Concello de Mos

Concello de Mos

Compartir

Páxina oficial do Concello de Mos

Nesta páxina poden coñecer en profundidade a localidade mosense a través das publicacións de novas e axenda diarias que informan pormenorizadamente sobre a actualidade municipal.

24/09/2026

🎙️ , alcaldesa de Mos, en Plató Aberto de .

Os Orzamentos de 2027, o Novo Rebullón, a AP-9, a A-55 e outros asuntos de actualidade de Mos, na entrevista completa.

▶️ Podes vela aquí: https://youtu.be/e6LkHWS6DR8

23/09/2026

🇬🇧 Inglés extraescolar para Primaria | Curso 2026/2027

O Concello de Mos, a través da Concellería de Educación, ofrece novamente esta actividade nos cinco centros públicos de Primaria do municipio.

📚 Clases dunha hora
👩‍🏫 Profesorado bilingüe
👥 Grupos reducidos
💶 5 € ao mes por alumno/a
📅 De outubro de 2026 a maio de 2027

📍 Atín · Petelos · Martínez Alonso · Pena de Francia · Mestre Valverde Maio

👉 Para consultar horarios e información sobre a inscrición, as familias poden contactar coa ANPA do seu centro, coa Concellería de Educación ou directamente con AVANZA Servicios Escolares:

📧 [email protected]

Photos from Concello de Mos's post 23/09/2026

José García Costas recibe a Medalla da Orde da Cámara de Comercio de España

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo | Alcaldesa y Senadora acompañou hoxe a José García Costas na entrega da Medalla da Orde da Cámara de Comercio de España, nun acto celebrado en Vigo no marco do 140 aniversario da camarapvv .

Unha xornada especial para unha institución que leva 140 anos acompañando e representando o tecido empresarial, e na que tamén se recoñeceu a traxectoria de García Costas á fronte da Cámara.

Desde o Concello de Mos quixemos acompañalo neste momento e compartir con el e coa institución cameral esta celebración.

Parabéns, José García Costas, por esta merecida distinción, e parabéns á Cámara polos seus 140 anos de historia.

23/09/2026

O Concello de Mos informa da celebración do funeral por Don Justo José González Ballesta, exalcalde de Mos e exdeputado do Parlamento de Galicia.

Será hoxe, mércores 23 de setembro, ás 20:30 horas, na Igrexa Parroquial de San Mamede de Petelos.

22/09/2026

Hoxe, no FARO DE VIGO

D.E.P. Ballesta.

21/09/2026

O Concello de Mos manifesta a súa dor polo pasamento de Don Justo José González Ballesta, alcalde de Mos nos períodos 1986-1989 e 1991-1997.

Desde o Concello queremos trasladar o noso cariño e acompañamento á súa familia, amizades e a todas as persoas que compartiron con el anos de vida e compromiso con Mos.

Descansa en paz, Justo.
O noso cariño e respecto á súa familia e seres queridos.

¿Quieres que tu organización sea el Servicio Gubernamental mas cotizado en Mos?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Dirección


Rúa Reguengo S/n/Saída 660
Mos
36416

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00