Poi Floid

Poi Floid

Compartir

🅿🅾🅸 🅵🅻🅾🅸🅳
Apertura
Concerto-Limiar
Tránsito Sonoro
DM ⟁ [email protected]

10/09/2026

🚀 **POI FLOïD aterriza en Nigrán!** 🪐

A **Viaxe Interestelar** continúa… e esta vez facemos parada na **Sala Temple Music Club** para vivir unha noite de rock, psicodelia, electrónica e enerxía cósmica. 🌌

🎸 **POI FLOID – Xira Interestelar 26**
📍 Sala Temple Music Club · 𝖤𝗌𝗍𝗋𝖺𝖽𝖺 𝗉𝗈𝗅𝖺 𝗏í𝖺 𝟥𝟪.𝟥𝟨𝟥𝟩𝟢. 𝖭𝗂𝗀𝗋á𝗇
📅 **3 de outubro**
🕚 **23:00 h**

Unha viaxe sonora para saír do coñecido e deixarse levar por unha experiencia onde a música, as luces e a psicodelia se funden nun mesmo espazo.

✨ **Unha nova parada na Viaxe Interestelar. Vémonos en Nigrán.**

👕 **E haberá merchandising de POI FLOïD para levar contigo un anaco desta viaxe.**

🎟️ **Anticipada: 10 €**
🎟️ **Taquilla: 15 €**

02/09/2026

🌌 A Viaxe Interestelar continúa...
Novas coordenadas...
Novos encontros...
A mesma frecuencia...
A viaxe segue abrindo camiño por Galicia:
🛸 03 OUT · Sala Temple Music Club · Nigrán
🛸 17 OUT · Sala Ocean Rock Bar · Vigo
con Jay Doe & Blues Preachers
🛸 11 DEC · Sala Mardi Gras · A Coruña
con Al Borde del Despido
🛸 18 DEC · Sala Urania · Ferrol
POI FLOID · XIRA INTERESTELAR 26 ✨

25/08/2026

🌌✨ Continuamos coa nosa Viaxe Interestelar … ✨🌌

Este sábado 29 de agosto ás 17:40 h atopámonos no Festival da Luz para viaxar xuntos máis alá do cotiá 🌠

Estamos moi agradecidos por ter a oportunidade de formar parte desta expereincia e, sobre todo, con moitísimas ganas de vernos alí, de compartir esta viaxe con vós 🧡

📅 29 de agosto
🕠 17:40 h
📍 Festival da Luz- Escenario da Deputación da Coruña
🤟 Interpretado en Lingua de Signos Española

Grazas por acompañarnos nesta viaxe. 🚀✨

23/08/2026
23/08/2026

Lembranza😍
Xa pasaron dous meses desde aquela noite no Pedra ✨🪐
E a nosa creativa de merchandising quixo gardar este recordo en forma de reel: música, estrada, montaxe, risas, enerxía e toda a maxia que se vive cando Poi Floid sobe ao escenario. 🖤
Un anaquiño daquela viaxe que seguimos levando dentro. 🚀
Grazas a todas as persoas que fixestes posible aquela noite e a todas as que a compartistes con nós.
Seguimos viaxando. Seguimos conectando. Seguimos en órbita. 🛸

21/08/2026

🚀🍷 A Xira Interestelar fai unha nova parada en Salvaterra de Miño! 🪐✨

O próximo 28 de agosto, embarcámonos nunha viaxe cósmica para celebrar a Festa do Viño do Condado do Tea 🌌🍇

Unha noite para brindar, bailar e desfrutar da música 🛸💫

📍 Praza da Constitución, Salvaterra de Miño
📅 28 de agosto

Abrochade os cintos e deixade que a nave despegue…
A Xira Interestelar continúa! 🚀🍷💜


Tonhito de Poi

13/08/2026

✨ QUIROGA, GRAZAS ✨

Grazas de corazón ao Concello de Quiroga por convidarnos a vivir e compartir con vós un día tan extraordinario como o eclipse de Sol 🌑❤️

Foi un encontro, unha experiencia e unha desas noites que quedan gardadas na memoria. Grazas pola acollida, polo cariño, pola enerxía e por facernos sentir tan queridos nun momento tan especial.

O eclipse é ese instante máxico no que a luz e a sombra se atopan, un fenómeno que nos invita a parar, a mirar cara dentro e a tomar conciencia de que formamos parte de algo moito máis grande ca nós mesmos. ✨

E aí é onde Poi Floîd cobra todo o sentido. A través da nosa música e da nosa proposta, buscamos precisamente crear ese espazo de conexión: coa música, co universo, coa natureza e con nós mesmos. Unha viaxe pola conciencia, polo tempo, pola luz e pola escuridade, por todo aquilo que nos transforma e nos fai mirar a realidade con outros ollos.

E que mellor lugar e momento para vivilo que Quiroga, baixo un ceo que nos regalou un espectáculo único. 🌌

Grazas, Quiroga, por facelo posible. Grazas por abrirnos as portas e, sobre todo, por recibirnos con tanto amor e tanto cariño.

Onte non só vivimos un eclipse. Vivimos un deses instantes nos que a música, o ceo e as persoas se aliñan para crear algo que queda para sempre. ❤️

🌑✨🎶

Grazas, Quiroga. Foi inesquecible.

09/08/2026

Hai lugares que acollen a música, a enerxía e ás persoas que veñen compartila. ❤️

GRAZAS, Gondomar, por recibirnos con tanto cariño, por cantar, bailar, sentir e formar parte deste momento tan especial.

Grazas tamén á Concellería de Cultura e á Alcaldía de Gondomar pola súa atención, consideración e por confiar en nós para encher de música un espazo tan fermoso como a Praza de Rosalía. 🌿✨

E queremos facer unha mención moi especial a Juan, que estivo ao noso lado e nos recibiu e acompañou con todo o corazón, cunha disposición e unha vontade marabillosas. Grazas, Juan, por facernos sentir tan ben coidados e tan ben recibidos. ❤️

E outra mención moi especial para A Cunca, Vinoteca con Alma Galega, por recibirnos con tanto agarimo, por coidarnos tan ben e por facernos sentir como na casa. 🍷💚

Foi un auténtico pracer levar ata Gondomar a nosa Viaxe Interestelar e compartila con vós.

Porque a música acontece cando nos encontramos.
E esa noite… aconteceu algo moi bonito. 💫

GRAZAS, GONDOMAR.
Vémonos na próxima viaxe. 🚀❤️

09/08/2026

Hai lugares que acollen cun agarmio inconmensurable a música, a enerxía e ás persoas❤️

GRAZAS, Gondomar, por recibirnos con tanto cariño, por cantar, bailar, sentir e formar parte deste momento tan especial.

Grazas tamén á Concellería de Cultura e á Alcaldía de Gondomar pola súa atención, consideración e por confiar en nós para encher de música un espazo tan fermoso como a Praza de Rosalía. 🌿✨

E queremos facer unha mención moi especial a Juan, que estivo ao noso lado e nos recibiu e acompañou con todo o corazón, cunha disposición e unha vontade marabillosas. Grazas, Juan, por facernos sentir tan ben coidados e tan ben recibidos. ❤️

E outra mención moi especial para A Cunca, Vinoteca con Alma Galega, por recibirnos con tanto agarimo, por coidarnos tan ben e por facernos sentir como na casa. 🍷💚

Foi un auténtico pracer levar ata Gondomar a nosa Viaxe Interestelar e compartila con vós.

A música acontece cando nos encontramos.
E esa noite… aconteceu algo moi bonito. 💫

GRAZAS, GONDOMAR.
Vémonos na próxima viaxe. 🚀❤️

¿Quieres que tu figura pública sea el Figura Pública mas cotizado en Lugo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Página web

Dirección


Lugo
2700X