LaboraTe
Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de LaboraTe, Universidad, Escola Politécnica Superior, Campus de Lugo, Lugo.
O Laboratorio do Territorio (LaboraTe) é un grupo de investigación e docencia integrado por profesores e investigadores de diferentes áreas de coñecemento, onde o territorio en sentido amplo, e especialmente o territorio rural, constitúen o seu principal ámbito de traballo. O feito de estar integrados dentro dunha Escola de Enxeñería, orienta tódalas nosas actividades cara a investigación-acción, é dicir, cara un desenvolvemento integral do medio rural que orixine a mellora da calidade de vida dos seus habitantes.
28/09/2026
🔄 Nace 𝗧𝗘𝗥𝗥𝗔𝗡𝗢𝗩𝗔, un novo Grupo Operativo Supraautonómico que busca mellorar e coordinar o acompañamento ás persoas que queren incorporarse ao sector agrario e ás que preparan a remuda das súas explotacións.
Traballaremos para conectar recursos, servizos e axentes de cada territorio e facilitar procesos de remuda máis integrais, coordinados e adaptados ás necesidades de cada proxecto.
O proxecto desenvolverase en tres territorios piloto: Condado-Paradanta (Galicia), Narcea (Asturias) e Busturialdea-Urdaibai (Euskadi).
📍 Hai uns días celebramos a primeira reunión presencial do proxecto en Oviedo, un primeiro encontro para poñer en común obxectivos e empezar a definir as próximas liñas de traballo.
Toda a información na nosa web ⤵
https://juanadevega.org/nace-o-grupo-operativo-supraautonomico-terranova-para-fomentar-a-remuda-xeracional-desde-un-enfoque-global/
ℹ️ O está liderado pola Fundación Juana de Vega, xunto co GDR Terra e Auga, Red Asturiana De Desarrollo Rural Reader, CIT Asturias, GDR Alto Narcea Muniellos, Amaterra, ADR Urremendi e UPA - Unión de Pequeños Agricultores y Ganaderos, coa colaboración do LaboraTe. Está financiado mediante as axudas para proxectos de innovación de interese xeral por grupos operativos da AEI-Agri, no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027, cofinanciadas nun 80% polo e nun 20% polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación de España.
25/09/2026
Nace TERRANOVA, un nuevo grupo operativo que busca mejorar y coordinar el acompañamiento a las personas que quieren incorporarse al sector agrario y a quienes preparan el relevo de sus explotaciones.
🤝 Trabajaremos para conectar recursos, servicios y agentes de cada territorio y facilitar procesos de relevo más integrales, coordinados y adaptados a las necesidades de cada proyecto.
📍 El proyecto se desarrollará inicialmente en tres territorios piloto: Condado-Paradanta (Galicia), Narcea (Asturias) y Busturialdea-Urdaibai (Euskadi).
La semana pasada celebramos la primera reunión presencial del proyecto, un primer encuentro para conocernos, poner en común objetivos y empezar a definir las próximas líneas de trabajo.
👉 Conoce el proyecto y todos sus objetivos: https://upa.es/nace-el-proyecto-terranova-para-fomentar-el-relevo-generacional-desde-un-enfoque-global/
25/09/2026
A ordenación de usos a debate no Campus Terra USC
Este xoves tivo lugar nas instalacións do Ibader a primeira xuntanza do Grupo de Acción de Ordenación de Usos Agroforestais, liderada polo LaboraTe USC.
Nesta primeira sesión reunímonos unha diversidade de 15 perfís procedentes de empresas, universidades e grupos de investigación, administracións públicas, asociacións e organizacións sectoriais e sociais, e mesmo profesionais independentes.
A vontade de compartir coñecemento e avanzar na procura de novas ferramentas para unha mellor ordenación do territorio galego guiou unha xornada de traballo arredor de dúas actuacións principais:
▪️ A elaboración de propostas de ordenación de usos do solo rústico, propoñéndose dous proxectos piloto: un en dúas parroquias periurbanas e un nunha rural. No primeiro caso abordarase a ordenación do territorio integrando a planificación dos usos agropecuarios e forestais cos valores patrimoniais e ambientais da zona, potenciando a produción agroalimentaria de proximidade. O segundo combinará a ordenación de usos agroforestais coa reorganización da propiedade mediante un procedemento de permutas ou un instrumento de recuperación de terras.
▪️ A creación dun repositorio de recursos sobre ordenación do territorio rural, que reúna normativa, estudos, publicacións, materiais divulgativos e experiencias de referencia desenvolvidas en Galicia.
A xuntanza permitiu poñer en común coñecementos, experiencias e recursos, identificando oportunidades de colaboración e posibles liñas de traballo.
Todas as persoas participantes manifestaron a súa vontade de continuar colaborando no grupo e contribuíndo ao desenvolvemento das actuacións propostas.
Nas próximas sesións ampliarase tamén a convocatoria a outras persoas e entidades interesadas que non puideron asistir a este primeiro encontro. Ademais, quedan por poñer en marcha algúns Grupos de Acción:
▪️ 01/10: Apoio técnico, colaboración, dinamización e redes de iniciativas agrarias – Fundación RIA
▪️ 09/10: Diálogo e cooperación coas administracións públicas – Fundación Juana de Vega
▪️ Proximamente avanzaranse as datas dos grupos de Acceso á vivenda no rural, Reforzo das cadeas de valor locais, e Comunicación e concienciación social.
A adhesión á Alianza e aos Grupos de Acción continúa aberta na web ⤵️ https://lnkd.in/dk__JgY2
Animamos a entidades, profesionais e persoas interesadas a sumarse a este proceso colaborativo e contribuír á construción dun territorio rural máis resiliente.
ℹ️ A é unha rede aberta e inclusiva de persoas e entidades que comparten a necesidade de avanzar cara a unha ordenación e xestión máis activa, sostible e corresponsable do territorio rural galego.
Nace ao abeiro do , unha iniciativa independente impulsada desde a sociedade civil pola Fundación Juana de Vega e LaboraTe USC, en colaboración coa Fundacion RIA, a Fundación Roberto Rivas e o Colexio De Xornalistas.
23/09/2026
GAL:
🤔 Que necesitan os distintos sectores da bioeconomía? A túa experiencia e a da túa rede poden ser de gran valor!
No marco do proxecto POCTEP estamos realizando unha serie de enquisas para coñecer as oportunidades, dificultades e necesidades de apoio dos distintos sectores da bioeconomía en Galicia y el Norte de Portugal.
Pola túa actividade profesional, experiencia e coñecemento destos ámbitos podes ser unha excelente colaboración!
Preparamos os seguintes cuestionarios específicos para cada un deles, cunha duración aproximada de 10 minutos:
👉 Gandería extensiva ➡️ https://lnkd.in/dMVtTVq4
👉 Horta e froiteiras ➡️ https://lnkd.in/dK9NDWcg
👉 Apicultura ➡️ https://lnkd.in/dhGH4ruq
👉 Castiñeiro e oliveira ➡️ https://lnkd.in/dBKtvY8B
👉 Resina ➡️ https://lnkd.in/dC9Ncvyq
👉 Biorresiduos ➡️ https://lnkd.in/dBBeSMjT
Grazas por participar!
Comparte! ↗️
---
ESP:
🤔 ¿Qué necesitan los diferentes sectores de la bioeconomía? ¡Tu experiencia y la de tu red son de gran valor!
En el marco del proyecto POCTEP estamos realizando una serie de encuestas para conocer las oportunidades, dificultades y necesidades de apoyo de los distintos sectores de la bioeconomía en Galicia y el Norte de Portugal.
Por tu actividad profesional, experiencia y conocimiento de estos ámbitos, puedes ser una excelente colaboración!
Hemos preparado cuestionarios específicos para cada uno de ellos, con una duración aproximada de 10 minutos:
👉 Ganadería extensiva ➡️ https://lnkd.in/dMVtTVq4
👉 Huerta y frutales ➡️ https://lnkd.in/dK9NDWcg
👉 Apicultura ➡️ https://lnkd.in/dhGH4ruq
👉 Castaño y oliva ➡️ https://lnkd.in/dBKtvY8B
👉 Resina ➡️ https://lnkd.in/dC9Ncvyq
👉 Biorresiduos ➡️ https://lnkd.in/dBBeSMjT
¡Gracias por participar!
¡Comparte! ↗️
🌱 es un proyecto cofinanciado por el FEDER en el marco del programa Interreg España - Portugal (POCTEP), liderado por Xunta de Galicia en el que participamos la Universidade de Santiago de Compostela, la Fundación Juana de Vega, la CIMAT – Comunidade Intermunicipal do Alto Tâmega, la ADRAT Alto Tâmega y la Universidade Politécnica de Bragança.
18/09/2026
GAL:
🙋♀️ Seguimos enquisando!
No proxecto queremos coñecer as principais oportunidades e as dificultades e apoios existentes para incorporarse en determinados sectores. Desta vez gustaríanos coñecer máis sobre os sectores da castañicultura e da olivicultura. Traballas ou tes experiencia nalgún dos dous sectores?
📝 Participa na enquisa. Levarache menos de 10 minutos!
👉 https://lnkd.in/dBKtvY8B
🌱 O proxecto GREENSEED está financiado polo programa POCTEP.
Grazas por participar!
Comparte! ↗️
---
ESP:
🧏♂️ Seguimos enquisando!
En el proyecto queremos conocer las principales oportunidades y las dificultades y apoios existentes para incorporarse en determinados sectores.
Esta vez nos gustaría conocer más sobre la castañicultura y la olivicultura. ¿Trabajas ou tienes experiencia en alguno de los dos sectores?
📝 Participa en nuestra encuesta. ¡Te llevará menos de 10 minutos!
👉 https://lnkd.in/dBKtvY8B
🌱 El proyecto GREENSEED está financiado por el programa POCTEP.
¡Gracias por participar!
¡Comparte! ↗️
16/09/2026
Enquisa a gandeiros e agricultores para impulsar o emprendemento e a bioeconomía no medio rural - Innova - Campo Galego O proxecto europeo POCTEP GREENSEED lanza unha serie de enquisas dirixidas a profesionais dos sectores da gandería extensiva, a horta e froiteiras, a apicultura, o castiñeiro, […]
14/09/2026
GAL:
🍐Traballas ou tes experiencia na horticultura ou fruticultura?
Queremos coñecer as oportunidades, principais dificultades e que apoios poden facilitar a incorporación de novas persoas e o desenvolvemento de novas iniciativas neses sectores.
📝 Participa na nosa enquisa. Levarache so uns 8 minutos:
👉https://forms.cloud.microsoft/pages/responsepage.aspx?id=LEUNj6S3ZEm4EIw5c3RHex4nt-FVGB5KrDvH8-F6EZ9UNzdONjhVQTNQRkVCQzZWRkhTNzdKWlRBVC4u&route=shorturl
A enquisa forma parte do proxecto GREENSEED, financiado polo programa POCTEP.
Grazas por participar!
Comparte! ↗️
----
ESP:
🍐 ¿Trabajas o tienes experiencia en el sector de la horticultura o de la fruticultura?
Queremos conocer las oportunidades que ofrece, principales dificultades y qué apoyos puede facilitar a la incorporación de nuevas personas y el desarrollo de nuevas iniciativas.
📝 Participa en nuestra encuesta. Solo te llevará unos 8 minutos:
👉 https://forms.cloud.microsoft/pages/responsepage.aspx?id=LEUNj6S3ZEm4EIw5c3RHex4nt-FVGB5KrDvH8-F6EZ9UNzdONjhVQTNQRkVCQzZWRkhTNzdKWlRBVC4u&route=shorturl
La encuesta forma parte del proyecto GREENSEED, financiado por el programa POCTEP.
¡Gracias por participar!
¡Comparte! ↗️
10/09/2026
GAL:
🐂 ¿Traballas ou tes experiencia no sector da gandería extensiva?
Queremos coñecer as oportuniddes que ofrece, principais dificultades e que apoios pode facilitar para a incorporación de novas persoas e desenvolvemento de novas iniciativas.
📝 Participa na enquisa. Levarache soamente uns 8 minutos:
👉 https://forms.cloud.microsoft/e/q5z37fJN7J
A enquisa forma parte do proxecto GREENSEED, financiado polo programa POCTEP.
¡Gracias por participar!
¡Comparte! ↗️
🌱
----
ESP:
🐂 ¿Trabajas o tienes experiencia en el sector de la ganadería extensiva?
Queremos conocer las oportunidades que ofrece, principales dificultades y qué apoyos puede facilitar a la incorporación de nuevas personas y el desarrollo de nuevas iniciativas.
📝 Participa en nuestra encuesta. Solo te llevará unos 8 minutos:
👉 https://forms.cloud.microsoft/e/q5z37fJN7J
La encuesta forma parte del proyecto GREENSEED, financiado por el programa POCTEP.
¡Gracias por participar!
¡Comparte! ↗️
🌱
27/08/2026
Lembrámosvos que o prazo de segunda oportunidade de matrícula remata o 11 de Setembro.
👉 Máis información:
https://laborate.usc.es/aberto-o-prazo-de-matricula-do-novo-master-universitario-en-enxenaria-da-paisaxe-infraestrutura-verde-e-transicion-rural/
🆕 📅 Xa está aberto o prazo de matrícula do novo Máster Universitario en Enxeñaría da Paisaxe, Infraestrutura Verde e Transición Rural, unha proposta formativa da Universidade de Santiago de Compostela orientada a formar profesionais capaces de dar resposta aos grandes retos ambientais e territoriais do século XXI.
O programa combinará coñecementos sobre planificación territorial, restauración ecolóxica, transición verde e desenvolvemento rural.
👉 Máis información:
https://laborate.usc.es/aberto-o-prazo-de-matricula-do-novo-master-universitario-en-enxenaria-da-paisaxe-infraestrutura-verde-e-transicion-rural/
28/07/2026
🔬🌾 Xa se pode concorrer aos Premios de Investigación Rafael Crecente!
O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader Lugo), xunto co Laboratorio do Territorio (LaboraTe) da Universidade de Santiago de Compostela, veñen de convocar unha nova edición destes galardóns, nados para impulsar o talento emerxente e a innovación aplicada ao desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente e a xestión territorial en Galicia.
O prazo para presentar candidaturas permanecerá aberto até o vindeiro 30 de setembro e, como novidade deste ano, farase exclusivamente a través do Rexistro Electrónico da Sede Electrónica da USC co fin de axilizar a xestión das solicitudes.
👉 https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/aberto-ata-30-setembro-prazo-concorrer-ix-edicion-premios-rafael-crecente
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Teléfono
Página web
Dirección
Escola Politécnica Superior, Campus De Lugo
Lugo
27002
Notificaciones
Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando LaboraTe publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.