S.D. Castriz
A S.D. Castriz é un club de fútbol afeccionado do concello de Santa Comba que gañou dúas veces a Liga da Costa 🏆🏆
19/09/2026
🎂❤️ HOXE ESTÁ DE CUMPLE A NOSA SELENE! ❤️🎂
No Castriz sabemos que hai xente que non sae ao campo, pero que tamén forma parte do equipo. E ti, Selene, es unha desas imprescindibles. ⚽️🖤❤️
Muller do noso capitán, compañeira incansable na cantina do San Pedro e sempre disposta a botar unha man… pero este ano tes un motivo aínda máis especial para celebrar. 🥰
Porque estás a piques de facer o partido máis importante da túa vida: dar a benvida á pequena Atenea. 👶🏼❤️
Que este novo ano che traia moita felicidade, saúde e momentos inesquecibles coa túa pequena. E que nós teñamos a sorte de seguir compartindo contigo moitos domingos de fútbol, cantina e familia.
🎉 Feliz aniversario, Selene!
A próxima incorporación ao Castriz xa está no banquillo… e parece que vén con moitas ganas de xogar! 😂⚽️
E esa mirada que lle botas á tortilla na foto… 😂🍳 non sabemos se estás mirando a tortilla ou pensando en quen vai ser o primeiro en pedila!
Unha aperta enorme de toda a familia do SD Castriz. 🖤❤️
04/09/2026
❤️🖤 COMEZA A TEMPADA! 🖤❤️
Chegou o momento. ⚽️🔥
Este domingo arrancamos unha nova tempada e facémolo cunha visita ao Praiña.
⚽️ PRAIÑA 🆚 CASTRIZ
📍 Municipal Juan Amado
Comeza unha nova aventura, con novos retos e coa mesma ilusión e compromiso de sempre. 💪
A camiseta, o escudo e as ganas de competir están listas.
Imos a por todas! ❤️🖤
02/09/2026
🖤 Dende a SD Castriz queremos trasladar o noso máis sentido pésame ao noso capitán, Adrián García, e a toda a súa familia polo falecemento do seu padriño.
Nestes momentos tan difíciles, queremos facerlle chegar a Adrián todo o noso cariño e apoio. Sabemos que non hai palabras capaces de aliviar unha perda así, pero queremos que saiba que a familia da SD Castriz está ao seu lado.
Unha aperta enorme para Adrián e para todos os seus familiares e achegados.
Descansa en paz. 🖤
Forza, capitán. Estamos contigo. ❤️
23/08/2026
🏆DOBRE SUPERCOPA PARA A SD CASTRIZ! 🏆
Que maneira de comezar a tempada! Hoxe a SD Castriz escribe unha nova páxina na súa historia conseguindo o título de campións da Supercopa Concello de Santa Comba tanto na categoría Sénior como en Veteráns. 🏆🏆
No partido de Sénior, tivemos diante un Xallas FC que demostrou sobre o campo por que é un equipo que vai dar moito que falar esta tempada. 💪⚽ A pesar do resultado, queremos destacar o enorme esforzo dos locais, que competiron ata o final e fixeron un gran partido. Moitos parabéns por ese traballo e por poñernos as cousas tan difíciles. 👏
Para nós, levantar este trofeo na casa do Xallas ten un valor especial. Foi un partido intenso, disputado e con dous equipos que o deron todo por conseguir a copa.
E nos Veteráns, outra alegría para o noso club, conseguindo tamén facernos coa Supercopa e completar un dobrete espectacular. 🏆🏆
Hoxe toca desfrutar, celebrar e agradecer. Aos nosos xogadores, corpos técnicos, directiva e afección: grazas por facelo posible.
E tamén, por suposto, ao Xallas FC, pola súa entrega, pola deportividade e polo gran partido realizado. 👏
🔥 DOUS EQUIPOS. DOUS TÍTULOS. UNHA GRAN XORNADA PARA O FÚTBOL DE SANTA COMBA.
🏆 CAMPIÓNS SÉNIOR
🏆 CAMPIÓNS VETERÁNS
❤️❤️SEMPRE CASTRIZ. ❤️❤️
22/08/2026
🏆 SUPERCOPA CONCELLO DE SANTA COMBA 🏆
Comeza a competición de verdade e facémolo a grande: o primeiro trofeo da tempada xa está en xogo! 🔥
Este domingo afrontamos a Supercopa Concello de Santa Comba ante o Xallas FC, un equipo recentemente ascendido que esta tempada dará o salto á Primeira Rexional. E ademais, teremos que facelo na súa casa, no campo da Fontenla, polo que nos espera un partido especial, intenso e con todos os ingredientes dun gran derbi. 💪
Xallas FC 🆚 SD Castriz
🏆 Supercopa Concello de Santa Comba
📍 Campo da Fontenla
🔥 Primeiro trofeo da tempada
Despois dunha pretempada de traballo e preparación, chega a hora de competir por un título. Unha final, un derbi e unha copa en xogo. Non se pode pedir moito máis para comezar a tempada! ⚽🏆
Queremos contar con toda a nosa xente para empurrar o equipo neste primeiro reto da temporada.
A por ese primeiro trofeo!
15/08/2026
📅 CALENDARIO DA PRETEMPADA | SD CASTRIZ ❤️🖤
A pretempada xa está en marcha e xa deixamos atrás varios partidos, nos que o equipo comezou a coller ritmo e a prepararse para o novo reto en Primeira Rexional. 💪⚽️
Aínda quedan novas citas por diante, novos rivais e moito traballo para seguir medrando como equipo.
📌 Aquí vos deixamos o calendario completo da pretempada, cos partidos xa disputados e os que están por vir.
Seguimos preparando o equipo. Seguimos facendo Castriz.
🎉 Parabéns, Alberto Mata!
Hoxe está de aniversario o xogador máis temido de toda a Costa. Un deses que entra ás disputas coma se lle deberan cartos e que nunca sabe o significado da palabra “afrouxar”.
Este ano o único rival capaz de pararte foi o cruzado… porque os defensas xa levaban anos intentándoo sen éxito.
Agora toca recuperar con calma, que despois hai que volver poñer orde no campo… e recuperar tamén o tempo perdido nas festas, que aí tamén eras titular indiscutible.
Que pases un día de categoría, que a recuperación siga polo bo camiño e que pronto volvamos verte facendo o que mellor sabes: meter medo aos rivais e dar que falar nas tabernas.
Moitos parabéns, Mata! ❤️🖤
01/08/2026
Antes do fútbol, está a persoa.
Queremos enviarlle toda a nosa forza ao noso mozo defensa Óscar Feal, que nos últimos días tivo que pasar por quirófano tras sufrir un accidente laboral no que rompeu o húmero.
A operación, realizada no Hospital da Rosaleda, foi un éxito, e agora toca afrontar a recuperación coa mesma valentía, esforzo e carácter que sempre demostra dentro do terreo de xogo.
Toda a familia da SD Castriz está contigo. Sabemos que volverás máis forte ca nunca.
Moito ánimo, Óscar. Agardámoste de novo vestido de roxo e negro. ❤️🖤
30/07/2026
⚽️ VOLVEMOS!
A SD Castriz xa botou a andar a tempada 2026/27. O primeiro adestramento xa é unha realidade e con el comeza un novo camiño cheo de ilusión, traballo e compromiso.
Con caras novas, moitas ganas e a ambición de seguir medrando, o vestiario roxo e negro xa puxo a primeira pedra dunha temporada que promete emocións fortes.
Agora toca sumar sesión tras sesión, preparar cada detalle e chegar nas mellores condicións ao inicio da competición.
Grazas a toda a afección por estar sempre ao noso lado. Este é só o comezo.
❤️🖤
29/07/2026
⚽️ Xa coñecemos os nosos rivais para a tempada 2026/27 en Primeira Futgal!
Como gran novidade, esta tempada viviremos o regreso do derbi xalleiro fronte ao Xallas FC, que conseguiu un merecido ascenso tras superar con éxito a fase de promoción. Un duelo moi especial para toda a comarca que volverá encher de emoción as bancadas.
Agora xa sabemos quen estará no noso camiño… e estamos preparados para competir, loitar e defender con orgullo as cores da SD Castriz.
❤️🖤Imos, Castriz!
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Página web
Dirección
Santa Comba
15848