Club Baloncesto Rio Ulla
Club Baloncesto Rio Ulla. Dende 1985 disfrutando do baloncesto.
04/07/2025
Hoxe, as compoñentes dos equipos xúnior e cadete foron recibidas no Concello de Pontecesures pola súa alcaldesa, Maite Tocino, quen quixo darlles a noraboa pola excelente tempada realizada.
As xogadoras do equipo xúnior celebraron o ascenso e a consolidación da súa praza na Liga Galega, voltando a disputala na temporada 2025-26; mentres que as cadetes acadaron a tan desexada praza nesta competición hai 1 mes despois dunha tempada chea de éxitos.
A alcaldesa tamén quixo destacar o enorme esforzo realizado por todas elas, compatibilizando os adestramentos coas obrigas académicas e o tempo de lecer. Agradeceu tamen o traballo de adestradores e directiva do club; así coma o esforzo das familias destas rapazas.
Por parte do club, damos por rematada esta tempada 2024-2025 agradecendo, un ano máis, a todas as persoas que forman esta gran familia que é o CB Río Ulla.
Grazas por facer posible unha tempada inesquecible!
03/07/2025
⸻
Este mes de xuño toda esta rapazada estivo de cumpreanos… moitísimos parabéns! 🎂🎈 Que cumprades moitos máis cheos de ledicia, ilusión e moitas lambetadas.
18/06/2025
15/06/2025
Un día de celebración! Onte as nosas xogadoras xunior e cadete puxeron fin a unha tempada chea de éxitos. As xunior lograron conservar a súa praza na liga galega, e as cadetes, cunha tempada impecable , tamén acadaron a tan ansiada praza na máxima categoría galega.
Non podemos esquecer o papel fundamental de Antonio e Víctor: a eles tamén lles damos os parabéns por estes logros. Grazas por regalarnos tantos momentos de baloncesto e por facernos g***r cada día. Chega o momento de descansar e coller folgos para a seguinte tempada. 1, 2, 3, Río Ulla!
14/06/2025
Hoxe as nosas infantís M celebraron un amigable contra o CAB Pontevedra, onde primaron o bo xogo, a deportividade e, sobre todo, o compañeirismo. O marcador final foi favorable ás nosas cun 70-60. Moi ben xogado por ambos equipos. 1, 2, 3 Río Ulla! 💪🏀
13/06/2025
03/06/2025
Este sábado, as nosas cadetes xogarán en Santiago de Compostela o ascenso á liga Galega. Despois dunha tempada de 10 ,só podemos desexarlles a desexada vitoria e, sobre todo, que disfruten da experiencia. 1, 2, 3 Rio Ulla
02/06/2025
CB Rio Ulla 66 - CB Vilanova 55
Último partido do ano parano equipo senior masculino, no cal logrou a victoria, sendo superior durante todo o partido.
En resumo, gran temporada deste equipo senior masculino, que a pesar dos resultados, logrou competir durante todos os partidos.
Destacar tamén a despedida do capitán Isma Llerena, que con este partido, foi o seu último coa camiseta do CB Rio Ulla. Un pracer
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contactar con la empresa
Dirección
Puentecesures
Notificaciones
Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Club Baloncesto Rio Ulla publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.