Lug Open Factory

Lug Open Factory

Compartir

Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Lug Open Factory, Artes visuales, Rua Pintor Corredoira, 4, Lugo.

Lug Open Factory is an open and flexible space that connects and tries to give visibility and projection to entrepreneurs and creative talents in Lugo | Galicia.

09/10/2026

🙌Hoxe dámoslle a benvida a un novo proxecto europeo: VIA, que vai achegar a inclusión e a accesibilidade ao Camiño de Santiago e á Via Appia Antica.

🤝 Da man de Timeducation e desde Lug Open Factory, traballaremos para impulsar un turismo máis inclusivo, accesible e respectuoso coa diversidade.

🌍 Porque todos os camiños deberían estar abertos a todas as persoas!

Photos from Lug Open Factory's post 05/10/2026

🌿 Hoxe participamos no Curso de Guías de Parques Nacionais.

Estamos a participar nesta formación, continuando así coa nosa aposta pola formación continua, a educación ambiental e o coñecemento dos nosos espazos naturais protexidos.

Unha oportunidade para seguir aprendendo, compartir experiencias e adquirir novas ferramentas que nos permitan desenvolver actividades cada vez máis responsables, seguras e integradas no territorio.

🏞️ Seguimos formándonos para seguir facendo do medio natural un espazo de aprendizaxe, respecto e participación.

24/09/2026

🌍 WE ARE LOOKING FOR EUROPEAN VOLUNTEERS TO JOIN US IN LUGO! 🇪🇺

Lug Open Factory is opening a new European Solidarity Corps (ESC) volunteering opportunity as part of our Digitalizing Rural Areas project.

📍 Lugo, Galicia – Spain
📅 1 November 2026 – 31 March 2027
👥 Age: 18–30
⏰ Application deadline: 10 October 2026

For five months, volunteers will become part of the Lug Open Factory team and contribute to projects aimed at improving digital skills and opportunities for young people in rural areas, using technology, Design Thinking, prototyping and non-formal education.

💡 What will you do?

You will work with young people to develop ideas and projects, collaborate in our FabLab, support entrepreneurship initiatives in our coworking space, and take part in communication activities, European projects and rural development initiatives.

You will also have the opportunity to learn and develop practical skills in 3D printing, laser cutting, virtual reality, Design Thinking, communication, entrepreneurship and European project management.

🏠 Accommodation, food allowance and local transport are covered by the programme.

🔎 We are looking for motivated young people interested in areas such as communication, video editing, social media, technology, European projects and youth work. A good level of English and Spanish is required.

This is an opportunity to spend five months in Galicia, join an international and creative environment, develop new skills and use technology and innovation to create new opportunities for rural communities. 🌱💻🇪🇺

👉 Check all the information and apply through the European Youth Portal:

https://youth.europa.eu/solidarity/opportunity/54488_es

21/09/2026

🎉 CURSO DE MONITOR/A DE TEMPO LIBRE EN LUGO | EDICIÓN DE TARDES

Queres conseguir unha titulación oficial, formarte no ámbito do tempo libre e abrir novas oportunidades para traballar con infancia e mocidade? 💙💛

A Escola Rural de Tempo Libre pon en marcha unha nova edición do Curso de Monitor/a de Tempo Libre, homologado pola Xunta de Galicia.

📍 Lugo
📅 Inicio: 26 de outubro de 2026
🕓 De luns a venres, de 16:00 a 20:00 h
📚 200 horas lectivas
🏫 175 horas presenciais + 25 horas en liña
💶 Matrícula: 200 €

✨ Prácticas garantizadas — non terás que buscalas, ofrecémosche posibilidades para realizalas.

💼 Oportunidades de traballo — se o fas ben, poderás optar a traballar como monitor/a nas nosas campañas de verán.

Un curso para aprender, vivir experiencias, coñecer xente e converter a túa formación nunha oportunidade laboral.

👉 INFORMACIÓN E INSCRICIÓN:
Inscríbete aquí: https://www.lugopenfactory.com/gl/portfolios/espanol-curso-de-monitor-a-de-tiempo-libre/

📲 982 023 078
📧 [email protected]

🚀 Prazas limitadas. Reserva a túa!

17/09/2026

📣 CURSO DE DIRECTOR/A DE TEMPO LIBRE — INTENSIVO DE NADAL 🎄🚀

Queres dar un paso máis no mundo do tempo libre, asumir responsabilidades, coordinar equipos e dirixir actividades? Esta pode ser a túa oportunidade! 🙌

🎓 Titulación oficial homologada pola Xunta de Galicia
⏱️ 150 horas lectivas
🏫 100 horas presenciais en Lugo durante o Nadal
💻 50 horas en liña durante novembro
📅 Comezamos o 22 de decembro a parte presencial
💶 Matrícula: 195 € (desconto do 10% se traballache con Vida Lactea)

E ademais queremos que a formación che abra portas de verdade:

🟣 PRÁCTICAS GARANTIDAS — non vas ter que buscalas: ofrecerémosche diferentes posibilidades.
🟢 OPORTUNIDADES DE TRABALLO — se o fas ben, como mínimo durante a campaña de verán ofrecerémosche entrar na nosa bolsa de traballo. ☀️💼

🏡 VÉS DE FÓRA DE LUGO? Podes solicitar aloxamento no noso albergue de balde, con prazas limitadas.

Un curso intensivo para aprender, medrar profesionalmente e prepararte para dirixir equipos e proxectos de tempo libre. 💥

📲 PRAZAS LIMITADAS — ENCHE O FORMULARIO!
🌐 lugopenfactory.com/gl/school/
📧 [email protected]
📱 WhatsApp: 982 023 078

Este Nadal, dá o salto de monitor/a a director/a. 🚀

16/09/2026

🌍🌱 A TÚA VOZ PODE CAMBIAR AS COUSAS… E LEVARTE POR EUROPA! 🇪🇺✈️

Os días 23 e 24 de setembro participa no noso encontro online sobre protección ambiental e participación xuvenil dentro de Youth Hubs of Europe.

💚 Aprende, comparte ideas, coñece outras persoas mozas e fai escoitar a túa voz.

✈️ E ATENCIÓN! PARTICIPAR PODE SER O PRIMEIRO PASO PARA VIAXAR A 🇮🇹 ITALIA, 🇲🇹 MALTA OU 🇲🇰 MACEDONIA DO NORTE e formar parte de novas experiencias internacionais do proxecto.

👉 INSCRÍBETE AQUÍ:
lugopenfactory.com – Join EU Program

⚠️ Ao cubrir a inscrición, elixe a actividade “CERV”.

🌱 Participa. Conecta. Viaxa. Fai Europa! 🇪🇺

16/09/2026

🎉 A ERTL ESTÁ DE VOLTA! 🌿

O vindeiro 1 de outubro comezamos un novo curso na ERTL – Escola Rural de Tempo Libre. Unha nova etapa chea de formación, experiencias, aprendizaxe e novas oportunidades para todas aquelas persoas que queren medrar profesionalmente no ámbito do tempo libre, a educación non formal e o deporte.

📚 Esta nova programación incluirá:

🔵 Cursos de Tempo Libre
🟢 Cursos de Especialización no Tempo Libre
🟠 Cursos de Deporte no Tempo Libre

Novas propostas, novas especialidades e moitas novidades que iremos presentando nas próximas semanas.

📅 Inicio do curso: 1 de outubro
🚀 MOI PRONTO abriremos toda a programación e as inscricións.

Se che interesa traballar con infancia e mocidade, especializarte, adquirir novas competencias ou seguir formándote no sector... este novo curso é para ti.

📲 Consulta o QR da publicación para máis información.

🌱 ERTL – Escola Rural de Tempo Libre
Aprende · Crea · Comparte · Vive!

08/09/2026

🔧 VOLVE A ABRIR O FABLAB DE LUG OPEN FACTORY! 🚀

Despois do verán, o noso FabLab volve poñerse en marcha e xa estamos preparados para dar vida a todas as ideas que veñen. 💡⚙️

Stefano Panzeri, o noso coordinador do FabLab, xa está listo para poñer en marcha as impresoras 3D, tecnoloxías FDM e SLA, as cortadoras láser e todos os espazos de creación e innovación. 🛠️✨

Porque toda gran idea comeza cun primeiro paso…
e aquí estamos para convertela en realidade. 🚀

💭 Que imos crear xuntos?

Photos from Lug Open Factory's post 02/09/2026

📢 Evento de difusión do proxecto

O pasado 7 de xuño tivo lugar o evento de difusión do proxecto ACKKnowledge, dedicado a reflexionar sobre o matriarcado e a súa relación coa mocidade.

👥 Un espazo de encontro, diálogo e intercambio de experiencias para compartir as principais aprendizaxes do proxecto e fomentar unha mirada crítica sobre as relacións sociais, culturais e de xénero entre as novas xeracións.

💡 Grazas a todas as persoas que participaron e contribuíron a facer deste encontro un espazo de reflexión e aprendizaxe compartida.

15/08/2026

🌱🐄 A túa opinión conta!

Como asociados do proxecto LIRES , queremos coñecer a visión das persoas que viven e traballan en Galicia e no Norte de Portugal para identificar retos, necesidades e oportunidades e seguir impulsando novas iniciativas de innovación, cooperación, xuventude e desenvolvemento rural.

📲 Participa na nosa enquisa!
Podes escanear o código QR da imaxe ou acceder ao enlace dispoñible: https://lires.limesurvey.net/674958

💚 Porque para construír o futuro dos nosos territorios, primeiro temos que escoitar ás persoas que forman parte deles.

🇪🇺 LIRES é un proxecto cofinanciado pola Unión Europea a través do programa Interreg España-Portugal - Poctep

¿Quieres que tu empresa aparezca en primer lugar en la categoría Arte Y Entretenimiento en Lugo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Teléfono

Dirección


Rua Pintor Corredoira, 4
Lugo
27002

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Lug Open Factory publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Suscribirse

Le avisaremos cuando ocurra algo en Lugo.