Pants Off
Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Pants Off, Músico/grupo de música, Praza da Constitución, s/n., Lugo.
06/07/2026
GRAZAS!🖤
Sempre dixemos que somos un grupo sen moitas pretensións. Levamos case 20 anos procurando que isto non nos supoña un agobio ou un estrés, unhas veces vivindoo máis intensamente, outras non tanto. Simplemente somos uns (moi) vellos amigos cun gusto musical en común, apaixoados da música, e que desfrutan moito compoñendo as cancións que nos apetece facer (e aprendendo a facelas).
O obxectivo sempre foi claro: ir a onde nos leven estes temas.
A realidade? Un camiño desfrutón, pero con algunhas frustracións e moi poucas oportunidades.
O pasado venres tiñamos diante unha moi gorda, a de tocar en todo un coloso como o Resurrection Fest EG . Compartir cartel con grupos históricos, coñecidos a nivel mundial, que levamos décadas escoitando, nun dos mellores festivais de Europa. E non podía ir mellor! Coa “falta de forma” (normal) de levar máis de dous anos sen tocar en directo, e os nervios que iso contrae, podémosvos asegurar que non nos deixamos medio gramo de forzas para corresponder a confianza da organización.
Sorprendisísimos (e agradecidísimos) da cantidade de xente que se achegou a escoitarnos e á entrega de moitos de vós ás 4 da tarde. ENORMES!
Queremos mandar un agradecemento especial aos nosos amigos que se desprazaron dende A Estrada polo seu esforzo, ao resto de veciños que tamén chegamos a ver dende arriba e a todo aquel que fixo do bolo unha fonte inmensa de enerxía.
Por suposto, grazas tamén a todos os traballadores do festival, así como aos nosos Sete e Alfonso, por facernos sonar a dios, e a Flavia e Álvaro L. Barreiro por encargarse de deixarnos uns recordos preciosos.
Moi agradecidos de poder vivir isto, e vémonos… ata onde queiran as cancións!
Bicos e apertas!
📸: Flavia Macía 🌙
02/07/2026
Todo a punto para mañá ás 15:50h no Chaos Stage Resurrection Fest EG
🤘🏻😎🤘🏻
04/06/2026
Menos dun mes para estar por Viveiro. Nós, xa preparados!
Vémonos no , vémonos no Chaos Stage 🤘🏻🔥
11/05/2026
🏚️ A CASA DOS SOÑOS
15.05.26
11/12/2025
O xullo que vén, tocaremos no
En 2007 xa estabamos alí, diante do escenario, vendo algunhas das nosas bandas favoritas. Daquela Pants Off xa existía, pero ningún de nós pensaba que algún día poderiamos formar parte desa animalada de festival como artistas.
Grazas a todos os amigos e familia, e a toda a xente que nos escoita sen coñecernos, que compartides a nosa música e a valorades positivamente. Para un grupo como o noso, sen grandes pretensións máis alá de facer a música que nos gusta e buscar algunha oportunidade para defendela en directo, aparecer nun cartel debaixo de nomes da historia do rock como Iron Maiden, Marilyn Manson, Sabaton ou de grupos que levamos escoitando toda a p**a vida, como A Day To Remember, Limp Bizkit ou Authority Zero, xa podedes imaxinar o que significa.
Queremos acordarnos tamén do festival A Revolta do Umia (), os nosos veciños de Cuntis, que foron os primeiros en confiar en nós logo do longo parón como grupo. Volver preparar un directo e recuperar esa emoción tan poderosa de tocar xuntos foi crucial para que hoxe esteamos escribindo isto.
E, por supostísimo, mil grazas pola confianza á xente do Resu que tivo que ver nesta decisión 🤘🏻
IMOS CON TODO, VIVEIRO 🖤🔥
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la figura publica
Página web
Dirección
Praza Da Constitución, S/n.
Lugo
27002