CIM Ribeira

CIM Ribeira

Compartir

O Centro de Información á muller de Ribeira é un servizo para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero

05/09/2026

💜 **CHEGA A SEGUNDA EDICIÓN DE “CAMBIA O CONTO!”**

Unha nova oportunidade para **reflexionar, aprender e avanzar cara a relacións máis igualitarias, corresponsables e libres de violencias**.

Ao longo da formación traballaranse cuestións como:

🏠 O reparto equilibrado das tarefas domésticas e dos coidados.
💜 Conceptos básicos sobre igualdade e corresponsabilidade.
👥 Novas masculinidades.
✋ Identificación e prevención das violencias machistas.
💬 Espazos de diálogo e participación entre homes e mulleres.

Unha proposta para compartir experiencias, cuestionar modelos e seguir construíndo novas formas de relacionarnos baseadas na **igualdade, o respecto e a corresponsabilidade**.

📅 **Prazo de inscrición ata o 11 de setembro.**

📝 **Formulario de inscrición:**
https://7cwo9.r.ag.d.sendibm3.com/mk/cl/f/sh/SMK1E8tHeFuBlbNhfncOwtbeOFwC/q_6RpqyfjURf

📣 Animámosvos a participar e tamén a compartir a información con todas aquelas persoas ás que lles poida interesar!

**Unha iniciativa de FADEMUR Galicia.**

26/08/2026

💜 FORMACIÓN ESPECIALIZADA EN VIOLENCIA DE XÉNERO | ÚLTIMAS PRAZAS

Compartimos esta oportunidade formativa da Universidade de Santiago de Compostela para todas aquelas persoas interesadas en ampliar a súa formación e especialización no ámbito da violencia de xénero.

🎓 Diploma de Especialización en Violencia de Xénero

Un posgrao 100 % online e de maneira asíncrona, pensado para facilitar a conciliación da formación coa vida laboral e persoal: cada venres estarán dispoñibles na plataforma as clases e materiais, contando ademais con prazos amplos para a realización dos traballos.

📅 Do 9 de outubro de 2026 ao 26 de febreiro de 2027.

Está dirixido a persoas tituladas en ámbitos como Psicoloxía, Socioloxía, Criminoloxía, Pedagoxía, Dereito e outras titulacións, sempre que a Comisión Académica considere que poden realizar a formación con aproveitamento pola súa traxectoria profesional ou interese na materia.

⚠️ QUEDAN AS ÚLTIMAS PRAZAS!

As persoas que non puideron realizar a preinscrición no prazo pero estean interesadas poden contactar canto antes e, en todo caso, antes do 18 de setembro de 2026, para consultar a posibilidade de matrícula.

📩 Información e contacto: [email protected]

📲 Axudádenos a difundilo entre persoas ás que lles poida interesar!

19/08/2026

🍳 **PRAZAS COMPLETAS!** 💜

Os **Obradoiros de Batch Cooking do CIM de Ribeira** xa teñen todas as súas prazas cubertas!

Queremos agradecer enormemente a **fantástica acollida que tivo esta iniciativa e o gran interese amosado**, que superou amplamente as prazas dispoñibles para esta edición. 🙌

Esta resposta demóstranos tamén o interese por propostas que, a través dunha actividade práctica e cotiá como é a cociña, nos permitan seguir traballando na **corresponsabilidade, no reparto equilibrado das tarefas domésticas e dos coidados e na implicación dos homes dentro dos fogares**. 🏠🍴

Sentimos non poder dar cabida nesta ocasión a todas as persoas que solicitaron participar. **Tomamos boa nota da acollida e da demanda recibida de cara a futuras edicións e novas propostas.** 💜

Grazas a todas as persoas que vos inscribistes, compartistes a información e amosastes interese na actividade.

📣 **Prazas completas — inscricións pechadas.**

Agora só queda poñernos o mandil e comezar! 👨‍🍳🥘

**CIM de Ribeira**

29/07/2026

Hoxe comezan as festas de Ribeira que son para todas e para todos! por unhas festas libres de agresións...

Photos from CIM Ribeira's post 30/06/2026

🌈✨ O Día do Orgullo celebrouse con música, liberdade e moita enerxía!

A xornada contou coa actuación de **Broken Peach**, unha banda chea de forza, cor e ritmo que fixo vibrar ao público e puxo banda sonora a un día moi especial.

Tamén contamos coa presenza de **Silvia Superstar**, referente da escena musical e cultural, que achegou aínda máis personalidade, diversidade e forza a esta celebración.

Porque o Orgullo tamén é isto: saír á rúa, compartir, celebrar quen somos e seguir defendendo unha sociedade máis libre, máis diversa e máis igualitaria.

💜 Grazas a todas as persoas que vos achegastes para cantar, bailar e celebrar connosco o dereito a ser, amar e vivir con orgullo.

26/06/2026

🌈 Ribeira con Orgullo 2026 continúa coa música e coa festa!

Este sábado 27, a Praza Porta do Sol acolle unha tarde-noite chea de ritmo, diversidade e moitas ganas de pasalo ben.

🎧 20:00 h | Silvia Superstar DJ Set
🎤 22:30 h | Broken Peach

Unha proposta para g***r xuntas e xuntos, celebrar a diversidade e seguir facendo de Ribeira un espazo de liberdade, respecto e orgullo.

📍 Praza Porta do Sol
📅 Sábado 27

Agardámosvos! 🌈✨

26/06/2026

🎶 FESTI POPS 2026 APRÁZASE 🎶

Por previsión de fenómenos meteorolóxicos adversos, o concerto Festi POPS 2026, previsto inicialmente para o 26 de xuño, queda aprazado.

📅 Nova data: xoves, 2 de xullo
📍 Praza do Concello de Ribeira

Agardámosvos o vindeiro xoves para g***r dunha xornada chea de música, talento e orgullo compartido! 🌈🎤✨

19/06/2026

Dende o Centro de Información á Muller do Concello de Ribeira convidámosvos a participar na programación de Ribeira con Orgullo 2026, unha cita para dicir si á diversidade, defender os dereitos das persoas LGTBIQ+ e seguir construíndo unha sociedade máis libre, igualitaria e respectuosa.

Porque o orgullo tamén é memoria, cultura, encontro e compromiso colectivo.
Porque todas as persoas temos dereito a vivir, amar e ser con liberdade.

📅 Venres 26 de xuño
🕛 12.00 h. Acto institucional no Auditorio Municipal, sala polivalente.
Homenaxe a Ana Lampón Gude e Elena Rego Fernández.
🕛 12.00 h. e 20.00 h. Festi Pops na Praza do Concello.

📅 Sábado 27 de xuño
🕗 20.00 h. Silvia Superstar DJ Set na Praza Porta do Sol.
🕥 22.30 h. Broken Peach na Praza Porta do Sol.

📅 Domingo 28 de xuño
🕐 13.00 h. Sesión vermú con Dani DJ en García Bayón.
🕘 21.00 h. Cine na rúa: Elisa e Marcela, na Praza do Concello.

📅 Domingo 5 de xullo
🕗 20.00 h. Concerto Grandes Iconas, coa Orquestra Sons, no Auditorio Municipal.

💜 Dende o CIM seguimos apostando por espazos seguros, visibles e diversos, nos que todas as persoas poidan sentirse recoñecidas e libres.

🌈 Ribeira é diversidade. Ribeira é respecto. Ribeira con Orgullo.

Photos from CIM Ribeira's post 29/05/2026

Hoxe compartimos unha formación para este verán! NOVAS FRONTEIRAS PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES! Porque formarse, compartir e reflexionar, sempre é bo plan!

29/05/2026

Lembrámosvos que entramos na recta final para presentar candidaturas ao VIII Premio "Luísa Villalta" a proxectos pola igualdade, impulsado pola Sección de Igualdade e Dereitos Civís da Deputación da Coruña.

Este premio é unha oportunidade excelente para impulsar o traballo de persoas autónomas, empresas e entidades de economía social que desenvolvan proxectos con impacto real na igualdade de xénero, a diversidade sexual e a loita contra a violencia machista.

Datos clave:

· Dotación: Ata 12.500 € por proxecto premiado.

· Modalidades:

o Proxectos Sociais (formación, investigación, sensibilización).

o Proxectos Culturais (literatura, teatro, música, cinema, artes visuais, etc.).

· Requisitos: Proxectos orixinais iniciados despois do 1 de xaneiro de 2024 e con execución na provincia da Coruña. (Deberán estar rematados antes do 31 de marzo de 2027).

· 🚨 PRAZO LÍMITE: Ata as 14:00 horas do día 28 de maio de 2026.

· Presentación: 100% telemática a través da plataforma SUBTEL.

O obxectivo é apoiar iniciativas profesionais que sirvan de motor de transformación social na nosa provincia.

Podedes consultar as bases completas e acceder aos modelos de memoria no seguinte enlace:

👉 ACCEDE ÁS BASES AQUÍ

¿Quieres que tu organización sea el Servicio Gubernamental mas cotizado en Santa Eugenia de Riveira?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Dirección


Rúa Deán Pequeno Nº 4, Baixo (Edificio Mirador De Padín)
Santa Eugenia De Riveira
15960

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 15:00
17:00 - 19:00
Martes 10:00 - 15:00
Miércoles 10:00 - 15:00
Jueves 10:00 - 15:00
Viernes 10:00 - 15:00