CEIP Plurilingüe O Ramo
Esta é a páxina de Facebook do CEIP O Ramo, é unha plataforma de comunicación para a nosa comuni
Pretendemos intercambiar, comunicar e cooperar en todo o que ten que ver coa educación dos nosos nenos e nenas. Temos vocación de ser un centro de referencia na comarca de Ferrolterra pola nosa filosofía inclusiva e a aplicación do aprendizaxe cooperativo nos nosos alumnos. A autorregulación do alumnado e o logro da autonomía é a nosa máxima. Queremos un alumno aberto ó futuro e creativo, sendo a educación un medio para formar e crecer cada día mais.
19/06/2024
Deixámosvos algunhas recomendacións lectoras para este verán. Esperamos que vos gusten. Recordade que se queredes ver máis grande a imaxe deberedes de premer sobre ela.
RECOMENDADOS DE VERÁN A continuación deixámosvos algunhas recomendacións lectoras para este verán. Esperamos que vos gusten. Recordade que se queredes ver máis gr...
24/05/2024
Os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria, na materia de música, deseñaron e crearon este instrumento musical de percusión con botes de cristal, engadindo auga según a nota que queren que soe...🎵Do re mi fa sol la si🎵....
Todo isto dentro do Plan de Formación de Polos creativos no que o cole está traballando.
24/05/2024
Os alumnos da materia de "Proxecto competencial" de terceiro de primaria, elaboraron un proxecto sobre a educación vial con diversos materiais, estructuras e mbots. Deste modo nutrimos ao noso alumnado de recursos humanos creativos a través do STEM.
https://www.instagram.com/p/C7WwJ4zoMuJ/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==
20/03/2024
👩🔬Para que poidamos coñecer un pouco mellor a mulleres científicas que destacaron polas súas aportacións e descubrimentos, o alumnado de 4° de primaria vainos falar sobre algunhas delas.
Mulleres científicas da historia - O Ramo nas Ondas curso 23-24 - Podcast en iVoox Escucha y descarga los episodios de O Ramo nas Ondas curso 23-24 gratis. Neste podcast o alumnado de 4º de primaria fala sobre mulleres científicas tanto galegas como internacionais que deixaron pegada ao longo da histori... Programa: O Ramo nas Ondas curso 23-24. Canal: Canal de 2023 No cole do R...
15/03/2024
📖Dado que recentemente celebramos o Día de Rosalía, o alumnado de 3° de primaria preparou un recital de poemas que xa podedes escoitar na nosa canle de iVoox de O ramonasondas.
Recitamos a rosalía - O Ramo nas Ondas curso 23-24 - Podcast en iVoox Escucha y descarga los episodios de O Ramo nas Ondas curso 23-24 gratis. O alumnado de 3º de primaria recita poemas de Rosalía de Castro Programa: O Ramo nas Ondas curso 23-24. Canal: Canal de 2023 No cole do Ramo. Tiempo: 11:05 Subido 13/03 a las 09:00:24 125827664
10/03/2024
O alumnado de quinto de primaria cóntavos a orixe do 8M. Clicade neste breve pero moi interesante podcast.
Orixe do 8 de marzo, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER - O Ramo nas Ondas curso 23-24 - Podcast en iVoox Escucha y descarga los episodios de O Ramo nas Ondas curso 23-24 gratis. Alumnado de 5º de educación primaria presenta neste breve podcast a orixe dun día tan sinalado coma o 8 de marzo. Programa: O Ramo nas Ondas curso 23-24. Canal: Canal de 2023 No cole do Ramo. Tiempo: 08:45 Subido 10/03 a las...
01/03/2024
Chegaron días moi especiais❤️, de mandar cartas cheas de agarimo e fermosas palabras. Chegou o buzón do AGARIMO💖
https://www.instagram.com/p/C34nCRXsUBH/?utm_source=ig_web_copy_link
26/02/2024
Queridas familias:
Queremos comunicarvos que hoxe "tristemente" amanecimos cun percance moi desagradable.
Ao chegar ao centro atopámonos co patio de infantil destrozado:
-Xogos revoltos
-Unha mesa tirada coa pata rota.
-Restos de cristais de cascos de vidro.
-Outros desperfectos.
Este non é un feito aillado xa que durante o curso pasado e principios deste tivemos constancia de varias incursións ao recinto por parte de xente allea á comunidade educativa nas que quedan vestixios de actos vandálicos.
Queremos denunciar esta situación xa que todo o que temos e acadamos é a base de moito traballo e esforzo e sempre para beneficio e aproveitamento do noso alumnado.
Pregámosvos máxima difusión e colaboración pola vosa parte para intentar defender o que é noso e que estos actos non se volvan a repetir.
GRAZAS a todos e todas pola vosa colaboración.
15/02/2024
Breixo e o monstro Lume, un libro ilustrado por Soraya García Riveiros e Ángel Mherlo, que foi presentado no concello de Fene coa presenza do noso cole.
O libro, orientado a nenos e nenas entre 3 e 9 anos, está editado en galego e castelán e conta ademais cunha edición espacial conforme ao Protocolo para a intervención psicoeducativa da dislexia e/ou outras dificultades de aprendizaxe.
Deixamos o enlace ao blog de Soraya para que podades ver os seus novos proxectos.
https://laovejaverdecereza.blogspot.com/
07/02/2024
3° Mandato do Señorito Querotodo! 🎉🎊
https://www.instagram.com/p/C3C7S6rstGw/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la escuela/facultad
Página web
Dirección
Rua Pablo Ares Feal 28
Fene
15528
Notificaciones
Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CEIP Plurilingüe O Ramo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.