Concello de Ribadumia
Páxina oficial do Concello de Ribadumia
06/10/2026
📢 O programa Talento +45 ofrece unha acción formativa en Ribadumia dirixida a persoas de entre 45 e 60 anos:
➡️ Alfabetización dixital para o emprego — 90 horas
Para acceder ao programa é necesario estar en situación de desemprego.
👉 Consulta o cartel para coñecer todos os detalles e os medios de contacto para solicitar máis información ou inscribirte.
06/10/2026
🚜 As fontes e lavadoiros da parroquia de Ribadumia están a ser obxecto de novos traballos de limpeza para manter estes espazos limpos e en boas condicións.
06/10/2026
🟠 ACTUALIZACIÓN DO AVISO METEOROLÓXICO
A AEMET actualiza o aviso previsto para hoxe, 6 de outubro, elevando a nivel laranxa o aviso por choivas en Galicia e mantendo o aviso por tormentas.
👉 Recoméndase extremar as precaucións, evitar desprazamentos innecesarios durante os períodos de maior intensidade e estar atentos á evolución da situación meteorolóxica.
Ante calquera incidencia ou emerxencia, chama ao 112.
06/10/2026
🔎 OBXECTOS PERDIDOS
Atopáronse dous xogos de chaves que están depositados no Concello de Ribadumia:
➡️ Un xogo foi encontrado na rúa Albariño.
➡️ O outro, na rotonda da piscina municipal.
Se perdeches as túas chaves e cres que poden ser algunha destas, podes contactar coas oficinas municipais para comprobar se corresponden coas que foron entregadas.
05/10/2026
🟡 AVISOS AMARELOS POR CHOIVAS E TORMENTAS
A AEMET informa de dous avisos amarelos por choivas e tormentas en toda Galicia durante a xornada de mañá, 6 de outubro.
➡️ Recoméndase extremar as precaucións, especialmente durante os períodos de maior intensidade das precipitacións e tormentas, e estar atentos á evolución da situación meteorolóxica.
05/10/2026
📚 Coa celebración do III Encontro Literario de Ribadumia vivimos un día cheo de literatura, conversacións, historias e música, cunha moi boa resposta do público ao longo de toda a xornada.
Este evento permitiunos falar da nosa cultura e do noso territorio desde diferentes miradas, coñecer novas historias, compartir reflexións e achegarnos á literatura da man de autores e autoras que tiñan moito que contar.
Detrás de todo isto estiveron María Oruña, Alberto Mancebo, Alba Tomé, Iria Collazo, Miguel A. Cajigal «El Barroquista», Lucía Aldao e Samuel Merino, xunto coa xornalista Susana Pedreira, aos que agradecemos compartir o seu tempo, o seu traballo e as súas historias con nós.
👉 Foi tamén unha oportunidade para compartir a xornada coas librarías A Casa das Formigas, Librería Barrantes, Viento Norte Editorial e Musa Libraría-Papelería, que nos acompañaron con exemplares dos autores participantes e outras propostas de lectura.
E, por suposto, grazas a todas as persoas que vos achegastes ao Auditorio, participastes nas conversas e fixestes desta terceira edición unha cita tan especial 👏
05/10/2026
🌱 O Concello de Ribadumia entregará 100 composteiros de balde á veciñanza que viva en vivendas unifamiliares con parcela ou horta de polo menos 25 m².
Cada composteiro ten unha capacidade de 400 litros e está pensado para instalarse no exterior da vivenda, directamente sobre a terra.
Se queres participar, podes solicitalo:
👉 A través do formulario online https://app.compostalocal.com/application/form/gl/eyJpdiI6IkxQZEZ4RmZaQ1NmUURVRklSak94ZVE9PSIsInZhbHVlIjoiY1JwWFhSV3JqcytQekd3dWVtSWNIdz09IiwibWFjIjoiYTViMzY4N2E5NmU0ZDE1NTk0YjU0M2ZiNmM3ODZjMDBhN2RjMzE2Mzk4OWU4YmI3M2FjYjk4NzkwZjhkY2EwYiIsInRhZyI6IiJ9
👉 Escaneando o código QR do cartel.
👉 Chamando ás oficinas municipais no 986 718 491
A iniciativa busca facilitar que os residuos orgánicos poidan transformarse en compost no propio fogar, recuperando ademais unha práctica tradicional do rural galego e adaptándoa a un sistema máis cómodo e eficiente.
A campaña está cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia FEDER 2021-2027.
04/10/2026
🚌O programa “Sobes ao bus do teatro” promovido polo Centro Dramático Galego, permitiu achegar aos nosos veciños a Santiago de Compostela, para disfrutar dunha tarde de espectáculo.
02/10/2026
🎭 Comezamos a nova programación cultural do Auditorio Municipal de Ribadumia, con propostas para diferentes públicos.
Consulta a programación e apunta as datas! 🙌
02/10/2026
🏛️ O Concello de Ribadumia participou na Xunta Directiva do GDR Salnés-Ulla-Umia celebrada en Noalla, na que se aprobaron os proxectos da convocatoria LEADER 2026-2028.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Página web
Dirección
Avenida De Ribadumia, 3
Ribadumia
36636
Notificaciones
Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Ribadumia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.