SD Ribadeo
Perfil oficial de la S.D. Ribadeo y del Barres C.F., equipos en todas las categorías del fútbol base.
23/09/2026
🕰️🔥Horarios da próxima xornada. Empeza a Asturfutbol! 🏆⚔️
21/09/2026
💥Cadete A remontou o encontro 🔄 pasando do 0-1 a 2-1 😱 para sumar 3 puntos e colocarse 1º da taboa🥇.
🚀Cadete B arrasou na Marosa 🏟️ deixando o resultado a 0-6🎯.
😢Infantil A non logro manter o marcador do partido ao seu favor e acabo perdendo 1-7 contra o EF Polvorín ⚔️.
📈Xuvenil rebentou o marcador cun 7-1 🔥 ante o EF Polvorín ⚽.
⚽🥅Goleadores:
• Xuvenil: 15' Nico, 47' Víctor, 51' Álvaro B., 58' Marcos, 65' Marcos, 85' Álvaro V. e 89' Lucas V.
• Cadete A: 50' Antonio e 57' Kaue
• Cadete B: 6' Javi, 19' Alex, 29' Javi, 42' Mateo, 45' Javi e 49' Javi
• Infantil A: 7' Davi
16/09/2026
🔥⌚ Horarios da segunda xornada!💪
14/09/2026
🚀🆕 Comezamos a tempada 26/27 e xa temos os primeiros resultados da 1ª FUTGAL 🏆🎯.
🔥Cadete A e Infantil A estrearon os marcadores ao grande 💥, levándose os 3️⃣ puntos en Becerreá cun 0-6 e un 2-5.
😱Xuvenil remontou o encontro contra o Guitiriz SD pasando dun 2-0 a un 2-2 antes de chegar ao descanso 💪.
⚽🥅Goleadores:
• Xuvenil: 26' Rafa e 39' Álvaro
• Cadete A: 10' Kaue, 16' Kaue, 25' Mateo, 35' Miguel, 40' Kaue, 76' Kaue
• Infantil A: 15' Bruno, 17' Antón, 52' Álvaro, 62' Davi, 75' Roque
01/09/2026
𝐂𝐎𝐌𝐔𝐍𝐈𝐂𝐀𝐃𝐎 𝐎𝐅𝐈𝐂𝐈𝐀𝐋 | Corpo Técnico Alevín C
Iván García e Roi Nonide estarán ao mando do Alevín C esta tempada.
Iván continua un ano máis no club pero se estrea competindo na liga asturiana co Barres CF C. Mentres, Roi súmase á SD Ribadeo como unha das novas incorporacións da 26/27.
Desexámoslles a ambos moita sorte e vitorias nesta nova tempada.💙
01/09/2026
𝐂𝐎𝐌𝐔𝐍𝐈𝐂𝐀𝐃𝐎 𝐎𝐅𝐈𝐂𝐈𝐀𝐋 | Corpo Técnico Alevín B
Néstor Cid e César Gochicoa serán os encargados de dirixir ao Alevín B durante a tempada 26/27.
Ambos se incorporan este ano á SD Ribadeo e afrontarán, ademais, a súa primeira experiencia na 3ª Asturfutbol.
Desde o club dámoslles a benvida e desexámoslles moita sorte nesta nova etapa.💙
19/08/2026
𝐂𝐎𝐌𝐔𝐍𝐈𝐂𝐀𝐃𝐎 𝐎𝐅𝐈𝐂𝐈𝐀𝐋 | Corpo Técnico Alevín A
Buba e Del Viso continúan unha tempada máis a cargo do Alevín A.
Buba chega despois dunha gran tempada co Benxamín A, equipo que se proclamou subcampión no "Torneo SD Ribadeo". Del Viso, pola súa banda, xa dirixiu este grupo durante o ano pasado e continúa con eles nunha categoría máis arriba.
Desexámoslles moita sorte a ambos nesta nova tempada e esperamos que desfruten de moitos éxitos na Asturfutbol. 💙
05/08/2026
𝐂𝐎𝐌𝐔𝐍𝐈𝐂𝐀𝐃𝐎 𝐎𝐅𝐈𝐂𝐈𝐀𝐋 | Corpo Técnico Infantil B
Jesús e Rodrigo serán os encargados de dirixir o Infantil B da SD Ribadeo na tempada 26/27.
Jesús regresa á nosa canteira tras unha tempada na SD Burela. Pola súa banda, Rodrigo incorpórase á SD Ribadeo para formar parte do corpo técnico do Infantil B.
Desexámoslles a ambos moitos éxitos nesta nova tempada e estamos convencidos de que realizarán un gran traballo á fronte do equipo. 💙
29/07/2026
𝐂𝐎𝐌𝐔𝐍𝐈𝐂𝐀𝐃𝐎 𝐎𝐅𝐈𝐂𝐈𝐀𝐋 | Corpo Técnico Cadete A
Elías Puente García renova unha tempada máis como adestrador da SD Ribadeo. Afronta o seu quinto ano no club, consolidándose como un dos técnicos máis veteranos da entidade.
Nesta nova campaña continuará á fronte do Cadete A, equipo que dirixirá por segunda tempada consecutiva. Ademais, será o seu terceiro ano como adestrador na categoría cadete, reafirmando o compromiso e a confianza do club no seu traballo e na súa capacidade para seguir formando aos nosos xogadores.
Desexámoslle moitos éxitos e unha excelente tempada á fronte do Cadete A. 💙
28/07/2026
𝐂𝐎𝐌𝐔𝐍𝐈𝐂𝐀𝐃𝐎 𝐎𝐅𝐈𝐂𝐈𝐀𝐋 | Corpo Técnico Infantil A
David Seijo e Javi Illescas renovan unha tempada máis como adestradores do club. Nesta nova etapa cambian de equipo, pero manteñen a súa presenza na categoría infantil, asumindo nesta ocasión a dirección do Infantil A.
Desexámoslles moitos éxitos e unha gran tempada á fronte do equipo. 💙🤍
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Página web
Dirección
Pepe Barrera
Ribadeo
27700