Capaces Lugo

Capaces Lugo

Compartir

Capaces Lugo es una asociación sin animo de lucro creada para apoyar a las personas con TEA y trastornos de la comunicación y a sus familias.

Buscamos desmitificar el autismo y darle una visión más real y positiva A Asociación CAPACES LUGO foi constituída o 30 de setembro de 2013 na cidade de Lugo.

É unha asociación sen ánimo de lucro creada para apoiar ás persoas con Trastorno de Espectro Autista (TEA) e trastornos da comunicación (Trastorno Semántico Pragmático, TEL e outros) xa que precisan recursos moi similares no ámbito logopédico e terapéutico. Non consideramos necesario ter un diagnostico definitivo porque cremos que o importante son as persoas e non as etiquetas. Contamos cun amplo elenco de profesionais autónomos que traballan de xeito individualizado co rapaz ou rapaza atendendo as súas necesidades persoais. Cada neno ou adolescente é único, e por iso mesmo o xeito de traballar con eles tamén ten que ser distinto para cada un. Buscamos mellorar a súa calidade de vida e a plena inclusión na comunidade. O noso ámbito é provincial. Somos membros da FEDERACION AUTISMO GALICIA. Estamos inscritos no:

- Rexistro Provincial de Asociacións co número 2013/017935-1.

- Rexistro Municipal de Asociacións de Lugo co número 608.

- Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos da Xunta de Galicia co número E-5988

-Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia co número O-727

Photos from Capaces Lugo's post 03/10/2026

Hoxe estamos en Santiago! 💙

Capaces Lugo participa na xornada "Atendendo á diversidade na aula. Creando redes para a inclusión educativa", organizada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.

Ás 11:25 presentamos o noso traballo no seminario de Trastorno do Espectro do Autismo. Contaremos quen somos, que facemos coas familias e que apoios poden funcionar na aula. Tamén falaremos de experiencias de colaboración cos centros educativos.

Compartimos espazo con ASPERGA, Federación Autismo Galicia, Fundación Lövaas, ASPRONAGA, Fundación Menela e os nosos veciños de Raiolas Lugo. Que gusto coincidir con tantas entidades que traballan polo mesmo!

Grazas á Consellería por contar con nós. A inclusión constrúese entre todos: familias, escola e entidades. 🧩

SumandoEsforzos EducaciónInclusiva Galicia

02/10/2026

Gala Benéfica Bascuas 2026
Entrega da recaudación, 2330 euros para Capaces Lugo 💫

Gran traballo por parte dos organizadores Juan Antonio Yáñez, Mayte Seren, José Manuel Santin e Diego Fernández.

Grazas por facelo posible e contar con nós un ano máis!

30/09/2026

Capaces chega á Mariña 💙

Todo empezou cando Eva Fernández e Eva Rubiños, dúas nais da comarca, se puxeron en contacto connosco. Contáronnos o que viven moitas familias da Mariña: para que os seus fillos e fillas teñan un espazo de lecer adaptado, hai que facer quilómetros ata Lugo cada sábado, ou renunciar a el.

Onte fomos xuntas ao Concello de Foz para presentarlle ao alcalde "Sábados para crecer", o proxecto que desenvolvemos en Lugo e que agora queremos levar á costa. E saímos coa mellor resposta posible: Capaces vai ter sede en Foz, e serán Eva Fernández e Eva Rubiños quen leven a delegación.

O alcalde recoñeceu a necesidade que hai na comarca e comprometeuse a traballar da man de Capaces para que este recurso, que ademais de lecer para os rapaces é conciliación para as familias, chegue á Mariña e teña continuidade.

Grazas ás dúas Evas por dar o primeiro paso, e ao Concello de Foz pola acollida. Seguiremos informando 🌊

Se sodes unha familia da Mariña e queredes saber máis, escribídenos a [email protected]

Autismo Conciliación LecerInclusivo SábadosParaCrecer MenosXuízosMáisApoios

08/09/2026

Graciñas por contar con nós outro ano máis!

Estaremos a partir das 11 co noso punto informativo e co merchandising solidario 🤗

08/09/2026

NOTA DE AGRADECEMENTO: O I Campionato de Mus "Concello de Lugo" suma solidariedade en favor da Asociación CAPACESDesde a Asociación CAPACES, queremos expresar o noso máis sincero e profundo agradecemento ao Concello de Lugo, á organización do I Campionato de Mus e a cada un dos participantes que fixeron posible o éxito deste evento socio-deportivo.Grazas á xenerosidade e o compromiso de todas as persoas implicadas, logrouse unha recadación íntegra de 2.100 euros. Esta importante doazón destinarase por completo a financiar e dar continuidade aos nosos programas de lecer e tempo libre para os nenos, nenas e novas da asociación.O lecer inclusivo non é só diversión; é unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento social, a autonomía e a felicidade dos nosos mozos e mozas. Iniciativas como este campionato demostran que o deporte e a convivencia poden transformarse nun motor de solidariedade exemplar.Grazas de corazón ao Concello polo seu respaldo, aos organizadores polo seu impecable traballo e entrega, e aos xogadores polo seu entusiasmo e solidariedade en cada partida. Xuntos sumamos capacidades.Moitas grazas a todos!

03/09/2026

🤝 ESPAZO SEGURO — por e para as familias

Hai conversas que só se poden ter con quen pasou polo mesmo. Por iso abrimos un espazo de encontro para as familias: para falar sen présa, para escoitarnos e para saber que non estamos soas nisto.

📅 12 de setembro
🕚 De 11:00 a 13:00 h
📍 Centro sociocultural do Concello de Friol

A entrada é libre. Se coñeces a algunha familia á que lle poida vir ben, comparte con ela esta publicación.

Programa de capacitación para a atención a nenos/as con TEA en ámbito rural da Federación Autismo Galicia, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia (0,7% do IRPF) e desenvolvido pola Asociación Capaces Lugo.

26/08/2026

Cinco días en Baleira 🌿

Do 27 ao 31 de xullo, un grupo de rapaces máis maiores de Capaces Lugo marchou de campamento con pernoita: piscina, obradoiros, xogos, ceas longas e moitas horas de convivencia lonxe da casa.

Detrás de cada foto hai cousas que non se ven: facer a maleta un mesmo, durmir fóra, organizarse cos compañeiros, pedir axuda cando fai falta. Autonomía en estado puro, e ademais pasándoo ben.

Durante o campamento recibimos a visita de Elo Lopez , directora xeral de Promoción da Igualdade, que puido ver de primeira man como funciona a actividade e falar cos rapaces e co equipo. Grazas pola visita e polo apoio.

Grazas tamén ao equipo de monitoras e monitores, que fixo posible que todo funcionase, e ás familias por confiar.

Cofinanciado por el Plan Corresponsables. Ministerio de Igualdad, Gobierno de España.

13/08/2026

🔊 Atención! O domingo 6 de setembro xógase o I Torneo Benéfico de Mus Concello de Lugo.

A recaudación será para a Asociación Capaces.

📍 Hotel Méndez Núñez

🕙 10:00 h

💶 Inscrición: 30 €

Hai dous torneos, A e B, con premios dos bos: unha invitación ao Máster Nacional, dúas ao Galego, seis ao Premáster, produtos de Torre de Núñez e trofeos.

Detrás están Lugo Museiros, a Federación Galega de Mus, Gaudeamus e o Concello de Lugo, que se puxeron de acordo para que un día de cartas acabe apoiando as familias de Capaces.

Grazas tamén a Caixa Rural Galega e a Torre de Núñez.

Se xogas ao mus, xa tes plan. E se non xogas, dillo a quen si!

16/07/2026

¿O teu familiar ten autismo e vives na provincia de Lugo?
Desde Capaces Lugo ofrecemos orientación online a familias de toda a provincia de Lugo. Non fai falta desprazarse: unha videochamada pode ser o primeiro paso para resolver dúbidas, atopar recursos ou sentir que non estades soas nisto.
📩 Escríbenos e contámosche como funciona.

Programa de Atención Socio Familiar da Federación Autismo Galicia, subvencionado pola Xunta de Galicia, Consellería de Política Social e Igualdade, e desenvolvido pola Asociación Capaces Lugo.

FamiliasTEA

26/06/2026

Capaces destinará el premio de As Termas Suma a un programa de autonomía para personas con autismo

Los 3.000 euros permitirán poner en marcha VIA: Vida Independiente e Autónoma, una iniciativa que las familias llevan años reclamando.

Capaces Lugo pondrá en marcha el programa VIA: Vida Independiente e Autónoma gracias a los 3.000 euros obtenidos al ganar la sexta edición del concurso solidario As Termas Suma, impulsado por el centro comercial lucense para apoyar proyectos sociales de la provincia.

La entrega del premio tuvo lugar este jueves en las instalaciones del centro comercial y la entidad destinará íntegramente la cuantía a desarrollar una iniciativa que llevaba tiempo pendiente de financiación y que busca ofrecer a jóvenes y adultos con Trastorno del Espectro Autista experiencias reales de autonomía en entornos normalizados.

Desde Capaces destacaron la importancia de esta ayuda para hacer realidad un proyecto muy demandado por las familias de la asociación. "Este premio supone un gran impulso. Para las familias que formamos esta asociación, VIA no es solo un proyecto bonito sobre el papel: es algo que necesitamos de verdad", señaló la secretaria de la entidad, Ángeles Fernández Núñez.

"Que iniciativas como As Termas Suma existan y apoyen a entidades pequeñas como la nuestra marca una diferencia real", añadió.

¿Quieres que tu organización aparezca en primer lugar en la categoría Organización Sin Fines De Lucro en Lugo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Dirección


Montefaro Nº2, Casa Maria Mariño, Local 1
Lugo
27003

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Capaces Lugo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Suscribirse

Le avisaremos cuando ocurra algo en Lugo.