Oscar Rial. PSdG Rianxo
Páxina destinada á información dos veciños e veciñas de Rianxo. Voceiro do PSdG de Rianxo
Neste espazo aportaremos toda a información referida as novas do noso proxecto e traballo, así como a nosa forma de percibir as politica, sobre todo no ámbito Municipal.
Viva a Guadalupe!! Viva Rianxo!!.
Onte cantamos o Páxaro Pinto. 💙
Emociona ver a toda a veciñanza unida, mantendo viva unha tradición que perdura no tempo.
Hoxe, nas bengalas 🎇, volveremos cantar xuntos a Rianxeira. ✨
Alma xa é parte de Feiron Mariñeiro, ou o Feirón xa é parte dela.
Alegrámonos en todo caso que nos transmita esa enerxía no "Pajaro Pinto".
17/09/2026
Hai detalles que non teñen prezo. ❤️
Grazas, Rosa, por este detalle tan bonito para a Familia Rial Costas. 😍🤗
Fíxome moita ilusión. Como me gustou!! ❤️
15/09/2026
Co sorriso sempre. Porque a felicidade non ten por que ser complicada. 😊
Antonio posa para os paparazzis… e hai que dicir que o fai ben. 😉📸
Hoxe, celebrando o Día de Padrón. 🤗
14/09/2026
Rianxo!
Onte os fogos artificiais iluminaron o ceo de Rianxo.
🤗 Domingo de Guadalupe
12/09/2026
Hoxe Rianxo recoñece a Moncho «o Xixi» coa Medalla de Ouro, en recoñecemento á súa longa achega ás Festas de Guadalupe e ao tecido asociativo, deportivo e social do noso concello.
Un recoñecemento que, dalgún xeito, tamén fala de moitas outras persoas.
Da súa familia, que seguramente estivo sempre aí.
Da Comisión de Festas e de todas as persoas que ao longo dos anos o acompañaron.
E tamén das distintas Corporacións municipais que, cada unha no seu momento, contribuíron a apoiar e facer posible ese traballo.
Porque os recoñecementos individuais tamén poden ser recoñecementos colectivos.
Grazas, Moncho.
Que importante é ter memoria. Lembrar, valorar e poñer en primeiro plano ás persoas que, durante anos, dedican tempo, ilusión e esforzo a Rianxo sen esperar nada a cambio.
E tamén amosarlle á xente máis nova que aportar, implicarse e traballar polos demais merece a pena.
Hoxe é un bo día para dicilo.
Grazas por tanto.
10/09/2026
Conseguir a cesión deste terreo para habilitar un novo estacionamento era unha boa oportunidade, pero tamén para pensar na zona no seu conxunto.
Era o momento de actuar sobre o propio terreo, ampliar e mellorar a estrada de acceso, ofrecer un mellor servizo ás vivendas existentes e dotalas, dunha vez, dos servizos básicos de saneamento.
Tamén deberiamos buscar unha alternativa que permita mellorar a situación destas casas e aproveitar esta actuación para crear un acceso peonil máis cómodo e seguro cara ás praias de Tanxil e Quenxo, con beirarrúas de baixada desde o novo aparcadoiro.
Hai actuación e promesas que actúan sobre a parte emocional, sobre o recuerdo, e son interesantes seguramente, pero outras son as que melloran a vida dos veciños e veciñas, melloran os servizos..
08/09/2026
A veciñanza de moitos dos nosos núcleos levou anos asumindo do seu propio peto obras de auga potable, a do Ulla, que son de competencia municipal. Vivírono en moitos lugares do noso Concello.. Cartomil, na Cruz, na Marquesa, e en breve volverá ocorrer na Mámoa e en Somoza, seguramente.
No próximo Pleno presentamos por 2 vez unha proposta para bonificar o IBI de xeito total ou parcial ata a recuperación do importe acordado que cada veciño e veciña tivo que adiantar para facer realidade estas infraestruturas públicas.
Quen está facendo un esforzo é a veciñanza!
Confiamos en que esta vez a proposta se acepte e se execute: non facelo sería negarlle á veciñanza o dereito a recuperar o invertido e perpetuar unha xestión inxusta.
Esta medida permitirá solventar unha débeda histórica con esta forma de facer as cousas.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Contacto la empresa
Dirección
Rúa De Abaixo
Rianjo
15920