BNG Ribeira

BNG Ribeira

Compartir

Aquí atoparás o traballo que facemos por ti e por Ribeira. Coñécenos! ;)

O BNG esixe medidas urxentes de seguridade nas obras da autovía do Barbanza 05/10/2026

⚠ 🚗 A deputada Rosana Pérez presentou no Parlamento galego iniciativas para instar á Xunta a actuar ante o risco e as incidencias derivadas das obras da autovía da Barbanza, a AG-11.

Os traballos iniciados en abril son necesarios pero a situación actual, alén de ser unha molestia, está causando problemas de seguridade viaria para os milleiros de persoas que empregan a autovía.

O BNG esixe medidas urxentes de seguridade nas obras da autovía do Barbanza Rosana Pérez denuncia a «tortura» que sofren os condutores polo peche de accesos e a mala sinalización A deputada do BNG Rosana Pérez presentou no Parlamento galego unha batería de iniciativas para instar á Xunta a actuar ante o risco e as incidencias derivadas das obras na AG-11. Malia reco....

Photos from BNG Ribeira's post 04/10/2026

Unha fin de semana para apoiar causas solidarias

Durante esta finde tivemos a oportunidade de participar en diferentes iniciativas solidarias, sociais e deportivas, compartindo espazos con persoas e colectivos que traballan cada día por unha sociedade mello.

🚶🏻‍♀️‍➡️Andaina solidaria Agaprem
Participamos na andaina solidaria en favor da Asociación Galega de Prematuros, percorrendo o parque periurbano de San Roque para apoiar o importante labor que desenvolven acompañando ás familias con nenos e nenas nacidos de forma prematura. O portavoz Luís Pérez e Cruz Rivadulla transmitíronlle os parabéns á organización polo bo desenvolvemento da actividade.

🇵🇸 En defensa da paz e de Palestina
Compañeiros e compañeiras do BNG como Veva, Vicente, Nati, Elsa, Iria e Mónica desprazáronse a Santiago de Compostela para participar na mobilización en defensa da paz en Palestina, reclamando o fin do xenocidio e amosando a nosa solidariedade co pobo palestino.

⚽ Apoiando o deporte local
E o compañeiro Chema tamén estivo no partido entre o Aguiño e o Milladoiro, desfrutando dunha tarde de fútbol.

Tres momentos diferentes, pero un mesmo compromiso estar sempre coa xente apoiando e as actividades e eventos que fan unha Ribeira e unha sociedade mellor.

Photos from BNG Ribeira's post 02/10/2026

🩺 Aguiño recupera a súa médica. Parabéns á veciñanza polo seu compromiso coa sanidade pública!

A médica de cabeceira do centro de saúde de Aguiño reincorpórase ao seu posto despois dun ano de baixa. É unha boa noticia para a veciñanza, pero tamén unha oportunidade para lembrar todo o camiño percorrido durante estes meses.

Ao longo deste tempo, membros do BNG e o seu portavoz, Luís Pérez Barral, estivemos ao lado da veciñanza, acompañando as concentracións e levando a súa reclamación ao Parlamento de Galiza e á Consellería de Sanidade.

👏 Parabéns á veciñanza de Aguiño pola súa constancia e compromiso coa defensa da sanidade pública. A loita chegou tamén a Santiago. O 31 de xaneiro de 2025, máis dun cento de veciñas e veciños de Aguiño desprazáronse ata a sede do Sergas e da Consellería de Sanidade, onde entregaron máis de 2.600 sinaturas para reclamar a cobertura das prazas médicas. As esperas para conseguir unha cita podían chegar ás tres semanas. A situación tamén foi levada ao Parlamento de Galiza pola deputada do BNG Rosana Pérez, que reclamou a cobertura das prazas médicas de Aguiño.

👩‍⚕ A veciñanza de Aguiño deu unha auténtica lección de compromiso, constancia e defensa dos servizos públicos. Durante un ano mantivo a mobilización para reclamar algo tan básico como ter unha médica de cabeceira.

“Hoxe é un día para alegrarnos porque Aguiño recupera a súa médica de cabeceira, pero tamén para lembrar que isto non foi consecuencia dunha substitución efectiva por parte da Xunta durante todo un ano. A baixa tivo que chegar ao seu fin”, sinala Luís Pérez Barral.

No BNG seguiremos ao lado de Aguiño e defendendo que as baixas, vacacións e demais ausencias na Atención Primaria se cubran de maneira efectiva. Tamén continuaremos reclamando a redución das listas de agarda hospitalarias e a incorporación dos 3 profesionais que faltan en Ribeira.

Hoxe celebramos que Aguiño recupera a súa médica.
O compromiso coa sanidade pública continúa.

ℹ https://www.bng-ribeira.gal/aguino-recupera-a-sua-medica-e-o-bng-parabeniza-a-vecinanza-polo-seu-compromiso-coa-sanidade-publica/

O BNG denuncia que o PP inicia o cambio da residencia a San Roque tras un ano de parálise e quedar sen argumentos para descartar As Saíñas 29/09/2026

🏠 As persoas maiores merecen unha residencia pública nun espazo accesible e conectado non ser illadas no monte.

Despois dun ano de parálise, o PP inicia agora o cambio de localización a San Roque, despois de quedar sen argumentos e non ter informes técnicos para descartar o proxecto das Saíñas.

Desde o BNG seguimos defendendo unha residencia pública, accesible e integrada na cidade.

“Non queremos que este asunto se converta nunha batalla entre partidos. Queremos que se antepoñan os dereitos das persoas maiores e o interese de Ribeira e niso van encontrarnos sempre”, afirmou. “Estamos a tempo de sentarnos, traballar xuntos e facer a residencia onde ten sentido facela e onde quere a maioría da poboación que é nas Saíñas” afirmou Luís Pérez Barral.

🔗 Toda a información, aquí:

O BNG denuncia que o PP inicia o cambio da residencia a San Roque tras un ano de parálise e quedar sen argumentos para descartar As Saíñas Luís Pérez Barral reclama ao Goberno local que rectifique a pretensión de illar ás persoas maiores no monte e defende o proxecto das Saíñas, onde xa se investiron máis de 800.000 euros públicos O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira denunciou no pleno ordinario de setembro, celebrado este 2...

29/09/2026
Photos from BNG Ribeira's post 27/09/2026

“Nas Saíñas hai un proxecto viable; levar a residencia a San Roque é comezar de cero”

Reclamamos que se faga a residencia nas Saíñas e rexeitamos que as persoas maiores vaian ser illadas no medio do monte. Débese aproveitar o traballo xa realizado para que a residencia poida ser unha realidade canto antes.

No BNG saímos novamente á rúa para informar á veciñanza sobre a situación da residencia pública de maiores e defender que o proxecto se manteña no lugar das Saíñas, onde xa se investiron máis de 800.000 euros de fondos públicos.

O BNG reclama ao Goberno do Partido Popular que rectifique a súa decisión de levar a residencia a San Roque, ao medio do monte, porque as súas mentiras quedaron ao descuberto, xa que non existe normativa que impida a construción da residencia nas Saíñas.

“Estamos falando dunha infraestrutura fundamental para Ribeira, para a comarca e para as persoas maiores, o PP non pode cambiar a localización, tirar pola borda o traballo realizado, os cartos investidos e obrigar a comezar practicamente de cero sen dar explicacións”, sinalou Pérez Barral.

✅ As Saíñas: localización accesible e conectada

Trátase dun espazo plano e accesible, con conexión co transporte público e situado nunha contorna próxima ao núcleo urbano, ao paseo marítimo e á praia de Coroso.

Pola contra, no BNG alertamos das dificultades de accesibilidade e conexión que presenta a alternativa de San Roque e da necesidade de completar novos trámites administrativos.

Ademais, lembramos que a Xunta paralizou o proxecto das Saíñas facendo referencia a supostos cambios normativos estatais relacionados coas zonas inundables. A resposta do Goberno do Estado confirmou que non existe ningunha modificación normativa estatal que impida a construción da residencia nesa parcela.

“As persoas maiores merecen respecto, merecen coidados dignos e merecen estar integradas na súa comunidade”.

No BNG continuaremos reclamando que a residencia se constrúa nas Saíñas e que se aproveite todo o traballo realizado e os cartos investidos ata o momento para evitar novos atrasos e gastos innecesarios.

ℹ️ https://www.bng-ribeira.gal/barral-nas-sainas-hai-un-proxecto-viable-levar-a-residencia-a-san-roque-e-comezar-de-cero/

Photos from BNG Ribeira's post 25/09/2026

🩺 A sanidade pública deféndese tamén na rúa.

Onte e hoxe estivemos nas concentracións de Ribeira e Aguiño convocadas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza e pola veciñanza.

Non é normal ter que agardar días ou semanas para conseguir unha cita. A Consellaría de Sanidade non cubre baixas, nin vacacións do persoal, deixando os centros de saúde ao límite e aumentando as listas de agarda. En Aguiño, por exemplo, a falta de cobertura dunha baixa de longa duración leva moitos meses provocando importantes dificultades para acceder á atención médica.

Desde o BNG estaremos sempre ao lado da veciñanza e do persoal sanitario, reclamando unha Atención Primaria con medios, profesionais suficientes e capacidade para atender á veciñanza con dignidade.

📢 Sanidade pública e de calidade. Agora e sempre.

Photos from BNG Ribeira's post 24/09/2026

‼ María Sampedro desafía a lei e veta o pleno sobre o pelotazo da residencia de Ribeira

Os grupos denunciamos que, por primeira vez na historia de Ribeira, unha alcaldesa négase a convocar o pleno solicitado pola totalidade da oposición para falar do pelotazo da residencia de maiores. A veciñanza demanda explicacións sobre o estado da residencia pública de maiores, coñecer cales son os intereses en illar ás persoas maiores no monte e nun espazo pouco accesible cando existe un proxecto viable nas Saíñas. Agora sabemos que María Sampedro prefire desafiar a lei e non dar explicacións.

Ante esta situación, solicitámoslle ao secretario municipal que convoque a sesión de oficio, tal e como marca a lei, para evitar o incumprimento e, de non facelo, recorreremos á xustiza.

𝗖𝗮𝗿𝘁𝗼𝘀 𝗽𝘂́𝗯𝗹𝗶𝗰𝗼𝘀 𝗮𝗼 𝗹𝗶𝘅𝗼 𝗲 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀 𝗺𝗮𝗶𝗼𝗿𝗲𝘀 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗺𝗼𝗻𝘁𝗲
O portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, sinala que esta actitude responde á “covardía política” da alcaldesa porque as mentiras sobre a paralización da residencia quedaron ao descuberto. O proxecto orixinal nas Saíñas, iniciado en 2021, foi freado pola Xunta en maio de 2025 sen criterios técnicos que o xustificasen.

💰A oposición alerta tamén do prexuízo económico de trasladar o centro a San Roque: suporía “tirar ao lixo máis de 800.000 euros” xa investidos nas Saíñas, ademais de afastar a residencia dunha zona accesible e con transporte público e obrigar a reiniciar os trámites.

Un ano despois da moción de censura, xustificada polo PP para “desbloquear proxectos”, denunciamos que os terreos non están inscritos, non hai consignación orzamentaria, nin proxecto de construción.

🤝 BNG, PSdeG e concelleiros non adscritos esiximos a celebración inmediata do pleno para abordar o futuro dunha infraestrutura fundamental para as persoas maiores de Ribeira.

ℹ Máis información: https://www.bng-ribeira.gal/maria-sampedro-desafia-a-lei-e-veta-o-pleno-sobre-o-pelotazo-da-residencia-de-ribeira/

21/09/2026

🎨 Ribeira volveu ser punto de encontro do gravado internacional coa celebración dos XVII Premios Atlante no Museo do Gravado de Artes.

O portavoz e exalcalde Luís Pérez Barral e as concelleiras do BNG Cruz Rivadulla e Veva Betanzos acompañaron a premiados, fundador e artistas nunha nova edición dos Premios Atlante.

Parabéns por esta nova edición que consolida ao Mugart como unha referencia do gravado. Felicitacións a todas as persoas que acadaron un premio e animar a toda a veciñanza a visitar a exposición destas obras.

18/09/2026

🗞 "Gandhi" artigo da concelleira e veciña de Palmeira, Antía Alberte, publicado en La Voz de Galicia.

Fálanos do noso patrimonio marítimo como son as dornas e de lembranzas. 😊

¿Quieres que tu organización aparezca en primer lugar en la categoría Servicio Gubernamental en Ribeira?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Dirección


Rúa Amarella, 4
Ribeira
15960

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG Ribeira publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Subscribir

Le avisaremos cuando ocurra algo en Ribeira.