Caixa Rural Galega
Páxina oficial de Caixa Rural Galega. Información sobre os nosos servizos e actividades.
🌾 CAIXA RURAL GALEGA 🌾
www.caixaruralgalega.gal
Entidade de natureza cooperativa vinculada ao territorio e que promove unha banca de proximidade, moderna, innovadora e dinámica.
✅ Vocación de servizo
✅ Natureza cooperativa e confederada
✅ A fortaleza do local
✅ Compromiso con Galicia
👍 Síguenos en Facebook, Instagram e Linkedin.
🔎 Consulta as normas da comunidade aquí: https://cutt.ly/JwbVDB2C
#caixaruralgalega #comprometidoscontigo #crgalega
02/10/2026
📢 Aviso importante en Allariz! 📢
📍 A nosa oficina de Allariz permanecerá pechada temporalmente por obras de mellora do 5 ao 16 de outubro, ambos os dous incluídos.
📆 Durante este período, o servizo de caixeiro automático seguirá funcionando con normalidade. Ademais, poderedes contactar cos compañeiros e compañeiras da oficina polas canles habituais.
💚 Lamentamos as molestias e agradecemos a vosa comprensión. Estas melloras axudaranos a seguir ofrecéndovos o servizo que merecedes.
02/10/2026
🚀 A tecnoloxía evoluciona, pero hai algo que permanece: o noso compromiso coa seguridade e coa proximidade.
🎤 Jaime López, director de Sistemas de Caixa Rural Galega, repasa case catro décadas de transformación tecnolóxica na entidade, desde os primeiros servidores ata a intelixencia artificial, destacando un reto que hoxe é prioritario: a ciberseguridade.
💼 Traballamos cada día para protexer a información dos nosos clientes, incorporar solucións innovadoras e seguir ofrecendo un servizo próximo, seguro e de confianza en todo o territorio.
📸 La Voz de Galicia
🔗 https://bit.ly/4z4YpwM
01/10/2026
📆 A partir de hoxe, 1 de outubro comeza o horario de inverno nas nosas oficinas.
👉Desde esa data e ata o 31 de maio, atenderémoste de luns a venres en horario de:
🕛 De luns a venres de 08:30 a 14:00 h, e os xoves tamén de 17:15 a 19:15 h (excepto vísperas de festivos)
🔍 Consulta o horario da túa oficina habitual na nosa web ou achégate a visitarnos.
29/09/2026
Mudámonos para seguir estando ao teu carón 💚
Vilalba medra e nós tamén queremos seguir avanzando contigo 🌼 Por iso, a nosa oficina trasládase a unha nova ubicación, un novo espazo desde o que continuaremos ofrecéndoche a mesma atención de sempre, máis preto de ti.
📆 Dende hoxe, 29 de setembro, estaremos á túa disposición no noso horario habitual.
📍 R/ José María Chao, 1
27800 Vilalba (Lugo)
Unha nova oficina. A mesma forma de estar contigo.
Agardámoste nas nosas novas instalacións 💚
💚 Galicia é terra de paisaxes, patrimonio, tradicións e persoas que fan de cada recuncho un lugar único.
📆 Hoxe celebramos todo o que nos fai sentir orgullosos e orgullosas da nosa terra e o valor dun turismo responsable, capaz de impulsar o desenvolvemento local e preservar a nosa identidade.
💡 Sigamos descubrindo, coidando e compartindo Galicia.
💚 Hoxe é o do Grupo Caixa Rural.
Unha xornada para sumar esforzos e apoiar a quen máis o necesita, sempre desde a proximidade e co compromiso de contribuír ao benestar das nosas comunidades ☺️
En Caixa Rural Galega, a nosa achega destinarase ao Banco de Alimentos de Lugo, unha entidade que traballa cada día para loitar contra a fame, a pobreza e o desperdicio alimentario, apoiando a persoas e familias en situación de vulnerabilidade 🫂
Ademais, hoxe o 20 % das pólizas de seguro vendidas polas entidades do Grupo Caixa Rural, Seguros RGA, RSI e o Banco Cooperativo Español destinarase a fins sociais 🌾
Porque cando sumamos esforzos, a solidariedade chega máis lonxe 🤝 💚
🔍 Ser avalista é unha decisión importante.
Moitas veces aceptamos avalar a un familiar ou a un amigo sen coñecer realmente o que implica esa responsabilidade 🧐
💡 Neste novo explicámosche, de forma sinxela, que significa ser avalista e que debes ter en conta antes de asinar.
Xa coñecías as responsabilidades que implica un aval? Cóntanolo nos comentarios 👇
17/09/2026
🎂 Hoxe cumprimos 60 anos 💚
6️⃣ décadas acompañando a Galicia, apoiando proxectos, compartindo ilusións e medrando xunto ás persoas que fan posible cada día.
60 anos de confianza, de proximidade e de compromiso cunha terra que sentimos nosa. Pero, sobre todo, 60 anos de historias compartidas 🫂
Grazas por formar parte delas e por seguir camiñando ao noso lado 🥰
16/09/2026
Hai historias que non se poden contar cunha soa palabra 💚
🎂 Mañá cúmplense 60 anos dende que Caixa Rural Galega foi construíndo a súa historia xunto a persoas, familias, empresas e proxectos de Galicia.
Confianza, proximidade, compromiso, esforzo, futuro… 60 palabras que representan unha parte de todo o vivido durante estas seis décadas 📖
E, aínda así, quedan moitas máis por escribir 🖊
60 anos. 60 palabras. Unha historia construída xuntos e xuntas 💚
11/09/2026
💚 Caixa Rural Galega continúa medrando e reforzando a súa proximidade coa sociedade galega.
📣 Como explica o noso director xeral, Jesús Méndez, a nosa expansión responde a unha planificación meditada e coa vontade de impulsar o noso crecemento con rigor.
A próxima semana abriremos unha nova oficina en Carballo e a nosa expansión continuará cara Ferrol no 2027 📆 Medramos nas cidades, reforzamos a nosa presenza no territorio e seguimos mantendo o que nos define: a proximidade, o compromiso e a atención personalizada.
Porque medrar tamén é estar onde nos necesitas 🌱
📸 La Voz de Galicia
🔗 Máis información: https://bit.ly/46U4cJn
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Página web
Dirección
Montero Ríos, 24-26
Lugo
27002
Notificaciones
Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Caixa Rural Galega publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.