BNG O Ribeiro

BNG O Ribeiro

Compartir

Páxina oficial do BNG comarcal do Ribeiro

22/09/2026

🏠 CASTRELO MERECE UNHA RESIDENCIA PÚBLICA E DE CALIDADE

O anuncio dunha residencia de maiores en Castrelo de Miño responde a unha necesidade real da nosa veciñanza.

Desde o BNG estaremos vixiantes para que non quede nunha promesa electoral. Xa coñecemos anuncios da Xunta que se prolongan durante anos, e a poucos meses das eleccións municipais o que Castrelo precisa son compromisos, prazos e feitos.

E queremos que sexa 100 % pública, tanto na titularidade como na xestión. Porque unha residencia pública significa poñer no centro o coidado das persoas e non o beneficio económico, garantindo control público e unha atención de calidade.

En Castrelo xa demostramos que se pode apostar polo público coa Vivenda Comunitaria, construída durante os gobernos do BNG.

Queremos a residencia. Querémola pública. E queremos que sexa unha realidade.

22/09/2026

GALIZA CON PALESTINA MANIFESTACIÓN NACIONAL
Este domingo 4 de outubro, manifestación nacional en Compostela baixo o lema «Resistencia, liberdade e paz».
🚌 Desde O Ribeiro temos autobús para desprazarnos á manifestación.
📍 Parada para O Ribeiro: Rotonda de Cea
🕙 Hora: 10:20 h
📍 Chegada a Compostela para a manifestación das 12:00 h na Alameda.
☎️ Para reservar praza no autobús:
676 611 848
674 227 824
988 782 726

18/09/2026

Desde o BNG de Ribadavia reiteramos a vontade de que a Fundación Nosa Señora dos Anxos sexa quen xestione directamente unha futura residencia de maiores, mantendo o seu compromiso fundacional sen ánimo de lucro e que as súas instalacións futuras se sitúen o máis preto posible do casco urbano de Ribadavia.
Así o vimos manifestando hai tempo, como exemplo esta moción debatida no pleno municipal de Ribadavia en novembro de 2023.
Defendemos o modelo público e social de xestión e prestación dos servizos de atención á terceira idade, o mellor para as persoas traballadoras e para as persoas atendidas na residencia. O BNG amosou publicamente ser contrario a calquera privatización do servizo, algo que tememos que suceda en aplicación da política que o PP realiza tanto na Xunta como no Concello de Ribadavia, privatizando a prestación de servizos
Reclamamos que se convoque unha xuntanza do padroado da Fundación que se nos informe aos grupos municipais, ás persoas traballadoras e ás persoas usuarias e ás súas familias.

17/09/2026

🔥 MANIFESTACIÓN NACIONAL DE GALIZA CON PALESTINA
- Domingo, 4 de outubro
- 12 horas
- Alameda de Santiago de Compostela.

RESISTENCIA, LIBERDADE E PAZ. ✊
Mobilízate!

16/09/2026

Vivimos nunha comarca duramente castigada polas políticas do PP. Levamos tempo denunciándoo: **O Ribeiro perde poboación, oportunidades e futuro.**

Sabemos perfectamente das dificultades que existen para atopar man de obra para os traballos agrarios, especialmente durante a vendima. Pero esa realidade non exime a ninguén de cumprir escrupulosamente coa lexislación laboral e garantir os dereitos de todas as persoas traballadoras.

A Inspección de Traballo sancionou a empresa familiar do conselleiro de Emprego, José González, tras detectar dous traballadores en situación irregular durante a vendima de 2025.

Precisamente por ocupar a máxima responsabilidade política en materia de emprego e dereitos laborais, consideramos que este asunto esixe responsabilidades políticas.

**Desde O Ribeiro sumámonos á petición do BNG de cese de José González como conselleiro de Emprego.**

01/09/2026

Un partido político non pode empregar as institucións públicas unilateralmente para o seu xogo partidista. Por moito que un goberno obteña maioría absoluta nas eleccións, non se convirte no dono do concello.
O non se corta ao converter as institucións públicas a través dos concellos e da para extender a xenofobia e o racismo por todo o Estado.
Ceuta precisa axuda, pero onde está o PP e os seus gobernos para axudar a poboacion por exemplo acollendo aos nenos e mulleres que escapan da fame e da miseria nos seus paises?
Xa está ben de empregar a dor dos migrantes e as institucións para os seus intereses.
Nós non olvidamos que o noso é un pobo migrante que tivo que escapar da fame e da represión que os fundadores do seu partido orquestaron neste país.
Na política NON TODO VALE

27/08/2026

🟢 𝗣𝗼𝗿 𝗳𝗶𝗻, 𝗼 𝗕𝗮𝗹𝗻𝗲𝗮𝗿𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝗕𝗲𝗿á𝗻 𝗱𝗮 𝘂𝗻 𝗽𝗮𝘀𝗼 𝗰𝗮𝗿𝗮 á 𝘀ú𝗮 𝗮𝗽𝗲𝗿𝘁𝘂𝗿𝗮

Hoxe aprobouse a adxudicación da explotación do Balneario de Berán. Desde o 𝗕𝗡𝗚 𝗱𝗲 𝗟𝗲𝗶𝗿𝗼 𝘃𝗼𝘁𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗮 𝗳𝗮𝘃𝗼𝗿, porque queremos que esta infraestrutura abra dunha vez, xere actividade e emprego e sexa un recurso para o noso concello.

Pero votar a favor da apertura 𝗻𝗼𝗻 𝘀𝗶𝗴𝗻𝗶𝗳𝗶𝗰𝗮 𝗱𝗲𝗶𝘅𝗮𝗿 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝗿 𝗰𝗿í𝘁𝗶𝗰𝗼𝘀.

O Balneario leva practicamente 𝟮𝟬 𝗮𝗻𝗼𝘀 𝗽𝗲𝗰𝗵𝗮𝗱𝗼, despois dun importante investimento de cartos públicos. Celebramos que finalmente haxa unha empresa disposta a asumilo, pero pensamos que 𝗼 𝘃𝗲𝗿𝗱𝗮𝗱𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗹𝗼𝗴𝗿𝗼 𝘀𝗲𝗿á 𝗾𝘂𝗲 𝗮𝗯𝗿𝗮 𝗲 𝗳𝘂𝗻𝗰𝗶𝗼𝗻𝗲, non simplemente que se adxudique.

O canon será de 𝟱.𝟬𝟬𝟬 € anuais, pero durante os dous primeiros anos será de só 𝟱𝟬𝟬 € ao ano. Ademais, eliminouse o canon variable.

Entendemos que había que conseguir que o Balneario abrira, pero 𝗻𝗼𝗻 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗺𝗼𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗶𝘀𝗼 𝘀𝗲 𝘁𝗲ñ𝗮 𝗾𝘂𝗲 𝗿𝗲𝗻𝘂𝗻𝗰𝗶𝗮𝗿 𝗮 𝗾𝘂𝗲 𝗮 𝗲𝗻𝘁𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗽ú𝗯𝗹𝗶𝗰𝗮 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗲 𝗱𝗼𝘀 𝗶𝗻𝗴𝗿𝗲𝘀𝗼𝘀 se a explotación funciona e é rendible.

Agora toca que o Balneario abra e que cumpra os compromisos adquiridos durante os 𝟭𝟱 𝗮𝗻𝗼𝘀 da concesión.

𝗗𝗲𝘀𝗱𝗲 𝗼 𝗕𝗡𝗚 𝗲𝘀𝘁𝗮𝗿𝗲𝗺𝗼𝘀 𝘃𝗶𝘅𝗶𝗮𝗻𝘁𝗲𝘀.

🔵 𝗗𝗲𝘀𝗽𝗼𝗶𝘀 𝗱𝗲 𝟮𝟬 𝗮𝗻𝗼𝘀, 𝗻𝗼𝗻 𝗾𝘂𝗲𝗿𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗼𝘂𝘁𝗿𝗼 𝗮𝗻𝘂𝗻𝗰𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝗾𝘂𝗲 𝗼 𝗕𝗮𝗹𝗻𝗲𝗮𝗿𝗶𝗼 𝘃𝗮𝗶 𝗮𝗯𝗿𝗶𝗿. 𝗤𝘂𝗲𝗿𝗲𝗺𝗼𝘀 𝘃𝗲𝗹𝗼 𝗮𝗯𝗲𝗿𝘁𝗼 𝗲 𝗳𝘂𝗻𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗻𝗱𝗼.

O BNG esixe a posta en marcha do transporte metropolitano na comarca de Ourense 01/08/2026

O BNG esixe a posta en marcha do transporte metropolitano na comarca de Ourense A Formación nacionalista defenderá no Pleno do Concello de Ourense deste vindeiro luns, unha moción na que esixen a inmediata posta en marcha deste Servizo n...

22/07/2026

🌟 Este 25 de xullo, enchemos Compostela!
O Día da Patria Galega xuntámonos para reivindicar que Galiza é unha nación, con identidade propia, con lingua, cultura e dereito a decidir o seu futuro.
Baixo o lema "Somos unha nación", animámoste a participar na manifestación nacional que partirá ás 12:00 h da Alameda de Compostela.
🚍 Se vés desde O Ribeiro, tes autobús organizado.
📍 Saída ás 10:20 h desde a rotonda de Cea, punto de encontro para O Carballiño e O Ribeiro.
📞 Reserva a túa praza:
• 676 61 18 48
• 988 78 27 26
Este 25 de xullo, vémonos en Compostela! 💙🤍

21/07/2026

PUNTOS DE RECOLLIDA
𝗕𝗮𝗻𝗱𝗲
▪️ Bar Benita (Rúa Badella, 3)
𝗖𝗲𝗹𝗮𝗻𝗼𝘃𝗮
▪️ Bar Entre Amigos (Rúa Encarnación, 34)
▪️ Administración Gastro-bar (Rúa Pardo Bazán, 12)
𝗥𝗮𝗶𝗿𝗶𝘇
▪️ Bar Minero (Estada San Baia, 2)
𝗫𝗶𝗻𝘇𝗼
▪️ Ecotienda O Acebo (Avda. Ourense, 98)
▪️ LCH Xinzo (Praza Maior, 4)
𝗔𝗹𝗹𝗮𝗿𝗶𝘇
▪️ CS A Alvariça (Rúa Oliveira, 2)
𝗢𝘂𝗿𝗲𝗻𝘀𝗲
▪️ Grándola (Praza de San Marcial)
𝗥𝗶𝗯𝗮𝗱𝗮𝘃𝗶𝗮
▪️ BNG O Ribeiro (Rúa Progreso)
▪️ SLG (Rúa Virxe do Portal, 11)
𝗩𝗶𝗹𝗮𝗿 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗼𝘀
▪️ A Arca da Noe (Rúa do Forno, 13)
𝗕𝗮𝗹𝘁𝗮𝗿
▪️ Casa Palomín (A Boullosa)
𝗢 𝗖𝗮𝗿𝗯𝗮𝗹𝗹𝗶𝗻̃𝗼
▪️ OZOCOgz (Rúa Curros Enríquez, 29)

𝐀𝐬𝐢𝐧𝐚 𝐚𝐬 𝐭𝐮́𝐚𝐬 𝐀𝐋𝐄𝐆𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍𝐒 Contra o macropolígono eólico de Vestas no Monte Grande que afecta Bande, Rairiz e Verea, e a LAT que atravesa Celanova, Ramirás, Cartelle e Castrelo de Miño.

Prazo: 𝐀𝐭𝐞́ 𝐨 𝟏𝟎 𝐝𝐞 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨.

Amigas das árbores · Ourense Salvemos A Serra Martiñá Movemento Ecoloxista da Limia SALVEMOS O TAMEGA.ADEGA-MONTERREI Amigas da Terra Federación Ecoloxista Galega Auga limpa xa Ecoloxistas Galiza Atlantica e Verde Ecologistas Galego-Transmontano Ecoloxistas en Acción Salvemos as Montañas de Trevinca SOS Groba Aire Limpo nas Mariñas-Mandeo Plataforma de Defensa do Sur da Dorsal Galega

¿Quieres que tu organización sea el Organización Sin Fines De Lucro mas cotizado en Ribadavia?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Página web

Dirección


Rúa Do Progreso, 17
Ribadavia

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG O Ribeiro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Subscribir

Le avisaremos cuando ocurra algo en Ribadavia.