ARE Rianxo
Agrupación de negocios locais
17/08/2026
📢 OFERTA DE EMPREGO | AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A
Na Asociación Rianxeira de Empresas (ARE) buscamos unha persoa para incorporarse ao noso equipo.
🔹 Que ofrecemos?
✅ Contrato de 9 meses
✅ Xornada completa
✅ Unha boa oportunidade para gañar experiencia profesional
🔹 Requisitos:
👉 Ter entre 18 e 29 anos
👉 Estar desempregado/a e inscrito/a como demandante de emprego
👉 Titulación de Grao Medio en Xestión Administrativa
Interésache? Fainos chegar o teu CV!
📩Por email: [email protected]
📍 Ou presencialmente na Rúa Irmáns Ínsua, 31 Baixo – Rianxo
🔄 Axúdanos a difundila! Se coñeces alguén que poida encaixar no perfil, comparte esta publicación ou fáilla chegar.
11/08/2026
☀️ O 12 de agosto, Rianxo ten unha cita co ceo. E ti?
Os Xardíns da Ribeira converteranse no escenario dun dos acontecementos máis especiais do verán. Achégate a desfrutar do Eclipse Solar nunha tarde chea de actividades para toda a familia.
📍 Zona da escultura da Rianxeira
🎈 Actividades infantís sobre o eclipse, globoflexia e tatuaxes
🎁 Stand da ARE para o cambio de tíckets por rifas do sorteo presencial de 100 €
😎 Reparto gratuíto de gafas para observar o eclipse con seguridade
📍 Fronte á Cafetería Castelao
🥘 Paella popular con racións á venda
🎶 Música en directo e tardeo con DJ Quimba
📅 12 de agosto
🕖 De 19:00 a 22:00 horas
📍 Xardíns da Ribeira, Rianxo
Rianxo Castelao
Unha oportunidade única para vivir o eclipse nun ambiente festivo, en familia e apoiando o comercio local.
👉 Desliza para descubrir todo o que temos preparado.
06/08/2026
💙O vindeiro mércores 12 de agosto viviremos un acontecemento histórico.
✅A eclipse durará excasos minutos e producirase a iso das 20:29 horas. Porén, o fenómeno completo prolongarase aproximadamente un par de horas.
📍O Paseo da Ribeira será un punto ideal para contemplar a eclipse. Hai organizadas diferentes actividades para desfrutar dunha tardiña inesquecible.
👓Repartiranse ata 200 gafas para ver a eclipse con seguridade.
🛍️Garda os tickets das compras que fagas ata esa xornada. Poderás gañar 100€!
05/08/2026
💶 Ata 11.000 € para renovar o teu negocio de hostalaría!
Se tes un bar, cafetería, restaurante ou outro establecemento hostaleiro, xa podes solicitar as novas axudas do Ministerio de Industria e Turismo para renovar o teu equipamento e mellorar a eficiencia enerxética.
As subvencións van dos 5.000 € aos 11.000 € e concédense por orde de solicitude ata esgotar o orzamento.
Na ARE estamos para acompañarte durante todo o proceso:
✅ Informámoste sobre a convocatoria.
✅ Comprobamos contigo se cumpres os requisitos.
✅ Axudámoste a preparar a documentación e resolvemos as túas dúbidas para que poidas presentar a solicitude con todas as garantías.
📅 Prazo: do 5 de agosto ao 30 de setembro (ou ata esgotar o crédito dispoñible).
📞 628 486 075
📩 [email protected]
Se estás pensando en renovar o teu equipamento, ponte en contacto connosco e acompañarémoste durante todo o proceso. 💙
03/08/2026
🌒 O eclipse do ano vívese en Rianxo!
Este mércores 12 de agosto, de 19:00 a 22:00 h, agardámoste no Paseo da Ribeira (Fonte da Rianxeira) para desfrutar dunha tarde chea de actividades para toda a familia.
✨ Que che espera?
🕶️ Reparto de 200 gafas para observar o eclipse.
🎧 Tardeo con DJ.
🎈 Globoflexia e tatuaxes para os máis pequenos.
🥘 Paella popular á venda
🛍️ Merca e gaña! Se realizas as túas compras nos comercios asociados á ARE entre o 4 e o 12 de agosto, garda o teu tícket e tráeo ao stand da ARE. Cada tícket darache unha rifa para participar no sorteo presencial de un vale de compra de 100 €.
🤝 Esta xornada é posible grazas á colaboración de Rianxo Castelao , Concello de Rianxo Julián Bustelo e C.D. Unión de Asados , aos que queremos agradecer a súa implicación para facer deste evento unha cita especial.
🌞 Vémonos o 12 de agosto para vivir xuntos un dos fenómenos astronómicos máis especiais do ano!
Esta actividade está cofinanciada pola Xunta de Galicia
Comercio galego
🎬 Así se crea unha campaña da que a xente fala.
Unha idea. Un segredo. Miles de conversacións.
O Pasaporte do Bo Rianxeiro naceu para dinamizar o comercio local, pero acabou converténdose nunha campaña que implicou a todo un pobo.
📍 Máis de 4.000 pasaportes repartidos.
🤝 Decenas de comercios participantes.
✅ Preto de 800 pasaportes completados.
💙 Centos de persoas apostando polo comercio de proximidade.
Neste vídeo resumimos todo o camiño: desde unha incógnita que espertou a curiosidade de Rianxo ata unha campaña que conseguiu que o comercio local estivese no centro de todas as conversacións.
Nada disto sería posible sen vós.
Grazas a cada persoa que participou, a cada comercio que se implicou e ao Concello de Rianxo por facer posible esta iniciativa.
Porque as mellores campañas non son as que máis se anuncian. Son as que a xente fai súas!
Comercio galego
Esta actividade está cofinanciada pola Xunta de Galicia
22/07/2026
🎉 Xa temos gañadora do escaparate de premios do Pasaporte do Bo Rianxeiro!
Parabéns a Lourdes Rodríguez, gañadora do noso escaparate de premios! 🥳
No sorteo tamén saíron como suplentes:
🥈 Nerea Fernández (1ª suplente)
🥉 Verónica Piñeiro Vilanova (2ª suplente)
Esta edición superou todas as expectativas:
📖 Repartíronse preto de 4.000 pasaportes.
🎟️ Chegáronnos arredor de 800 rifas de participación, correspondentes ás persoas que completaron o seu Pasaporte do Bo Rianxeiro.
Grazas a todas as persoas que participastes e aos comercios asociados por facer posible unha campaña con tan boa acollida. 💙
Agora queremos saber a vosa opinión:
💬 Gustouvos esta iniciativa? Gustaríavos que fixésemos máis campañas coma esta?
Lémosvos nos comentarios! 👇😊
15/07/2026
🇪🇸 A mellor tortilla? A española. 🍳
Dende a ARE convidámoste a celebralo coa nosa hostalería local.
Se despois do partido che entrou a fame, pásate por algún dos nosos locais socios e proba unha boa tortilla.
👇 Podes atopala en:
- Restaurante Toskana
- Cafetería Saraiba
- Restaurante O Cachelo
- Bar Atalaia
- Bar Nova Era
- Curral do Marqués
- Restaurante Tanxil
15/07/2026
Lupe está agochada… e precisa da túa axuda! 👀
A ARE e a asociación Morreu o Demo únense para levar a maxia do Festival Titiriberia aos comercios de Rianxo.
Os escaparates énchense de monicreques da compañía Trécola, pero hai un pequeno problema… Lupe desapareceu. 🤫
🔎 Percorre os comercios participantes, atopa a Lupe e completa a túa folla de participación.
🎁 Hai 3 lotes de premios para nenos/as e 3 lotes para persoas adultas, con agasallos do festival e vales de compra.
📅 Podes participar ata o 8 de setembro.
Achégate a un dos comercios participantes, colle a túa folla e… que comece a procura! ✨
Esta actividade está cofinanciada pola Xunta de Galicia
Comercio galego
🔨 Hai proxectos que comezan cunha idea... e os mellores materiais. 🧱
En Comercial M. Otero atoparás todo o que necesitas en ferretería e materiais de construción, con asesoramento profesional e un trato próximo para axudarche en cada proxecto.
📍 Ademais, é un dos establecementos participantes no Pasaporte do Bo Rianxeiro. Achégate, consigue o teu selo e continúa enchendo o teu pasaporte para entrar no sorteo de fantásticos premios! 🎁
🗓️ Lembra que tes ata o 19 de xullo para participar.
Comercio galego
Esta actividade está cofinanciada pola Xunta de Galicia
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Página web
Dirección
Rúa Irmáns Insua, 31
Rianjo
15920
Horario de Apertura
| Lunes | 08:30 - 16:30 |
| Martes | 08:30 - 16:30 |
| Miércoles | 08:30 - 16:30 |
| Jueves | 08:30 - 16:30 |
| Viernes | 08:30 - 15:30 |