A Morada

A Morada

Compartir

Patio de veciñas onde coidarmos coletivamente en Vigo
🔸️Obradoiros e eventos
🔸️Proxectos sociais

Photos from A Morada's post 01/10/2026

🍂 AXENDA DE OUTUBRO 🍁

Outubro chega cargadiño de obradoiros, eventos e novos proxectos!

Botádelle unha ollada á axenda e agardámosvos na Morada! 🏡🍂

.nuria .paris

Photos from A Morada's post 28/09/2026

TODOS OS MÉRCORES · 18:00–21:00

Brigada Dedal é un patio de veciñas onde nos xuntamos para facer reciclaxe téxtil mentres conversamos, debatemos, rimos e acochámonos.

Transformamos pantalóns en bolsas, camis vellas en camis molonas e saias doutros tempos en novos vestidos, coas ganas de reducir, entre todas, a pegada das grandes empresas téxtiles na nosa contorna.

Algunhas aproveitan para facer gancho mentres ensinan a facelo. Outras comparten técnicas, ideas e saberes. E así, pouco a pouco, imos creando un espazo para aprender, crear e compartir moita vida.

Espazo aberto a todo o mundo e de balde.

Agardámoste co dedal preparado! 💜

23/09/2026

📖 Presentación do poemario Vientre de pez

Paula Vilas Eiroa

O martes 29, Paula Vilas Eiroa presenta na Morada o seu segundo poemario, Vientre de pez.

Acompañada pola poeta e fotógrafa Elvira Jardón , Paula falará sobre o libro e lerá algúns dos seus poemas. Un encontro aberto á conversa e á participación do público.

Vientre de pez nace dunha performance realizada tamén na Morada en 2024 e percorre temas como o corpo, o vínculo, a ferida e o duelo. É un poemario íntimo que parte da experiencia persoal, pero que busca tamén a transformación a través da palabra e do encontro con outras persoas.

Unha proposta especialmente próxima a mulleres que viviron un proceso de cancro de mama, así como ás súas acompañantes e coidadoras, e a todas as persoas interesadas na poesía, no corpo e na relación entre palabra e experiencia.

Ao rematar, haberá exemplares dispoñibles para mercar e asinar.

📅 Martes 29
🕖 19:00
🎟️ De balde

20/09/2026

💜 VÉN Á WIKIMORADA!

Sabías que na Galiza tamén temos un espazo para aprender, editar e facer comunidade arredor da Wikipedia?

A Wikimorada é o nodo galego de , un punto de encontro para reducir a fenda de xénero na Wikipedia a través do coñecemento libre e da acción colectiva. 💻✊

Aquí aprendemos a editar, investigamos e documentámonos, compartimos coñecementos, debatemos, creamos comunidade e, por suposto, pasamos a tarde entre edicións e chuches 🍬

📅 Reunímonos os primeiros e terceiros martes de cada mes de 18:30 a 21:00.

A próxima cita é o martes 6 de outubro.

Non tes que saber editar nin ter experiencia previa: ven, aprende e participa ao teu ritmo. E se non podes chegar ás 18:30, non pasa nada: estaremos editando ata as 21:00!

Actividade de balde.

Vémonos na Wikimorada?!

[Grazas, Alba, por este supervídeo! 💜]

16/09/2026

Como queremos que sexa o final da nosa vida?

O segundo martes de cada mes, Dereito a Morrer Dignamente Galicia ofrece un espazo para informarse sobre o testamento vital: un documento legal no que podes deixar por escrito que coidados sanitarios queres recibir e cales prefires rexeitar ao final da túa vida.

📝 Deixar as túas decisións por escrito permite que as túas vontades sexan respectadas mesmo cando xa non poidas expresalas.

Porque coñecer os nosos dereitos tamén é unha forma de decidir.

Convidámoste a participar neste encontro mensual de información e reflexión sobre a morte digna e sobre como deixar recollidas as túas decisións no teu testamento vital.

Non é necesaria a inscrición previa, só vir directamente aos encontros.

08/09/2026

20 anos de O club da calceta

Hai libros que, anos despois de ser publicados, seguen creando encontros. E O club da calceta, de María Reimóndez, é un deles.

Este ano cúmprense 20 anos da publicación desta novela feminista, que leva ducias de miles de exemplares vendidos, foi traducida a varios idiomas e chegou tamén ao teatro e ao cinema. Pero, sobre todo, segue viva nas lectoras que continúan atopando compaña, forza e identificación nas súas personaxes.

Para celebralo, a Fundación María Reimóndez propón un encontro de mulleres que calceten, con lectura de fragmentos do libro e un pequeno sorteo de exemplares. 📖

Unha mañá para calcetar, ler, conversar e compartir, reivindicando tamén eses espazos de apoio mutuo e de coidados que tan presentes están no espírito de O club da calceta.

📅 Sábado 26 de setembro
⏰ 12:00 h
🎟️ De balde

Non é preciso ser unha experta calcetando: a actividade está aberta a calquera persoa á que lle guste calcetar, queira aprender ou simplemente teña interese pola literatura feminista en lingua galega.

03/09/2026

EXPOSICIÓN · REFLEXIÓNS DEBUXADAS DO MEU SER ERÓTICO
GLORIA PÉREZ ·

«Estou aquí. Miro atrás. Solto. Respiro. Abandónome no debuxo.»

Así presenta Gloria Pérez unha exposición que nace da necesidade de expresar o que sente a través do debuxo, pechar círculos e abrir outros novos.

A mostra é unha reflexión persoal sobre o erotismo na idade madura e unha exploración, desde o propio corpo, da complexidade de ser muller: verse no outro para volver ao propio interior.

Gloria estudou Debuxo e Serigrafía Artística na EMAO e actualmente cursa Ourivería. Na súa obra emprega liñas básicas trazadas con pincel e tinta chinesa, serigrafía e tea como soporte condutor.

Unha proposta íntima e persoal na que o corpo, o desexo e a identidade se converten en materia artística.

📅 Do 10 de setembro ao 15 de outubro
🎨 Inauguración: xoves 10 de setembro, ás 19:00. Performance de música e debuxo en colaboración con ás 19:30.
De balde

Photos from A Morada's post 31/08/2026

🍂 AXENDA DE SETEMBRO

Veciñas, estamos de volta! 💜

Chegamos con novas propostas para acollervos durante este mes de setembro, con moitas ganas de volver encher A Morada de encontros, conversas, actividades e vida.

E desexando vervos por aquí!

Botádelle un ollo á axenda e vémonos en setembro✨🍂

26/08/2026

Para André Adrio, estas aulas son, por riba de todo, lúdicas. Un espazo para pasalo ben, pero tamén para que as alumnas saian cun dominio das ferramentas básicas do baile tradicional e sintan que o baile é un espazo onde poden expresarse e comunicarse libremente.

Por iso, promove a diversidade, a creatividade e a participación activa na colectividade do baile. Porque, ao final, as foliadas e os seráns non deixan de ser iso: unha colectividade onde desfrutamos entre todas de maneira lúdica.

André Adrio

Bailarín vinculado á danza tradicional galega dende moi novo e con formación en danza contemporánea, clásica e flamenco, ademais doutros xeitos de comunicación a través do movemento.

Foi premiado en distintas ocasións, destacando o Premio Especial VigoPorté, con «Flamenkeando», e o Premio Vaidebaile da Televisión de Galicia.

Desde 2013 dedica a súa carreira á docencia, impartindo danza tradicional en asociacións de Vigo e comarca. Agora continúa explorando novas formas de expresión corporal e busca novas vías para transmitir este legado esencial na Galiza.

Varios grupos:

Os luns 18:30-19:30

Os mércores 17:00-18:00 e 18:00-19:00

Os xoves 17:00-18:00 (INICIACIÓN)

Prezo: 28€

As clases empezan a semana do 14 de setembro.

Inscricións: https://forms.gle/hQA6KjgLucK7o7qv7

¿Quieres que tu empresa sea el Arte Y Entretenimiento mas cotizado en Vigo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Dirección


Rúa Enrique Xabier Macías, 6
Vigo
36203

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 21:00
Martes 10:00 - 21:00
Miércoles 10:00 - 21:00
Jueves 10:00 - 21:00
Viernes 10:00 - 21:00
Sábado 10:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A Morada publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Subscribir

Le avisaremos cuando ocurra algo en Vigo.