Concello de Rianxo
Perfil social do Concello de Rianxo.
05/10/2026
📢Mañá, martes 6 de outubro, toda a comunidade estará en alerta amarela 🟡 por choivas.
05/10/2026
✅Rianxo acollerá o 17 de outubro unha nova edición da Gladiator Kids.
📢Trátase dunha carreira de obstáculos de carácter lúdico, solidario e non competitivo dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.
👧🏻A proposta está pensada para que os máis pequenos gocen da actividade física nun ambiente familiar, con percorridos adaptados á súa idade. Os participantes de 3 a 5 anos completarán un trazado de aproximadamente 500 metros, mentres que os de 6 a 12 anos realizarán un percorrido duns 900 metros.
💙A inscrición ten un prezo de 8 euros e inclúe camiseta e medalla finisher. A proba será 100 % solidaria grazas ao apoio de Banco Mediolanum e do proxecto Mediolanum Aproxima, coa recadación destinada a Cruz Vermella Xuventude.
🔗Máis info e inscricións: https://www.deporticket.com/web-evento/14082-gladiator-kids-concello-rianxo
02/10/2026
✨Xa podes visitar, no entorno da Praza de Padrón, a exposición “Virxinia Pereira: Dez voltas na vida”, unha mostra que achega á cidadanía o coñecemento sobre a vida e o legado dunha muller esencial na historia de Galicia.
📸A exposición - deseñada por Editorial Galaxia co asesoramento da escritora Montse Fajardoxa - foi promovida conxuntamente polos concellos de Rianxo e A Estrada no marco do irmandamento acordado entre ambos municipios.
💙O vindeiro día 19 de outubro terá lugar o acto instucional de sinatura do dito irmandamento entre os dous municipio. Será o mesmo día que casaron Castelao e Virxinia fai 114 anos.
01/10/2026
🔵 O Concello de Rianxo, a través do Servizo de Xuventude, organiza un novo curso de lingua de signos.
✅ Formación de 30 horas correspondente ao nivel A1.2 (nos últimos meses impartiuse tamén en Rianxo o curso correspondente ao nivel A1.1).
‼️ Curso dirixido á mocidade de 16 a 35 anos empadroada en Riaxo, se ben poderán acceder outras persoas no caso de que queden prazas dispoñibles.
📝 Anótate ata o 12 de outubro!
🔗Máis info: https://concelloderianxo.gal/xuventude/-/blogs/curso-de-lingua-de-signos-espanola-nivel-a1-2
01/10/2026
🏍️ A unidade móbil da ITV estará o próximo mes en Rianxo para facer a inspección de ciclomotores.
📆Día 30 de outubro na Rúa Virxe de Guadalupe.
☎ Podes pedir cita a través do seguinte teléfono: 981 92 80 80.
30/09/2026
✨O vindeiro venres 2 de outubro é o Día Internacional da Non Violencia, unha xornada proclamada pola Asemblea Xeral da ONU para promover o rexeitamento do uso da forza en favor dunha cultura de paz, tolerancia e comprensión.
🎭Para celebralo teremos, no Auditorio de Rianxo, o espectáculo "4 Monos" de Tropa de Trapo.
👥Non perdas a oportunidade de g***r en familia deste espectáculo de Marta Ortiz e Brais das Hortas, no que imos rir, cantar, reflexionar e soñar con outro mundo posible.
30/09/2026
📢Publicado o listado de solicitudes de axudas para a adquisición de material escolar que deben ser completadas.
📅As persoas interesadas deberán presentar a documentación requirida antes do 15 de outubro.
🧐Se a túa solicitude non está nos listado das que deben ser emendadas, comproba que está no listado de solicitudes completas.
🔗Enlace aos listados: https://sede.concelloderianxo.gal/sxc/gl/informacion/tablon/2026/ANUNCIO_PROG_20260930100016043.html
30/09/2026
📅O Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña publica hoxe a resolución do Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración sobre as festividades de carácter local na nosa provincia para o ano 2027.
🤝🏼O Pleno da Corporación do Concello de Rianxo aprobou, por unanimidade, declarar como festivos locais do ano 2027 o 16 de xullo (Día do Carme) e o 17 de setembro (venres das Festas da Guadalupe).
🔗Enlace ao BOP: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/30/2026_0000006291.html
30/09/2026
✅O Concello de Rianxo é beneficiario dunha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, por importe de 546.552€, para o desenvolvemento dun obradoiro dual de emprego.
👷🏻♂️O obradoiro de emprego permitirá formar a un total de 20 persoas desempregadas, durante 9 meses, nas especialidades de pavimentos e albanelería de urbanización. A parte práctica do obradoiro levarase a cabo no centro histórico rianxeiro.
✍🏼Xa podes consultar as bases dos procesos selecticos a través do seguinte enlace: https://concelloderianxo.gal/procesos-selectivos/-/blogs/obradoiro-dual-de-emprego-paio-gomez-charino-
29/09/2026
✨Dende o vindeiro 1 de outubro, na Praza de Padrón, poderás visitar a exposición “Virxinia Pereira: Dez voltas na vida”, unha mostra que achega á cidadanía o coñecemento sobre a vida e o legado dunha muller esencial na historia de Galicia.
📸A exposición - deseñada por Editorial Galaxia co asesoramento da escritora Montse Fajardoxa - foi promovida conxuntamente polos concellos de Rianxo e A Estrada no marco do irmandamento acordado entre ambos municipios.
💙Ademais, o vindeiro día 19 de outubro terá lugar o acto instucional de sinatura do dito irmandamento. Será o mesmo día que casaron Castelao e Virxinia fai 114 anos.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la organización
Página web
Dirección
Praza Castelao 1
Rianjo
15920
Horario de Apertura
| Lunes | 09:00 - 14:00 |
| Martes | 09:00 - 14:00 |
| Miércoles | 09:00 - 14:00 |
| Jueves | 09:00 - 14:00 |
| Viernes | 09:00 - 14:00 |
Notificaciones
Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Rianxo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.