Queiroa

Queiroa

Compartir

Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa

Photos from Queiroa's post 22/09/2026

Hai uns días os nosos gaiteiros Isma, Manu e Rober viñeron de gañar o 2° premio no concurso de gaitas de Ponteareas, e é que en Queiroa temos a sorte de estar cheos/as de talento!!! Moitos parabéns para os artistas e a seguir levando a nosa tradición, cultura e música polo mundo enteiro🤍💙

Photos from Queiroa's post 20/09/2026

Onte as nosas mozas de Arnela e o grupo de gaita de adultos/as participaron na foliada libre da "VIII FOLIADA DE QUEIRÍS" en Coirós. Por aquí vos deixamos un breve resumo!!

Que nunca rematen as nosas foliadas!!!!🔥

Concello de Coirós Acr Collantres

19/09/2026

📌Xa estamos a piques de comezar un novo curso! Deixámosvos aquí toda a información sobre as nosas aulas. Anímate a descubrir e g***r da nosa tradición!

📌 Para anotarte, só tes que cubrir o formulario de inscripción que atoparás na nosa páxina web
(link in bio): www.queiroa.gal

📌Se vas asitir por primeira vez, tes o mes de Outubro gratis para probar!

📞 Para máis información, podes escribirnos ao 623 248 275

Vémonos en outubro!

Actividades subvencionadas pola Cultura da Deputación da Coruña

Concello Sada

16/09/2026

Pois aínda que o verán chega ó seu fin, en Galiza a festa non remata nunca! E o vindeiro Sábado 19 de Setembro o noso grupo de cantareiras de Arnela e noso grupo de Gaitas de adultos/as, participarán na Foliada Aberta da VIII Foliada de Queirís no Concello de Coirós.

Por alí vos esperamos para darlle lume á ferreña e botarlle uns bailes no torreiro!!!

Photos from Queiroa's post 02/09/2026

Onte con moita pena recibimos a noticia do pasamento dunha persoa moi importante para nós.

Manolo, o noso Lolo, deixounos. Pero o bo que ten a boa xente, é que deixa unha pegada permanente nas vidas de toda a xente de Queiroa.

Alá onde esteas, non deixes de tocar xotas e muiñeiras!

Que a terra che sexa leve, compañeiro ❤️‍🩹 DEP

Photos from Queiroa's post 16/08/2026

Onte a nosa asociación tivo a sorte de poder amenizar un bautizo no Monasterio de Bergondo. Que recordo máis bonito lle vai quedar a este bebé recén chegado ó mundo!!! Moitas grazas por contar con nós para este momento tan importante e especial🫶🏻💙🤍

Photos from Queiroa's post 03/08/2026

Aínda que estamos en verán...non paramos!! O noso Grupo de Gaitas estivo onte, Domingo 2 de Agosto, amenizando as rúas de Corme na Feira Mariñeira Artesán. Moitas grazas a Deputación da Coruña por contar con nós para esta data, e á xentiña de Corme por acompañarnos coa nosa música e tradición. Foi un pracer!!!

Photos from Queiroa's post 25/07/2026

A pasada fin de semana estivemos amenizando as Festas do Carme do noso concello de Sada. Grazas especiais a por invitarnos e contar con nós para formar parte da tradicional procesión marítima tan representativa desta data e, xa de paso, pola súa aportación coa decoración do noso Festivaliño deste ano.

Que bonito é facer equipo entre asociacións do noso pobo. Pasámolo xenial!!

Photos from Queiroa's post 13/07/2026

Aínda que xa vos fumos ensinando todo o maravilloso que foi o noso Queiroa Na Rúa deste pasado Sábado 11 de Xullo de 2026, non queríamos deixar de poñer por aquí un brevísimo resumo das actuacións da mañá, polas rúas de Sada, e da tarde na Casa da Cultura.

Foi un fermoso día cheo de música, baile e tradición do noso. Moitísimas grazas a tódalas persoas que viñestes a acompañarnos, ás familias dos/as nosos/as alumnos/as e socios/as e a tódolos/as membros/as da nosa asociación por todo o apoio e traballo. Somos un equipo!

Grazas tamén á por vir acompañarnos na sesión de tarde. Foi un pracer vervos en acción!



😀

Photos from Queiroa's post 08/07/2026

O pasado Sábado 4 de Xullo, o noso grupo de acordeóns estivo amenizando a 3°edición da Feira Gastro Lexítimo en Paderne, unha feira que se afianza cada ano máis e da que estivemos gozando moito, nun espazo natural cheo da nosa gastronomía, música e tradición. Grazas por contar con nós!

😀

¿Quieres que tu organización sea el Organización Sin Fines De Lucro mas cotizado en Sada?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Dirección


Rúa Da Praia 5/baixo
Sada
15160