Disparo Digital
O seu primeiro proxecto relacionando imaxe e educación, foi realizando un voluntariado nese país con rapaces da “rúa”. www.facebook/cineclublumierevigo
O autor desta páxina e das actividades fotográficas realizadas no cineclub vense formando de forma autodidacta e realizando diferentes obradoiros; empezando na USC onde estudiou Psicoloxía, e xunto con fotógrafos internacionais principalmente en Estonia onde residiu durante varios anos. Ao longo dos anos vividos no Báltico, estivo vinculado aos eidos da educación e a fotografía, realizando varias exposicións individuais en Estonia, comisionadas pola embaixada de España, e en Polonia –Poznan e Varsovia-, comisionadas pola embaixada de Estonia en Polonia. Ten publicado un libro de fotografía sobre este país, e realizado proxectos de fotografía documental, arquitectónica, de divulgación científica e fotografía de viaxes. Actualmente combina a organización no cineclub dos obradoiros de iniciación á fotografía dixital, de composición fotográfica e de edición fotográfica, cos seus proxectos fotográficos personais vinculados á educación e á fotografía artística e documental, e coa xeración de actividades que permitan do goce da fotografía como medio de comunicación e expresión en grupo. O Cineclube Lumière é unha asociación cultural sen ánimo de lucro que foi creada en 1993 por un grupo de persoas de diferentes profesións co fin de incorporar á cidade de Vigo outra canle cultural e unha distribución estable de cine de calidade inexistente até ese momento; outro xeito de ver o cine e convertir á cidade nun lugar de referencia nos circuítos dos festivais internacionais. O cineclub organiza en Vigo unha seleción mensual de filmes en versión orixinal que, ao longo de dez meses ao ano, os luns de cada semana, permite o visionado de películas que se ven privadas dos cauces habituais de distribución. Filmes que se teñen selecionado nos festivais de cine máis prestixiosos do mundo. Entre as actividades levadas a cabo caben destacar, no eido estrictamente cinematográfico as colaboracións estables con numerosas entidades de Vigo, promotoras da cultura, a educación, e a integración social e vecinal. Entre outras, as Concellerías de Xuventude, de Educación, ou de igualdade e Muller, a Universidade de Vigo, a Escola Oficial de Idiomas, o MARCO (museo de arte contemporánea de Vigo), diversas Asociacións veciñais, entidades coma a Alianza Francesa ou o Colexio de Arquitectos de Vigo, e a obra socio-cultural de Caixanova e Caixagalicia (actualmente Nova Galicia banco). Tamén realizamos exposicións e obradoiros relacionados co audiovisual como é o caso desta iniciativa de obradoiros de fotografía.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contactar con la empresa
Teléfono
Página web
Dirección
Vigo
Notificaciones
Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Disparo Digital publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.