CIFP As Mercedes
Centro Integrado de Formación Profesional As Mercedes
03/10/2026
Gran peche de tempada do equipo Cifp As Mercedes- AlonsoListe no Puig Major (Mallorca), conseguindo o 2.º posto da categoría, a tan só 3 décimas dun vehículo de categoría superior.
Un resultado que confirma o gran traballo realizado durante toda a tempada no Campionato Europeo de Montaña e o potencial dun coche que seguimos desenvolvendo para facelo cada vez máis competitivo e loitar pola cabeza do Europeo.
Parabéns a todo o equipo AlonsoListe! Desde o CIFP As Mercedes, orgullosos de formar parte deste proxecto.
.
02/10/2026
Estamos listos.
30/09/2026
Esta semana estamos a desenvolver as xornadas de difusión dos proxectos Erasmus+ SEPIE
O Equipo de Internacionalización do CIFP As Mercedes está trasladándolle a todo o noso alumnado a información relativa ás posibilidades de realizar unha mobilidade no estranxeiro, todo elo encadrado no seo da estratexia de internacionalización do centro.
📢IMPORTANTE: hoxe día 30 de setembro ás 19:00 horas terá lugar, no salón de actos do centro, unha charla informativa para familias interesadas. Agardámosvos!
28/09/2026
Da FP galega á excelencia mundial. Héctor Sánchez conseguiu en WorldSkills unha das cinco Medallas de Excelencia acadadas por España. Talento, formación e futuro que demostran ata onde pode chegar a nosa FP
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2026/09/17/quiero-mancharme-manos/0003_202609S17C4991.htm
28/09/2026
O alumnado do segundo curso do ciclo superior de xestión de vendas e espazos comerciais visitaron as instalacións de Inditex en Arteixo, onde tiveron a oportunidade de coñecer o proceso de deseño das prendas e a súa confección, así como a forma de colocalas nas tendas, os escaparates e tamén da preparación de pedidos nas ventas online.
Moitas grazas a Inditex People por recibirnos un ano máis nas súas intalacións.
📢Dende o 28 de setembro ao 2 de outubro celebraremos a semana de difusión de programas internacionais no CIFP As Mercedes
Podes consultar no teu ABALAR o día e a data na que estás convocado/a. Ademais, o día 30 de setembro ás 19:00 levarase a cabo unha actividade de difusión de programas Erasmus+ para todas as familias interesadas que queiran ter información de primeira man.
O Equipo de Internacionalización do CIFP As Mercedes está á túa disposición. Agardámoste!
20/09/2026
Alonso Liste tuvo que recorrer 25.000 kilómetros para acabar tercero en su categoría en el Europeo de montaña El lucense acabó dentro del top 10 en la clasificación general de montaña
20/09/2026
🏁 Gran final para Alonsoliste e para o equipo do CIFP As Mercedes no Campionato Europeo de Montaña
Remata en Croacia o Campionato Europeo de Montaña, cun excelente resultado para o noso piloto colaborador Alonsoliste, que pecha a tempada cun 3.º posto na súa categoría e 10.º posto na clasificación do Campionato Europeo.
Detrás destes resultados hai moito traballo, dedicación e ilusión. Queremos destacar especialmente o traballo excepcional realizado por todo o equipo na mellora e posta a punto do coche, demostrando unha vez máis que a preparación técnica, o traballo en equipo e a capacidade de evolución son fundamentais no mundo da competición.
Desde o CIFP As Mercedes queremos agradecer a Alonso Liste a súa colaboración co noso Ciclo de Competición, así como a súa disposición para compartir coa comunidade educativa a súa experiencia e coñecementos.
Esta colaboración permite aos nosos alumnos e alumnas achegarse á realidade profesional da competición, aprender sobre tecnoloxía, mecánica, preparación de vehículos, traballo en equipo e resolución de problemas en situacións reais. En definitiva, contribúe a mellorar a súa formación e a conectar a aula co mundo profesional.
👏 Parabéns, Alonso, polo resultado e grazas por seguir formando parte deste proxecto.
Seguimos aprendendo, evolucionando e competindo.
CIFP As Mercedes – Formación que mira cara ao futuro.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Contactar con la empresa
Teléfono
Página web
Dirección
Avenida De Madrid, 75
Lugo
27002
Notificaciones
Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CIFP As Mercedes publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.