CEIP de Quiroga

CEIP de Quiroga

Compartir

Páxina dirixida á comunidade educativa do CEIP de Quiroga co obxectivo de facilitar información d

03/10/2026

Menú de outubro do comedor escolar.

Photos from CEIP de Quiroga's post 03/10/2026

O venres, día 2 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de primaria participou na IX Andaina Escolar polo Camiño de Inverno. Foi unha xornada moi especial, na que preto de 2100 alumnos/as e profesores/as compartiron camiño, convivencia e aprendizaxe, achegándose ao noso patrimonio e ao significado do Camiño de Inverno.

29/09/2026

Unha xornada diferente chega ás aulas! 🌰🎶

O 6 de novembro, dentro do horario lectivo, os nenos e nenas participantes vivirán unha experiencia para coñecer, experimentar e descubrir.

🌰 Caurelor fará unha presentación para dar a coñecer o seu traballo e, ademais, achegará os seus produtos para que os nenos e nenas poidan coñecelos de primeira man.

🎶 Fundación Legar presentará diferentes instrumentos da música tradicional galega, explicará como son e como se tocan e, despois… os propios nenos e nenas poderán tocar os instrumentos xunto con eles!

Unha actividade de Descubrir Quiroga para aprender, participar e desfrutar dunha xornada diferente no cole.

⸻

¡Una jornada diferente llega a las aulas! 🌰🎶

El 6 de noviembre, dentro del horario lectivo, los niños y niñas participantes vivirán una experiencia para conocer, experimentar y descubrir.

🌰 Caurelor hará una presentación para dar a conocer su trabajo y, además, acercará sus productos para que los niños y niñas puedan conocerlos de primera mano.

🎶 Fundación Legar presentará diferentes instrumentos de la música tradicional gallega, explicará cómo son y cómo se tocan y, después… ¡los propios niños y niñas podrán tocar los instrumentos junto a ellos!

Una actividad de Descubrir Quiroga para aprender, participar y disfrutar de una jornada diferente en el cole.

24/09/2026

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE 5º E 6º SOBRE O PROXECTO DE EDUCACIÓN DIXITAL E-DIXGAL

espazoabalar.edu.xunta.gal

Photos from CEIP de Quiroga's post 21/09/2026

🧩📚 Obradoiro de elaboración de pasatempos en 6º de Primaria

O pasado venres 18, o alumnado de 6º de Educación Primaria participou nun divertido e creativo obradoiro de elaboración de pasatempos, impartido pola escritora Celia Díaz Núñez. ✍️✨

Ao longo da actividade, as nenas e os nenos puxeron a proba a súa imaxinación, creatividade e coñecementos para crear os seus propios pasatempos, ao tempo que gozaron da lingua galega dunha maneira lúdica e participativa. 🧠🔎

A actividade foi organizada polo Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Quiroga, ao que agradecemos esta iniciativa e a oportunidade de achegar o alumnado á creación literaria e ao uso do galego. 💙

Moitas grazas, Celia, por compartir connosco a túa creatividade! 😊

21/09/2026
12/09/2026

Promover hábitos alimentarios saudables no almorzo de media mañá durante o recreo.
Desde este ano implantaremos tamén na etapa de Primaria as chamadas merendas saudables que desde hai anos fan na etapa de Infantil. Consideramos que é moi necesario nos tempos que corren que o alumnado sexa consciente da importancia dunha alimentación equilibrada e saudable. Se é así no comedor escolar e na etapa de infantil pensamos que temos que ser consecuentes con esta idea tamén durante os seis anos de Primaria polo ben do noso alumnado.

08/09/2026

Menú de setembro do comedor escolar:

07/09/2026

A partir do mércores día 9 de setembro comenza o servizo Madrugadores.

¿Quieres que tu escuela/facultad aparezca en primer lugar en la categoría Escuela/facultad en Quiroga?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Teléfono

Dirección


R/Río Lor, S/N
Quiroga
27320

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CEIP de Quiroga publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Suscribirse

Le avisaremos cuando ocurra algo en Quiroga.