CoeduContando

CoeduContando

Compartir

Contamos historias, creamos cambios. Formaciones, talleres y recursos para la Educación en Igualdad.

Photos from CoeduContando's post 27/09/2026

ANDAMOS POR AQUÍ, ANDAMOS POR ALÁ... E A AXENDA ESTÁ QUE BOTA FUME! 🔥

Estes días andamos de aquí para alá levando historias, contacontos, espectáculos, obradoiros e propostas de igualdade e corresponsabilidade a diferentes lugares.

E detrás de moitas destas actividades hai tamén profesionais que forman parte da nosa rede de colaboración, porque en Coeducontando nos gusta sumar talentos, ideas e maneiras diferentes de contar.

Así que... mira onde andamos os próximos días.
E se queres que a próxima parada sexa no teu centro, na túa ANPA, no teu concello ou na túa asociación, escríbenos!

📩 [email protected]

E ti... onde queres que sexa a próxima parada? 📌

Photos from CoeduContando's post 26/09/2026

ADestrando Dragóns Corresponsables

E se adestrar dragóns tamén servise para aprender a compartir responsabilidades?

Nesta actividade convertémonos en adestradoras e adestradores de dragóns para traballar habilidades como a comunicación, a coordinación, a creatividade e o traballo en equipo.

Pero hai algo aínda máis importante que aprender a voar, lanzar lume ou vencer monstros... 🐲

Aprender que as tarefas da vida diaria tamén son cousa de todas e todos.

A través do xogo, repartimos tarefas, tomamos decisións, traballamos en equipo e descubrimos que a corresponsabilidade non significa «axudar» na casa: significa compartir as responsabilidades.

Esta vez levamos a nosa expedición de dragóns ata o CEIP Manuel Murguía da Coruña, da man da súa ANPA As Lavandeiras. 💜



ANPA As Lavandeiras del CEIP Manuel Murguia

Photos from CoeduContando's post 25/09/2026

REAL OU FAKE?

Serías capaz de distinguir un dato real dun completamente falso?

Esta semana estreamos unha das novidades de Coeducontando no CEIP Manuel Murguía da Coruña, da man da súa ANPA As Lavandeiras.

Un xogo para poñer a proba o que cremos saber, sorprendernos, reflexionar e, sobre todo, aprender a cuestionar cousas que damos por certas.

Porque detrás de cada real ou fake hai unha oportunidade para pensar, investigar e mirar as cousas desde outro punto de vista.

E si... houbo máis dunha sorpresa! 😏

Real ou Fake? é unha actividade para alumnado a partir de 5o de primaria (tamén para alumnado da ESO) que combina xogo, pensamento crítico e feminismo.

Unha das novas propostas que se incorporan este curso ao universo de Coeducontando. 💜

ActividadesEducativas

Photos from CoeduContando's post 21/09/2026

PONTE NO MEU LUGAR

O pasado venres estivemos no CEIP As Mercedes, da man da súa ANPA Pía da Casca, cunha ginkana para descubrir que significa realmente a corresponsabilidade.

A través de xogos e retos, o alumnado púxose no lugar de quen se ocupa da colada, da lista da compra, de recoller, varrer ou fregar os cacharros.

E tamén cargamos cunha mochila moi especial: a carga de quen se ocupa de todo sen contar coa colaboración do resto da familia.

Porque hai tarefas que facemos todos os días e que ás veces pasan desapercibidas. Pero tamén son traballo.

E unha pregunta para reflexionar:

👀 Quen fai a maior parte destas tarefas invisibles?

A corresponsabilidade non é «axudar» na casa.
É compartir as responsabilidades. 💜

Igualdade

Photos from CoeduContando's post 18/09/2026

Entramos na madrigueira de Beatrix!

Esta semana estreamos unha das novidades de Coeducontando: "A madrigueira de Beatrix · Dixit de Corresponsabilidade".

Unha proposta na que xogamos, imaxinamos, contamos historias... e falamos de corresponsabilidade e igualdade.

Porque ás veces unha imaxe pode levarnos a unha historia inesperada. E unha historia pode facernos pensar en como repartimos as tarefas, os coidados e as responsabilidades no noso día a día.

Nesta ocasión, a aventura foi grazas á ANPA O Areal do CPR Sagrado Corazón de Celanova. 💜

Unha nova forma de traballar a coeducación a través do xogo, da creatividade e da imaxinación.

E esta é só unha das novidades que temos preparadas para este curso.

📩 Se queredes coñecer esta e outras propostas de Coeducontando para o voso centro, ANPA ou concello, escribídeme!

Corresponsabilidade ActividadesEducativas

Photos from CoeduContando's post 17/09/2026

E se aos nenos lles ensinamos que tamén poden chorar?

Esta semana "Os nenos tamén choran" estivo de viaxe!

Primeiro visitamos o ANPA Venvipa do CRA de Monterrei e despois estivemos co ANPA O Areal do CPR Sagrado Corazón de Celanova.

A través de historias, preguntas, diálogo e moita participación, falamos de emocións, de coidados, de empatía e deses estereotipos que, ás veces, ensinan aos nenos que hai emocións que non deben mostrar.

Porque chorar, ter medo, pedir axuda, dar un abrazo, coidar ou dicir o que sentimos non nos fai menos fortes.

E porque educar en igualdade tamén significa ofrecerlles aos nenos a liberdade de sentir, expresar, coidar e ser coidados.

Dúas sesións, dous lugares e moitas conversas compartidas. 💙

Os nenos tamén choran. E está ben que así sexa.

EducaciónEmocional Corresponsabilidade

13/09/2026

⚠️ AVISO IMPORTANTE: estas actividades poden crear adicción.

Efectos secundarios frecuentes:
😂 risas
🧠 aprendizaxe
🔎 curiosidade
💜 ganas de repetir

E non hai antídoto coñecido. 😜

En Coeducontando deseñamos experiencias coeducativas para nenas e nenos de 3 a 18 anos e para as súas familias: xogos, contacontos, obradoiros, espectáculos, escolas de familias, escape rooms... propostas para xogar, pensar, descubrir, cuestionar e compartir.

🏫 Para centros educativos
👥 ANPAS
🏛️ Concellos
📚 Bibliotecas
🤝 Asociacións

💊 Posoloxía recomendada: a máxima dose posible durante todo o curso.

📩 [email protected]
🌐 www.coeducontando.com

Photos from CoeduContando's post 13/09/2026

Falamos?

Esta semana volvemos falar de comunicación, confianza, infancia e adolescencia nunha nova Escola de Familias da man da Anpa Rubiá

Porque cando os fillos e as fillas medran, a maneira de comunicarnos con eles tamén ten que cambiar.

Falamos de cambios de humor, conflitos, autonomía, confianza e de como conseguir que saiban que poden acudir a nós cando algo lles preocupa, tamén cando están nunha situación difícil.

Pero esta é só unha das Escolas de Familias de Coeducontando.

Ao longo do curso podemos falar tamén de temas como:

🔹 Sexualidade e pornografía
🔹 Igualdade e coeducación na familia
🔹 Corresponsabilidade
🔹 Xestións das TICS

Sempre desde unha perspectiva participativa, próxima e práctica: falando, xogando, facendo preguntas, poñéndonos en situacións e, sobre todo, pensando xuntas e xuntos.

Porque unha escola de familias non ten por que ser unha charla na que alguén fala e o resto escoita.Pode ser un espazo para falar do que realmente nos pasa na casa.

Se desde a vosa ANPA, centro educativo ou concello queredes organizar unha Escola de Familias, escribídeme e cóntovos as propostas dispoñibles.

Photos from CoeduContando's post 10/09/2026

Ágatha xa comezou as súas viaxes no tempo!

E este é só o primeiro de moitos viaxes que fará ao longo deste curso 2026-2027.

Nas súas aventuras, Ágatha vai descubrindo ás súas amigas: mulleres que deixaron a súa pegada na historia e que teñen moitas cousas que contarnos.

A primeira programadora da historia. 💻
A escritora da saga de libros máis famosa do mundo. 📚
A única persoa que gañou dous Premios Nobel en dúas categorías diferentes. 🏆
A persoa máis nova en recibir un Premio Nobel. 🌍
A pirata que desafiou as normas do seu tempo. 🏴‍☠️..e moitas máis!

Cada viaxe é unha nova caixa, unha nova historia e unha nova muller por descubrir.

No CEIP de Baltar, da man da súa ANPA, Ágatha abriu unha das súas caixas da sabedoría e comezou unha nova aventura.

Porque hai historias que merecen ser contadas.
E mulleres que merecen ser coñecidas. 💜

Ágatha e as caixas do saber.
Unha viaxe no tempo para coñecer, descubrir e xogar.

MulleresQueContan

08/09/2026

Una aventura para descubrir la ciencia, conocer a mujeres que hicieron historia y trabajar la igualdad mientras jugamos, investigamos y nos divertimos.

Trabajamos en Galicia y Provincia de Zamora.
Para centros educativos, AMPAS, bibliotecas, ayuntamientos....

Más información y actividades en www.coeducontando.com
Empresa especializada en actividades coeducativas.

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Orense?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Página web

Dirección


Orense

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CoeduContando publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Subscribir

Le avisaremos cuando ocurra algo en Orense.