Noite Meiga Ribadavia

Noite Meiga Ribadavia

Compartir

Noite Meiga, unha noite, só una Noite
A Noite Meiga...
Demos, bruxas, almas en pena...nunha soa Noite Unha noite, só nunha noite....

A NOITE MEIGA

Unha noite onde a néboa e a oscuridade cubren a paisaxe de Ribadavia,
onde o misterio resurde de entre os rincóns máis ocultos. Unha noite de meigallos, onde a sombra das ánimas camiña polas rúas,
onde os desamparados invocan ás coruxas. Unha noite onde a música que soa é a dos pasos da morte, onde se
escoita o xemir do aire, onde acouga o ruixir máis salvaxe. Unha noite de lume, de vento, de choiva, de fume, de esmorga, de orballo e de folra.

05/10/2026

🕯️ A PASAXE DO TERROR PRECISA DE VÓS 👻

Este ano queremos que o túnel volva ser unha das experiencias máis arrepiantes da Noite Meiga… pero para conseguilo necesitamos algo imprescindible:

🧟‍♀️ ACTORES E ACTRICES 🧟‍♂️

Buscamos persoas voluntarias con ganas de meterse no papel, asustar, sorprender e facer que quen entre na Pasaxe non esqueza facilmente o que viviu.

⏰ Este ano a Pasaxe estará aberta de 20:00 a 00:00 h.

E non, non necesitas ser actor ou actriz profesional. 😉
Só precisas ganas de participar, pasalo ben e deixar saír o teu lado máis meigo… ou máis terrorífico. 👹

📲 As persoas voluntarias formarán parte dun grupo de WhatsApp onde iremos informando de toda a organización, horarios, preparación e demais detalles.

⚠️ IMPORTANTE:
As inscricións estarán abertas ata o luns 12 de outubro.

👉 Se queres formar parte da Pasaxe do Terror, apúntate aquí:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSek5Pon-7Pp3YGaWtijCWjU7FRxLQR9MnozZCYeevVCJApwUQ/viewform?usp=dialog

Este ano queremos que o túnel volva dar moito medo.

E para iso… NECESITAMOS DE VÓS. 🕷️

02/10/2026

🕯️ Esta Noite Meiga, volve a PROCURA MEIGA...

O 31 de outubro, entre as 17:00 e as 19:00 h, teredes que percorrer as rúas de Ribadavia, atopar os códigos QR e descubrir a palabra agochada en cada QR:

🧩 Observación
🔮 Enigmas
🎧 Audios
🎥 Vídeos
🗝️ Palabras ocultas..e algunha que outra sorpresa.

Vós decidides como xogar e como administrar o voso tempo. Non é necesario resolver todas as probas. O importante é conseguir o maior número de respostas correctas e entregalas antes das 19:00 h.

👥 Podedes participar individualmente ou en equipos de 2 a 5 persoas.

O equipo que máis respostas acerte ten premio.

¿Seredes capaces de atopalas todas?

👉 Consulta as BASES e toda a información:
https://noitemeiga.es/2026/10/02/bases-procura-meiga-2026/

👉 INSCRÍBETE aquí:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSec190qZuUiDJRT-ordJGqJNiVb-_k0t7dpRoaMeqT3VUTrkQ/viewform

A procura comeza o 31 de outubro.

En Ribadavia... nada é o que parece. 🕯️

01/10/2026

🧙‍♀️ XA SE RESPIRA NOITE MEIGA…

Xa están aquí. 👀

As letras que anuncian que algo está a piques de acontecer xa ocupan un lugar moi especial no Castelo dos Sarmiento.

E con elas chega unha mensaxe ben clara…

🧙‍♀️ RIBADAVIA XA COMEZA A VESTIRSE DE NOITE MEIGA.

Comeza outubro.
Comeza a conta atrás.
E cada vez falta menos para volver vivir a nosa noite máis meiga. 🔥🌙

📅 31 DE OUTUBRO · RIBADAVIA

Esperámosvos!

24/09/2026

🧩 ESCAPE HALL: O ROUBO DA COROA

Un Escape Hall no que non só teredes que resolver un enigma: teredes que facelo antes ca os demais.

📍 Igrexa da Madalena
📅 Venres 30 e sábado 31 de outubro

Cada sesión estará formada por 6 grupos de 4 ou 5 persoas.

⏳ Teredes 60 minutos para:
🔎 Buscar pistas
🧩 Resolver enigmas
🧠 Poñer a proba a vosa capacidade para traballar en equipo
🏃 E intentar ser o primeiro grupo en resolver o misterio

Porque aquí non xogades sós…

⚔️ Competides contra outros 5 equipos.

E a pregunta é:

¿Seredes capaces de resolver o enigma antes ca eles?

🕐 Horarios:

16:00
17:45
19:45
21:30
23:15

🎟️ Xa podedes conseguir as entradas en:
https://vivetix.com/es/entradas-escape-hall-o-roubo-da-coroa-n0hj

22/09/2026

🔥 O DESFILE MEIGO PRECISA DAS VOSAS PANDILLAS! 🔥

A Noite Meiga está cada vez máis preto… e xa estamos pensando en como imos volver encher as rúas de Ribadavia de maxia, disfraces e moito misterio. 🧙‍♀️🧙‍♂️🌙

Pero hai algo que non pode faltar:

👀 AS PANDILLAS.

🖤 Quen se atreve a formar parte do Desfile Meigo 2026?

👉 Reúne a túa pandilla.
👉 Escollede o voso disfrace.
👉 E apuntádevos no formulario para que saibamos con quen contamos.

📋 FORMULARIO DE PARTICIPACIÓN:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdptawFqT0DSuhIogaddMuSUqqXBVHHVIvHIIPKcP6WOdC6ZQ/viewform?usp=publish-editor

📅 31 de outubro
🌙 Noite Meiga de Ribadavia
👻 Desfile Meigo

Quen se atreve? 👀

¿Quieres que tu empresa aparezca en primer lugar en la categoría Arte Y Entretenimiento en Ribadavia?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Teléfono

Dirección


Ribadavia
32400

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Noite Meiga Ribadavia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Suscribirse

Le avisaremos cuando ocurra algo en Ribadavia.