Entroido Ribadeo

Entroido Ribadeo

Compartir

Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Entroido Ribadeo, Lugar destacado e histórico, 27700, Ribadeo.

17/02/2024

MARABILLOSO/A o noso ANTROIDO 2024🥰🥰🥰

Moitísimas gracias a todos/as os que o fixeron posible🩷🩷🩷🩷

Photos from Entroido Ribadeo's post 15/02/2024

Que ben o pasamos no Desfile de Antroido 😁😁

O Martes as rúas de enchéronse de enxeño, humor e color.🩷🩷🩷

Dende a organización queremos agradecer a todas e todos os participantes, a todo o persoal municipal, ao persoal de Acisa, ás asociacións e colectivos e ás persoas a título particular que traballaron durante estes días para que todas as actividades do Antroido de Ribadeo fosen unha realidade.

Grazas ás voluntarias e voluntarios que nos acompañaron no desfile e que velaron polo bo desenvolvemento do mesmo.

E grazas tamén aos milleiros de persoas que se achegaron a Ribadeo a g***r destes días.

Aquí vos deixamos os premiados 🥰🥰

Os premiados foron os seguintes:

Comparsas e/ou charangas
1º premio: A Choca
2º premio: Habelas Hainas
3º premio: Ruxe Ruxe
4º premio: Folixa
5º premio: Brincadeira
6º premio: Aturuxo

Carrozas
1º: Os mesmos de sempre
2º: Campillín
3º: Os minións do norte
4º: Locos por Astérix
5º: A Contrapunto

Grupos (mínimo 3 persoas)
1º: Crazy Wonderland
2º: El reino de la manita
3º: Happy Circus
4º: De festa en Abu Dabi

Parellas
1º: Locos por la música
2º: La senda de los elefantes
3º: Bajo el mar
4º: Alén do mar

Individuais
1º: Bailemos un vals
2º: Centro Comercial El Rosal
3º: Se non as queres deixaas

Premio especial á mellor mascarita
En honor a Secundino

Grupos infantís (mínimo 3 persoas)
1º: Mouchos sabios
2º: Mergullándonos en Ribadeo
3º: Bonecas de corda
4ª: Papagaio

Parellas infantís
1º: Descarrilados
2º: Mascarita por sempre
3º: Bucaneros

Individuais infantís
1º: Astronauta
2º: A pita poñedora
3º: A Xoaniña Rei Rei

13/02/2024

Vémonos ás 17.30h no DESFILE DE CARNAVAL🩷

Amamos o ANTROIDO RIBADEO❣️

10/02/2024

‼️‼️‼️‼️ATENCIÓN ‼️‼️‼️

ESGOTADAS AS ENTRADAS PARA A CEA DE ANTROIDO👏🏼👏🏼👏🏼

A PARTIR DAS 23.30h ABRIRANSE AS PORTAS AO PÚBLICO XERAL….. PARA PODER G***R DO GRUPO PANTERA ROSA E DO DJ 🥰🥰🥰

VÉMONOS🐽🐷

Photos from Entroido Ribadeo's post 08/02/2024

🎭 Aínda estás a tempo de participar no desfile de Ribadeo! 🥳

O martes de antroido, as rúas de Ribadeo énchense de cor, música e diversión co noso esperado desfile. 🕺 Non te quedes na casa, acude co teu mellor disfrace e descubre a alegría contaxiosa do antroido ribadense! 🎭🎉

Para participar ⬇️🎭

📞 Oficina de Cultura- 982 131 565- De 9:00 a 14:00 h.
ℹ️ Inscrición previa. Pode realizarse no Rexistro das oficinas municipais ou a través do correo electrónico [email protected]. As bases e ficha de inscrición atoparanse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do portal.
📆 Data máxima para anotarse: 12 de febreiro ás 24h.

🎭🥳 A inscrición poderase realizar tamén o mesmo dia do desfile no espazo habilitado no Teatro de Ribadeo (rúa San Roque, 2), de 15.00h as 16.30h.

05/02/2024
05/02/2024

Se aínda non sabes de que disfrazarte este Antroido... unha moi boa opción é a MASCARITA 🥸🎭

As Mascaritas son personaxes tradicionais do Antroido ribadense, caracterízanse polo seu espíritu argalleiro e satírico 🥳 A vestimenta destos personaxes é moi sixela, podes facer este disfraz tradicional con roupa que seguro tes gardada no faiado ou no baúl, roupa de toda a vida vamos... 🙌🏼

Agora solo queda engadir o toque cunha boa máscara e os complementos que prefiras, a creatividade aquí e infinita! 😍

💡 Lembra que o día 11, o domingo Lardeiro, tras a saída da Comparsa do Cocho, haberá unha concentración de Mascaritas, aqueles que acudan vestidos de Mascarita optan a unha viaxe para dúas persoas ao Carnaval dos Indianos de Santa Cruz de La Palma 2025 e unha noite nun Parador de Turismo para dúas persoas!!

03/02/2024

Todo listo para a GALA DE ANTROIDO🦹🏻‍♀️🦹🏻‍♀️

Vémonos hoxe ás 21h.

Concello de Ribadeo Acisa Ribadeo Charanga A Choca

02/02/2024

Xa están á venta as entradas para a CEA DE ANTROIDO 📯📯

RECORDADE❗️ ❗️

Ás 22.00 H. Cea de cocido de Antroido, servido por Catering Chao dos Navais.

Entradas dispoñibles nos establecementos O Xardín, Galipizza, A Cova, Bar Galicia, Restaurante Marinero e O Fuso.

A partir das 23.30 H. Animación musical a cargo do grupo PANTERA ROSA, con versións das épocas douradas da música. A continuación música DJ.

Organiza Comisión de Festas Ribadeo

Concello de Ribadeo Turismo de Ribadeo Acisa Ribadeo

Photos from Entroido Ribadeo's post 01/02/2024

Bo día Antroideiras/os🎉🎭

Que longa se nos fixo a espera .............. 365 días para poder g***r da nosa festa favorita 🤩🤩

Dende o Concello de Ribadeo, organizador desta edición coa colaboración de ACISA e diversas empresas, asociacións e colectivos ribadenses..........Un ano máis queremos profundizar na recuperación e posta en valor das nosas figuras tradicionais e diferenciadoras: A MASCARITA, A COMPARSA DO COCHO E A QUEIMA DO ENTROIDO. 🐷

Tamén contamos con moitas novidades:
❤️Grandes SORTEOS
❤️Recupéranse a FESTA DO FREIXÓ
❤️Contaremos de novo coa GALA DE ANTROIDO
❤️Volve tamén a entrañable CEA DE ANTROIDO

Sen olvidarnos dos imprescindibles:
❤️COMPARSA DO COCHO
❤️BAILE INFANTIL
❤️QUEIMA DO ANTROIDO

A parte máis emotiva deste programa terá lugar o domingo 4 ás 18.00 H na GALA HOMENAXE “IN MEMORIAM”, en recordo a todas as persoas impulsoras do Antroido de Ribadeo que xa non están con nós. 🤍

Por último, agradecer a colaboración de entidades, empresas e veciñanza a título particular que colaboran de xeito desinteresado nesta festa que é de todas e todos os ribadenses e sen cuxa achega non sería o noso Antroido. 😘😘😘

Animamos a toda a veciñanza e visitantes a que se una a nós nesta celebración.

25/02/2023

Todo listo para a QUEIMA DO ENTROIDO 🥰🥰🥰

Dende a organización queremos agradecer a labor destes veciños/as de Ribadeo que ano tras ano fan posible esta festa.😁😁😁

Moitísimas gracias ....e xa van 42 anos!!!!

Vémonos esta noite🥰🥰

Concello de Ribadeo Acisa Ribadeo

¿Quieres que tu organización sea el Servicio Gubernamental mas cotizado en Ribadeo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Página web

Dirección


27700
Ribadeo
27700