Proxecto Ríos

Proxecto Ríos

Compartir

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos.

Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade. Estas inspeccións realízanse como mínimo dúas veces ao ano, e unha vez recibidas na sede do Proxecto, elabóranse informes anuais cos datos subministrados por todos os/as participantes nas distintas campañas.

Photos from Proxecto Ríos's post 04/10/2026

💪🏼 Máis de 700 persoas recollen 10 toneladas de lixo dos nosos ríos! 🌊💚

Un ano máis, mollámonos polos ríos! 💦

A XIX Limpeza Simultánea de Ríos, organizada por ADEGA a través do Proxecto Ríos, mobilizou este sábado 3 e domingo 4 de outubro a 717 persoas en 49 concellos de toda Galiza. 🌿

Grandes e pequenos grupos, rapazada, persoas adultas, entidades, asociacións, fundacións e centros de ensino… 76 entidades uníronse para coidar dos nosos ríos e retirar do seu contorno aquilo que nunca debería ter chegado a eles. 🧤🗑️

👉🏼 O resultado? Máis de 10 toneladas de lixo recollidas, segundo os primeiros datos analizados.

Pero esta limpeza é moito máis ca retirar residuos: é concienciar, participar e lembrar que a conservación dos nosos ríos é responsabilidade de todas e todos. 💚

🌊 Grazas a todas as persoas e entidades que vos mollastes polos ríos!

🔴 Actividade financiada pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. e pola Deputación da Coruña

Photos from Proxecto Ríos's post 02/10/2026

🌊 20 anos mollándonos polos ríos! 💧

Xa está aquí! 🙌 Esta fin de semana celebramos a XIX Limpeza Simultánea de Ríos. 🥾🌿

Moitas grazas a todas as persoas voluntarias que un ano máis vos calzades as botas, e vos mollades para coidar e defender os nosos ríos. 💙

🌊 Móllate polos ríos!

🔴 Actividade financiada pola Deputación da Coruña

01/10/2026

🌊👕 Xa están aquí as camisolas da XIX Limpeza Simultánea de Ríos! 💙

Grazas a todas as persoas que participades nesta edición e que, un ano máis, vos mollades polos ríos! 💦

🙌 Entre todas e todos seguimos coidando e defendendo os nosos ríos!

Móllate polos ríos! 🌊

🔴Actividade financiada pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. e pola Deputación da Coruña

Photos from Proxecto Ríos's post 01/10/2026

💙O pasado martes día 29 de setembro, instalamos a exposición dos 20 Anos do Proxecto Ríos no IES Pedra da Aguia de Camariñas, centro que se une a marea do proxecto Ríos.

🧐O alumnado poderá coñecer máis de cerca as actividades do programa. Estará durante dúas semanas no colexio.

🏸Ao finalizar faremos unha saída ao río para amosar a metodoloxía de inspección do Proxecto Ríos.

🔴Actvidade financaiada pola Deputación da Coruña

29/09/2026

🌊💧 Esta fin de semana, as delegacións de ADEGA teñen unha manchea de limpezas de ríos!

Aquí vos mostramos as que están organizadas polas delegacións, pero hai moitas máis! 🙌

🔎 Podedes consultar todas as actividades dispoñibles na web do Proxecto Ríos e unirvos á que máis vos interese.

💙 Móllate polos ríos! 🌿🐟

🔴 Actividade financiada pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. e pola Deputación da Coruña.

Photos from Proxecto Ríos's post 29/09/2026

👉🏼Baixo o lema ' Móllate polos Ríos ' ADEGA e o Proxecto Ríos convocan á sociedade a participar nunha xornada de voluntariado para a retirada de lixo dos cursos fluviais galegos.

📝Será o domingo 4 de outubro de 2026

💧Esta actividade busca concienciar a sociedade sobre a importancia de manter os nosos ríos libres de lixo, unha condición imprescindible para garantir a súa saúde e preservar a súa biodiversidade.

Para participar podes unirte a un dos grupos xa formados que estea próximo a oteu concello.
Podes consultar o listado na web do Proxecto Ríos, onde aparecen os contactos para poder anotarvos:.

Anímate a participar!!💪🏼

🔴Actividade financiada pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. pola Deputación da Coruña

Deseño Magenta Publicidad

Photos from Proxecto Ríos's post 26/09/2026

🌊💧 O próximo sábado temos dous cursos de formación do Proxecto Ríos!

📍 O curso financiado pola Deputación da Coruña terá lugar en Santiago de Compostela.

📍 O curso financiado pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. terá lugar en Ponteareas.

📝 Para ambos os cursos será necesario inscribirse previamente.

👉 Podes consultar toda a información na seguinte ligazón: https://proxectorios.org/actividades/

🌿 Anímate a participar e seguir aprendendo sobre os nosos ríos!

Photos from Proxecto Ríos's post 24/09/2026

🌊 20 anos educando as crianzas no coidado dos ríos! 💧

💙Durante dúas décadas, fomos compartindo con crianzas o valor dos nosos ríos, aprendendo a coñecelos, coidalos e protexelos.

🔴 Actividade financiada pola Deputación da Coruña

Photos from Proxecto Ríos's post 23/09/2026

💧 Seguimos mergullándonos nos nosos ríos!

Hoxe achegámonos ao río Ourille coa Asociación de Pescadores e o Colexio Sagrado Corazón de Celanova. 🐟🌿

Aínda que este afluente do río Arnoia levaba un caudal moi baixo, conseguimos atopar unha boa cantidade de macroinvertebrados acuáticos bioindicadores de boa calidade, que nos sinalan o moi bo estado das súas augas. 🔎💦

E tivemos tamén unha sorpresa nas beiras do río! 🐸 Atopamos unha rá das veigas (Discoglossus galganoi), unha especie autóctona que comparte este ecosistema cos pequenos habitantes acuáticos que estivemos estudando.

🔴 Actividade financiada pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A.

Photos from Proxecto Ríos's post 22/09/2026

O pasado 16 de setembro en colaboración coa AFA dos Amedos, do CEIP Rogelio García Yáñez do concello de Ramirás realizamos unha saída formativa do programa Mergúllate nos ríos para coñecer a súa biodiversidade.🦋🔎

💙Durante a actividade puidemos observar diferentes macroinvertebrados acuáticos e, entre eles, atopamos un visitante que non adoita aparecer nas nosas saídas: un heteróptero hemíptero coñecido como insecto pau de río.

🔴 Actividade financiada pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A.

¿Quieres que tu organización aparezca en primer lugar en la categoría Organización Sin Fines De Lucro en Santiago de Compostela?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Dirección


Avenida Castelao 20 Baixo
Santiago De Compostela
15704

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Proxecto Ríos publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Suscribirse

Le avisaremos cuando ocurra algo en Santiago de Compostela.