugar nos propios centros educativos da vila e realizaranse nos vindeiros meses: dúas sesións no CEIP Rosalía de Castro, dúas sesións no CEIP A Bizocas, dúas sesións no CEIP Conmeniño, dúas sesión no CEIP Valle-Inclán, dúas sesións no IES As Bizocas e catro sesións (2 para ESO e dúas para Bacharelato) no IES Monte da Vila.
Grazas á colaboración do Concello cos centros educativos de ensino do Grove, o alumnado poderá participar nestas actividades.
16/09/2026
Horario de inverno da Biblioteca Municipal do Grove
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la organización
Teléfono
Página web
Dirección
Praza Do Corgo, 1
El Grove
36980
Horario de Apertura
| Lunes | 09:00 - 14:00 |
| Martes | 09:00 - 14:00 |
| Miércoles | 09:00 - 14:00 |
| Jueves | 09:00 - 14:00 |
| Viernes | 09:00 - 14:00 |
Notificaciones
Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello do Grove publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.